Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 1

Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Ante todo tede en conta que se imos traballar para unha enciclopedia galega aberta e libre é moi convinte que repasemos que todo vai ser mirado con lupa. Comparto as inclinazóns politicas dalgúns dos presentes. Pero suxiro non facer alusións politicas ou reducilas á minima expresión xa que xente que podería involucrarse neste proxecto pode botarse atrás no caso de que non compartan as nosas ideas. Recordade quen viña gañanado as eleizóns tantos anos...


Variación do punto segundo das normas sobre ToponimiaEditar

Como fun eu o que propuxen as normas sobre Toponimia, creo que debo propor un pequeno cambio no apartado segundo referido á Toponimia española antes de que comecemos a publicar páxinas relacionadas coas cidades, provincias e comunidades españolas. No tempo que levamos cos criterios que aprobamos parece que funciona bastante ben titular as páxinas con nome galego - nome orixinal. Aprobamos con respecto a España titular só co nome oficial.

Proposta:

Modificar o apartado referido á Toponimia española e empregar o mesmo criterio que para cidades e países estranxeiros.

  • A favor:
  • En contra:


Saúdos. --Prevert 21:44, 28 Nov 2004 (UTC)


Con data 28 de decembro de 2004 apróbase a variación do punto segundo das normas de Toponimia. Saúdos. --Prevert(talk) 17:00, 28 Dec 2004 (UTC)

Galicia / GalizaEditar

Parece que hoxe mesmo está no candeleiro unha pequena polémica sobre Galiza / Galicia. Tratarei de aclarar algo as cousas, e a ver se serve para algo.

En principio, as críticas feitas teñen unha porcentaxe alta de razón, e xa puxen nas páxinas de discusión de ambas a copia do comentario que lle fixo Rocastelo a Prevert. Se o fixen e non pasei direitamente a facer a corrección correspondente é porque creo que debe haber unha reflexión sobre o tema.

Distingo entre o que di ó principio de 'salvando o mar', que é unha expresión literaria que creo que ten sentido e que representa un feito certo, pero que se pode poñer máis claramente e como di Adalberto débese cambiar (creo que o puxen eu...). De outra parte, estarían os temas que se poden considerar opinables. Nesta categoría entran varios apartados diferentes:

- O de 'pequena' nación, que foi posto antes da táboa de dados, refírese naturalmente á extensión, e o discutir sobre 'pequena' ou 'grande' está de máis. Non o quitei aínda, pero creo que debe ser eliminado para evitar suspicacias.

- O de 'nación' ou 'nazón' (agora creo que se debe poñer así) está no hino. Que non apareza nos 'papeis' legais que rixen o Estado Español creo que é algo longo de explicar, pero que se reduce á identificación do estado español como nazón - España de xeito esclusivo para evitar temas como o federalismo e o separatismo, e o concepto de nazón non implica un recoñecemento legal por unha entidade que pretende o contrario, nin tampouco implica unha independencia política respecto a calquer estructura inclusiva. O anterior, sen entrar en derivacións políticas do tema.

- O feito de incluír dúas entradas, 'repes' para Galiza ten a base na rúa. Os artigos (ambos) deberon ser bloqueados unha tempada para evitar auténticas panfletadas, de xeito que quedaran 'neutrais'. É neste sentido no que foi incluído o texto 'segundo algúns'. Dende que ambos nomes son admitidos e non existe unha unanimidade, pode substituírse o de 'segundo algúns' (entre os que me inclúo pero non me incluía fai non moito tempo) pero non se evita o problema de os dous nomes, que seguirá a subsistir durante moito tempo mentras non se vexa un predominio claro dun deles. Non coñezo outro caso no que nome do territorio nunha mesma lingua teña dúas versións, e por eso o noso caso é particular e non se trata de que nos tomen en serio (a nós) ou non, senón que é un problema (pode que de seriedade) pero que nos trascende.

En fin, se deixei a copia dos comentarios nas páxinas de discusión foi para saber a vosa opinión, pero nestes dous artigos (hai algún máis) sei que temos un problema pero non exactamente da natureza exposta por Rocastelo. Aí esta o caso exposto por Adalbertofrenesi como outro exemplo, e aí está o que se fala na rúa, que creo que debemos considerar pois antes das normas académicas a lingua ten o seu propio formato na práctica, está variando continuamente e dentro duns límites moi estreitos e gardando as diferencias pertinentes, a nosa labor non é como a da RAE 'Limpia, fija y da esplendor' senón máis parella á dos primeiros escritores en linguas romances, de axudar á construcción dunha lingua polos seu uso e o uso das formas establecidas pero non recollidas na 'normativa legal' (naturalmente, o anterior non quere dicir que nos poñamos a escribir de calquera xeito).

Unha derradeira consideración: naturalmente acatarei o que se decida, pero opóñome de plano a crear unha entrada 'Galiza - Galicia' ou 'Galicia - Galiza' polo significado que ten: cristalización de dúas palabras onde temos concienca que hai unha lingua e unha soa entidade. Nembargantes, segundo a RAG, recoñezo que o máis conforme á normativa sería algo do xeito de 'Galicia (Galiza)'.

Creo que poderia dicir unhas cantas cousas máis, pero a síntese básica do que penso está dita. Se queda algo que non se debe esquecer é algo externo respecto ó anterior: só lembrar que o tema xa levantou polémica noutro tempo e agora, con xente colaborando, non debemos deixarnos levar por impulsos e actuar co corazón pero tamén coa cabeza.--Agremon 22:00, 22 Dec 2004 (UTC)

- Eu para nada facía referencia á discusión Galicia/Galiza, non é iso o que me preocupa, eu falaba da calidade científica do artigo mesmo. Non podemos dicir que Galicia limita con América (aínda que sexa indirectamente ou literariamente a través do mar), non coñezo xeógrafo ningún que avale iso. As opinións persoais deben quedar fóra(na medida do posible) á hora de redactar un artigo, por suposto pode haber varias teorías sobre un mesmo tema, pero deben ter o seu refrendo científico cando se escribe. De feito-polo que respecta ao termo nación (esa é a escrita correcta segundo a normativa actual) eu non me oporía a unha redacción por ex.como a seguinte: "Galicia é unha nación que xuridicamente constitúe unha Comunidade Autónoma do Estado Español", o caso é que no texto debe quedar claro cal é a forma xurídica de Galicia (gústenos que estea no Estado Español ou non).
- Que Galicia non é unha forma galega é unha opinión persoal, que non está avalada nin pola RAG-ILGA nin polos estudos feitos sobre historia da lingua(no galego medieval alternaba Gallizia, Galizia, Galiza e varias outras formas) e tal como está escrito o artigo leva a pensar que Galicia é unha forma castelán. Nin sequera os filólogos partidarios do reintegracionismo din iso(en castelán Galicia é un galeguismo, o lóxico sería que fose Gallecia ou unha forma semellante).Galiza é tamén unha forma lexítima do galego: se queremos reflectir no artigo que este termo é o máis empregado en ambientes nacionalistas, podemos dicir por ex.: "Galiza, forma preferida polos partidos nacionalistas galegos", o que é certo
- En definitiva eu sei que todos os que estamos aquí queremos que isto medre, que sexa útil, para iso gastamos parte do noso tempo aquí. Para iso debemos ser rigorosos, criticarnos a nós mesmos, a un propio. Esquecernos de liortas que só perxudican á lingua. E sinceramente, o de escribir como se fala nas rúas, con moito coidado, a non ser que queiramos escribir cousas como esta: O perro ha estado durmindo, frase que escoitei hoxe mesmo en Compostela a unha velliña galegofalante que habitualmente fala en castelán aos netos ( e desgrazadamente, cada volta escoito máis palabras e expresións casteláns no galego)--Rocastelo 23:09, 22 Dec 2004 (UTC)


Nota esta mensaxe esta escrita antes de ver publicada a de Rocastelo, cando fun a gardar xa se me adiantara.

  • Volvín a ler a mensaxe de Rocastelo por se a interpretei equivocadamente. Na miña opinión non trata sobre escoller entre Galicia e Galiza, trata da calidade dos artigos. Para mín resulta paradoxal que teñamos un artigo mellor sobre Alemaña que sobre Galicia. Teño lido noutras Wikipedias maís información que a que nós ofrecemos sobre o noso país. Coido que Rocastelo usa como exemplo un artigo que debería ser emblemático na Galipedia: se o noso artigo sobre Galicia non é o mellor, cal pode selo?. Agremon coñece moi ben os avatares da Wikipedia galega e as dificultades para sacar este proxecto adiante, penso que nos podía contar algúns dos problemas que se presentaron no pasado -como apunta brevemente no comentario anterior- para ilustrar porque certos artigos non están máis elaborados.
Abrir un debate sobre os termos Galicia e Galiza non creo que sexa produtivo neste momento (de todos os xeitos se así se decide, non serei eu que me opoña e estarei encantado en participar). (En todo caso, agora temos iso resolto, o termo que se utiliza nos títulos é Galicia e no interior das páxinas pode usarse indistintamente Galicia ou Galiza. Sobre A Coruña e La Coruña, non ten obxeto ter un artigo chamado La Coruña e se existe debe ser redirixido ao artigo A Coruña, as consideracións que fai Adalbertofrenesi deben facerse na páxina A Coruña e non noutras, iso é o que dín a nosas regras da Toponimia, outra cousa é en que termos. Tendo en conta que o queremos referir son feitos e non opinións non debería haber ningún problema.). Estimo que o debate ten que ser que é aquelo que nesta fase do desenvolvemento da Galipedia debe pulirse, que eliminar (se hai que eliminar algo) e cal é aquelo que é propia da Wikipedia galega e a distingue das outras wikipedias.
O fundamental, desde o meu punto de vista -penso que xa o dixen nalgún outro sitio-, é que fagamos unha enciclopedia valiosa, na que se poda confiar, que reflicta feitos e datos certos, e que poda servir de fonte de información libre e gratuita, en resume que sexa útil para o máximo de persoas -colaboradores ou lectores-.
Para rematar, permitídeme que exprese o meu recoñecemento e respeto polo grupo de colaboradores que hai neste intre, fan que a Galipedia se revalorice. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 23:20, 22 Dec 2004 (UTC)
  • Coido que estamos de acordo (pode que discrepemos nalgún matiz pequeno). Polo que parece, ademáis, somos todos máis ben 'de ciencias' e eso inflúe á hora de meternos con algún tema. Vou botarlle unha ollada a Galiza a ver se podo poñer máis neutra e facer ampliacións, e logo mirades vos de facer o mesmo e pasamos a páxina tamén a Galicia.--Agremon 10:36, 23 Dec 2004 (UTC)
  • Polo que vexo, non houbo de xeito recente ningún debate máis sobre Galiza/Galicia. Polo tanto, segundo o que discutíramos, pasarei o deGaliza a Galicia cos nomes substituídos, en breve. --Agremon 06:59, 3 Feb 2005 (UTC)