Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 3

Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

CopiaEditar

Coido que no enderezo [1] están poñendo material da Galipedia sen citala. Ver por exemplo [2] e comparalo co artigo na Galipedia. Algunha idea?--Agremon(contacto) 21:45, 26 xaneiro 2006 (UTC)

  • Hai unha ligazón abaixo de todo á dereita para a Galipedia e cítase a licenza.--Rocastelo(fálame aquí) 21:58, 26 xaneiro 2006 (UTC)
  • Certo, polo de agora estase a revertir unha [copia] exacta, mesmamente inclue cadro e templates; tamén revirte como di Rocastelo, a Galipedia. Penso que non se debera de copiar directamente dos artigos de aquí, xa que tampouco imos tela garantía de que esta/s persoa/s vaian a respetala licenza GNU.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:21, 26 xaneiro 2006 (UTC)
  • En realidade o sitio copia toda a wikipedia, non só a Galipedia (como por certo fan moitos outros sitios)[3].--Rocastelo(fálame aquí) 22:26, 26 xaneiro 2006 (UTC)

limitación para cambios e máisEditar

No derradeiro wikizine que recibín di que xa está lista en todas as wikipedias a limitación de cambios, e máis cousas interesantes:

"[Semi-protection] is now active on all wikis. Semi-protection of a page prevents unregistered editors and editors with very new accounts editing that page. "Very new" is currently defined as four days. Sysops can change the status of a page. Making a policy to use this on your wiki is advisable http://thread.gmane.org/gmane.science.linguistics.wikipedia.misc/26616 http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Semi-protection_policy - for policy inspiration for your homewiki"

Tomamos algunha medida no sentido de prohibir cambios á xente nova? creédelo convinte? Eu en principio non o tomaría en consideración, pero...

Xa hai unha nova 'fundación wikimedia' nacional. Coido que hai que ir tomando nota para non ter que repetir o tema do nome do dominiode galipedia... http://mail.wikipedia.org/pipermail/wikimediauk-l/2006-February/000401.html http://meta.wikimedia.org/wiki/Wikimedia_UK http://wikimedia.org.uk/--Agremon(contacto) 20:30, 1 marzo 2006 (UTC)

Nomes dos PapasEditar

PortugalEditar

Como pais irmán que é noso...non sería factible, o relacionar máis esta versión e a outra? (portugués)...

Plateoo po-lo seguinte.

Todos sabemos bem a facilidade de entende-lo portugués que temos po-la altiiisima semellanza entre as nosas línguas (xa non quero nin entrar se é unha ou dúas, pra non politiza-lo tema, iso se queredes vos comezar...)

E o Galego, inda que non somos aínda legalmente un pais lusofono...na realidade así é....

E se cooperáramos ou xuntaramos dalgún xeito amba-las páxinas...teríamos un número moi importante de artigos máis.

Ollo que non digo fusionalas nin nada así. Digo que direitamente poidamos compartiren a base de datos, pero cada unha mantendo a súa autonomía. Para evitar problemas de distintos puntos de vista dos galegos e os Portugueses sobre algún tema concreto.

Coido que temos moito que gañar con isto...e nada que perder...

so o "deixo caer" a ver como opinades... Luimipi 21:47, 5 maio 2006 (UTC)

¿Como suxires xuntar as bases de datos? Eu non son administrador, pero dame que a única forma de xuntalas é fusionándonos, e habería moita xente en contra diso. Creo que o mellor que se pode facer, se tan país irmán e tan parecido é e empezar a coller artigos en portugués a toda leche e pasalo a galego. De feito, coido que sería máis doado facer un traductor automático Portugués-Galego que <OutraLingua>-Galego, e só habería que revisa-los artigos.

--IvanPerez 12:41, 14 maio 2006 (UTC)


  • ¿Qué tería de bo e que tería de malo facer o que propoñía Luimipi? --User:Tinsiño 20:30, 9 xuño 2006 (UTC)


Este é um assunto já discutido na Wikipedia Lusófona ([4]). E na minha opinião, não daria resultado. É verdade que as línguas são bastante semelhantes... mas confesso que tenho dificuldades em perceber seja o que for em galego, e creio que qualquer português ou brasileiro tambem. Por isso, repito, acho que não ia dar resultado =)

(Peço desculpa por escrever em português de Portugal, e não em galego, mas se tentasse, o resultado seria horrível =D) --Guta G 01:48, 6 agosto 2006 (UTC)

Suxerencias e indicacións para artigosEditar

Onte, navegando pola wikipedia atopei que Modelo de programas informáticos estaba sen facer. Como non tiña totalmente claro qué era o mellor, decidín abri-la páxina de discusión e comezar a facer anotacións das cousas que pensaba que debían aparecer no modelo de doutras que non, xustificando cada caso.

Hoxe, cando entrei outra vez, atopei esta mensaxe na miña páxina de discusión persoal:

Oi Ivan. Creio que aqui não é o melhor lugar para se publicar alguma coisa, visto que a página
(a Wikipedia) nem existe. Talvez se você expor o assunto na Taberna... Até   mais.
--Slademsx 03:47, 14 maio 2006 (UTC)

¿Que é mellor? ¿Utilizar as páxinas de discusión para comentar cousas sobre o artigo ou utilizar A Taberna? Aínda que A Taberna é un bo sitio por estar todo centralizado, eu penso que é moitísimo mellor utilizar as páxinas de discusión de cada artigo para facer anotacións sobre eles, básicamente porque é moito máis probable que unha persoa que comece o artigo de 0 vexa as anotacións da páxina de discusión e que non vaia á Taberna a ver se alguén dixo algo.

--IvanPerez 12:35, 14 maio 2006 (UTC)

  • O comentario é porque a páxina non existe (refírome ao artigo ao que vai asociada a páxina de discusión), e acceder a ela e moi difícil se non se fai desde os cambios recentes (que só se pode facer ao principio) ou facendo unha busca por ela expresamente. Polo tanto, tal como está agora pasará desapercibida a maioría dos colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:41, 14 maio 2006 (UTC)

Tamén aparecería en páxinas sen ligazóns a elas (orfas), aínda que ese non sexa un bo método de busca. Quizais estaría ben ter algunha páxina especial que fose Páxinas con talk aberto sen artigo existente. Iso axudaría a atopalas. O problema é que nun caso e noutro hai información de discusión difícil de localizar. Quizais unha ligazón desde un sitio ao outro facilitaría a súa localización; desde a páxina de talk ao lugar onde se este a discutir ou viceversa (desde a taberna á páxina de discusión). --IvanPerez 22:32, 14 maio 2006 (UTC)

Partido GaleguistaEditar

EStou lendo diferentes novas sobre q o vello PG rexurde con outros nomes e xente. A verdade q me fago un pequeno lio, Teñen algo que ver co partido de Castelao e Boveda??

saudos a tod@s

Klisto

  • Respondo só aquí porque non te identifico a páxina de discusión de usuario. A idea que eu teño (por parte dun amigo meu afiliado ao BNG) é que Manoel Soto Ferreiro, ex-alcalde de Vigo, é o único herdeiro legal que pode utilizar o nome do PG. A ver se averigüo algo e aviso.
  • Iso non é así, é o seu Presidente o que é "herdeiro legal" do nome...Manoel Soto entrou inda moiiiito máis tarde, é Xabier González o Presidente. non o Secretario Xeral. Iso fixo...cando falei con el contou máis ou menos a historia, inda que non recordo bem todo o tema...iso si que o recordo.--Luimipi 16:36, 20 xuño 2006 (UTC)
  • no rexistro de partidos políticos eu vira fai anos que o dono das siglas era alguén de Verín, e este houbo de vendelas hai 2 anos como muito ao partido de Soto. Segundo se comentan estaban carillas.

Como se procede con artigos falsos?Editar

É o que sucede con Capital (política), que non ten nada dentro. Elimínase? Déixase? O seu autor non está rexistrado. Desculpade se esta pregunta non é pertinente aquí: son algo novel aínda.--Xabier Cid 10:47, 12 xullo 2006 (UTC)

  • Cando vexas unha páxina coma esa tes que poñer {{lixo}} para que algún administrador a borre. Saúdos. User:Tinsiño

Como se fai cos títulos dos discos (e dos libros)?Editar

Os títulos en galego escríbense todo con minúsculas, agás a primeira. Pero para as entradas dos wikiartigos póñense comiñas simples, ou dobres, ou nada?--Xabier Cid 12:25, 13 xullo 2006 (UTC)

    • Posibelmente a información que procurades está no Libro de estilo. Se non é asi, explicade o caso concreto e ampliarémolo. Xosé (✉) 14:11, 13 xullo 2006 (UTC)
    • Pois polo que di o libro de estilo, non debería levar comiñas nin nada. Okei. Está perfecto. De todos os xeitos, quizais se podería explicitar no libro de estilo, para evitar ambigüidades, ao igual có das maiúsculas internas (é dicir, non con maiúsculas en cada un dos substantivos: non 'Agora é Sempre'* senón Agora é sempre). Quen podería facer iso?

O meu libro de "istilo"Editar

  • Expreso a continuación a miña opinión, que máis ou menos reflicte bastante o que lembro da ortotipografía hispánica:
  • TÍTULOS
    • Os títulos mencionados de libros (obras literarias, científicas, de referencia ou non), de discos ou de filmes deberían ir en cursiva no texto doutros artigos, pero sen ningunha marca nos encabezamentos ou nomes dos wikiartigos: Helene Hanff escribiu 84, Charing Cross Road;
    • Os de programas informáticos, pola contra, non: Calc é do OpenOffice (por certo, acabo de deixar unha nota na súa páxina de discusión para que ma aclare algún informático); o xogo (do) Tetris;
    • No caso dos artigos nos que conste o libro ou revista, van entre comiñas en redonda e o libro en cursiva sen comiñas: "An overview on cognitive grammar" é un artigo de Ronald Langacker no libro colectivo Trends in language;
    • Todo isto con moito máis motivo se o título está en galego, portugués ou castelán, para non confundirse co texto. Noutras linguas menos transparentes é algo (só algo) máis facultativo: Karl Marx escribiu Das Kapital (mellor ... escribiu Das Kapital); Antonio Machado escribiu Campos de Castilla*;
  • MAIÚSCULAS
    • Nas linguas románicas (que eu saiba) só se pon en maiúscula a primeira inicial; en cambio no inglés póñense tódalas palabras léxicas ou polisílabos, é dicir exceptúanse preposicións monosilábicas (Xa vai o griffón no vento fronte a A King for a Day, a Fool for a Lifetime), aínda que en inglés hai cada vez maior tendencia a poñelas todas: A King For A Day, A Fool For A Lifetime, cousa que me parece horrenda (para iso están as cursivas, nonsí?). Isto non vai en prexuizo das maiúsculas dos nomes propios (El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha ou mesmo de La Mancha);
  • COMIÑAS
    • As comiñas latinas (algo así coma <<>>, pero ten que haber un símbolo simple) deberían ser as de uso oficial para referencias e citas: Foi Víctor Manuel* quen cantaban aquilo de <<el abuelo murió allá en la mina>>; sobre todo se se cita noutra lingua dentro do corpo do texto (como cada vez é máis habitual na literatura científica);
    • As citas ou textos que deban ir con comiñas e que estean dentro das anteriores irán con comiñas rectas: cando Manolo García cantaba que <<dicen que "el que canta su mal espanta">> referíase a un refrán... (non se me ocorre outro exemplo mellor);
    • As comiñas rectas inglesas ("") veñen sendo habituais cada vez máis para substituír as latinas: VM cantaba que "el abuelo murió allá en la mina"; Isto vese cada vez máis en El Pais ou El Mundo, puntas de lanza do estilo en español cos seus manuais ou libros de estilo;
    • As comiñas simples (' ') úsanse en lingüística e xeralmente (como as barras e os corchetes para o seu caso) para marcar significados: Kirkjubaejarklaustur está composto de kirkju, que significa 'igrexa', baejar e klaustur, que significa 'claustro';
    • Na literatura non especializada considero aceptable que se simplifique usando as dobres (simplifique para evitar a multiplicacións de signos que crearían confusión no lector: Kirkjubaejarklaustur está composto de kirkju, que significa "igrexa", baejar e klaustur, que significa "claustro";
    • Coma no epígrafe da miña intervención, asumiría tamén o seu uso para citar xiria, fala popular, expresións, vulgarismos ou calquera outra secuencia lingüística (oral ou escrita) que sexa obxecto de comentario (meta)lingüístico;
  • TIPOS DE LETRA: en xeral son moi pouco partidario de usar diferentes corpos (ou tamaños ou altos) de letra (ou fonte), agás o estipulado para o cursiva e os usos facultativos nos epígrafes, que os determina o editor. En concreto só usaría a negriña para remarcar algo se se fai con certa periodicidade, pero non de subliñar constantemente todo: no texto da última ligazón, Kirkjubaejarklaustur, hai un exemplo disto editado por min un chisco contraditorio, pero bebo güisqui DYC e gozo coas miñas contradicións (non podo dicir disfruto porque non está no VOLG);


* Notas a Víctor Manuel e Campos de Castilla: os nomes non-galegos ou de orixe non galega deberían deixarse coma son agás que:

  • sexa necesaria a transliteración;
  • sexan nomes internacionais (salvo de unidades de medida), de reis e raíñas, de emperadores e emperatrices, de papas e papisas e doutra cousa máis que agora non me lembro;
  • sexan nomes que existen traducidos na tradición escrita: Londres, París (con til), Dublín (ídem); isto é sobre todo para nomes de países e capitais; Nisto en concreto eu disinto profundamente pola pobreza cultural que denota e/ou provoca;

Pero creo que isto xa foi sometido a votación nalgún dos seus termos e creo que non procede reabrir este debate totalmente;

Tamén habería que falar algún día das referencias bibliográficas:

  • Autor, I. (ano) Título. Lugar: Editorial.
  • Título. Autor. Editorial, lugar. Ano
  • ...

Por certo, os número maiores de 999 van por lei (RD 1317/89 do BOE nº 264, do venres 3 de novembro de 1989) con punto ou con nada (nunca con coma como en inglés, que deixa o punto para os decimais, coma que en castelán e galego só será para distinguir a parte enteira das décimas, sendo así coma abaixo e non apóstrofe arriba, aínda que é o que se ensina na escola) e salvo que sexan anos (obrigatoriamente sen punto e sen nada):

Sobre as referencias de preferencia léxica e adaptación de terminoloxía, neoloxismos, xenismos e outros ismosEditar

Quería abrir o debate ou polo menos sondar (que para iso viña de visita antes de meterme neste percal), do tema dos dicionarios. Como lle dixen a User:Lmbuga, teño tres opinións (como lingüísta, como técnico normativizador no traballo e outra persoal) sobre cales deben ser os dicionarios de referencia:

  • O único aceptable (e coidado que non digo aceptado) como norma é o VOLG, publicado por fin hai pouco pola RAG e o ILGa;
  • Non está aceptado porque a lei non o sanciona (si as NOMIG, que aparecen no DOG). A pesares de non estar asumido de iure, si está asumido de facto;
  • O que digan outros dicionarios non é vinculante, a pesares de que haxa xente que o asuma como tal: "o que non aparece no dicionario non existe";
  • Máis sangrante é a consideración do VOLG e mesmo do dicionario da RAG: hai xente que opina (e isto si que se pode considerar unha opinión) que "o que non está no dic. da RAG non é normativo". Mentira. O que non esta no dicionario da RAG non está no dicionario da RAG e punto. O corpus da RAG non chega a 30.000 entradas e con iso non se pode falar tódolos días. O único ó que obriga este dicionario a que se aplique o si está ortograficamente e morfoloxicamente incluído, pois son unha aplicación das NOMIG: como aparece "cansazo" non se pode escribir "cansancio"; como está "ouro", non se pode escribir "oiro"
  • Coidado que digo "non se pode escribir": oralmente podes falar como queiras (as NOMIG non son fonéticas e non poden selo);
  • Como pauta de comportamento xeral acepto o que din os popes da Facultade de Filoloxía Galega de UVigo: "se está na túa fala, así será (e existe e pódese dicir)"; as únicas excepcións son hiperenxebrismos e castelanismos como os extendidos "Deus", "semana", "abuelo", etc. Agora de memoria non me lembro que estipula exactamente sobre lusismos (que sei que foi modificándose a postura dende 1981 a moitas máis cesións das que a xente cre), arcaísmos (que existen recuperados: "albanel") e dialectalismos (que tamén aproveita: "zorra");

Pois ben a pregunta é: cal dicionario usariades coma referencia? ;

  • Xerais da Lingua (aprox 1989) laranxa;
  • Xerais da Lingua (aprox 2004) laranxa pero novo, cos cambios de norma do 2003;
  • Gran Diccionario Xerais da Lingua (2000) azul escuro con letras na capa, 2029 páxinas pola norma vella, aprox. 180.000 entradas;
  • Diccionario Ir Indo da Lingua (2000) azul claro;
  • Diccionario da RAG (?) verde, lexicograficamente o mellor pero moi pequeno en corpus;
  • escolar de Obradoiro-Santillana (?);
  • Estravís de Sotelo Blanco (?);
  • Cumio;
  • Diccionario de diccionarios 3ª edición, de Antón Santamarina & al.;
  • Franco Grande de Galaxia 17ª edición (vermello ou marrón);
  • outros máis

Simplemente é unha sondaxe, podedes responder con {{concordo}}, {{discordo}} e {{neutro}} que aparece coma   Concordo,   Discordo e   Neutro. Despois desta longametraxe, espero non tervos aburrido coa miña opinión e que polo menos sirva para algo. Saúdos. --Sobreira (responder) 17:06, 14 xullo 2006 (UTC)

  • Ningún dicionario é perfecto, porque incluso o VOLG ten erros que van subsanando de edición en edición. Polo tanto, creo que os dicionarios teñen que ser unha boa ferramenta de referencia (ía berrarlle a Lmbuga pola categoría baloncesto, no canto de básquet, mirei o dicionario e calei), pero non un arame de espiñeiras ou un pastor eléctrico que nos coute os movementos. De todos eses, ademais, eu uso e síntome moi cómodo co GDXL, ao que considero sen dúbida o mellor malia todas as inercias que arrastra.--Xabier Cid 11:44, 15 xullo 2006 (UTC)

  Neutro Non quero que se me malinterprete polo que vou dicir aquí. O que especifica --Xabier Cid xa ten un fundamento máis forte coma resposta. Pero tamén temos que ter en conta que a RAG antes de publicar o seu diccionario en galego, primeiramente tivo que lanzarse por ahí a falar coa xente vella e tratar de dilucidar o que interpretaban ante certas palabras ou ven, ver como se denominaban certas cousas en certos lugares. Coido que dende o meu punto de vista abonda con que o usuario contribua en galego, xa que iste proxecto non pretende ribalizar nen suplir a outros e polo que temos que conformarnos co que deixemos aquí sirva de proveito a xente que non ten recursos e, de paso, a xente de mañá. Vivimos en mundos moi diferentes polo que un xeito de expresión dun lugar pode parecer unha blasfemia noutro pero o galego é así polo que temos que ir acostumándonos. Grazas o compañeiro User:Lmbuga, cuia licenciatura está na lingua (amén doutras cousas) e que, tamén se vé abocado a reciclarse cada certo tempo con cursiños intensos de lingua para, grazas a iles pordernos axudar botándonos unha man. Tede en conta que sexa cal sexa o diccionario ou enciclopedia en galego que nos axude nas dúbidas nosas ou nas de outros o galego ha de seguir recibindo palabras novas en reciclándose máis, polo que parte das nosos artigos que fumos facendo vanse ver revisados de novo en todo o seu contexto; polo que certo día nos imos sentir como verdadeiros pailanes dixitais (contándome eu coma primeiro) que ven que aquél galego que aprendimos na escola xa no era o que é. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 13:27, 15 xullo 2006 (UTC)

  • Vou comprar o Volga, pero seguirei usando varios dicionarios, inda que, sen dúbida, respectarei especialmente o que este poña.

Como ben dis, que unha palabra non estea nun dicionario non quere dicir que non exista. Como mínimo pode ser unha variante dialectal (véxase o vocábulo xorima na entrada chorima). Coincido con aqueles que consideren que se unha palabra se di (agás barbarismos, hiperenxebrismos e vulgarismos), existe. Así a todo, considero que se non aparece en ningún dicionario é conveniente, se é posible, facer unha especificación da zona en que é empregada.

Por exemplo, cando se faga a entrada peido, gustaríame incluír que en áreas de Ribeira (Castiñeiras) e tamén en Muros se di torreta (o de Muros lembro que mo dixera Henrique Monteagudo cando lle comentei o de Castiñeiras). Cando a palabra só se rexistra nunha área moi pequena (por exemplo, romaniños por cabazas en Castiñeiras, Ribeira) creo que ese vocábulo non debe aparecer na primeira liña do artigo; pero non o teño claro.

Para min, o que non apareze nun dicionario existe sempre que un usuario merecente de creto diga que exista. En caso de que polo motivo que sexa ese usuario estea confundido, ou alguén pense que está confundido, velaí está as páxinas de discusión dos artigos.

Os dicionarios son unha ferramenta para facer valoracións. Non só temos que respectar a lingua e o corpus da lingua, tamén hai que respectar o falante. Non serei eu -espero- o que teña unha disputa por motivos lingüísticos. A lingua únenos, non debe separar. A lingua é a ferramenta que nos fai sentir cómodos e, se os usuarios están cómodos, beneficiamos á lingua, sempre e cando esteamos abertos ó diálogo.

Posto que considero que o nivel comunicativo que hai na Galipedia (en comparación con outras wikipedias) é excepcional, non me parece preocupante ter ou non ter un único (ou varios) dicionarios de referencia que sexan aprobados expresamente. Inda que aceptaría que así se fixese. Neste sentido, para min, o que diga o Volga vai ir a misa, estea ou non estea de acordo, polo respecto que lle teño as autoridades que o compuxeron. Pero o que non estea no Volga pode perfectamente ser galego correcto se o dicionario non o sanciona. De aí que conveña utilizar dicionarios con máis amplitude terminolóxica e, cantos máis, mellor (Iso si, eu non lle teño respecto ó Franco Grande que o meu pai comprara nos anos 70, pero todo é dialogable).

Non sei se aportei algo que realmente axude. Cando menos, espero ter conseguido expresar a miña maneira de sentir. Por outro lado desexo manifestar que estou encantado de que cada día haxa máis usuarios que poidan ser unha referencia e unha axuda para cuestións de linguas. Iniciativas, como as de ofrecerse na páxina persoal neste sentido, parécenme loables, pero todos temos algo que dicir, con maior ou menor razón, cada un desde o seu nivel e realidade: O diálogo e acadar que os usuarios estean cómodos e se sintan respectados é, na miña opinión, o fundamental. Parabéns a todos --Lmbuga Commons - Galipedia 13:54, 16 xullo 2006 (UTC)

AVISO IMPORTANTE SOBRE TERMINOLOXÍAEditar

Traballo no Termigal. Temos un servizo de consultas que resolve problemas, normalmente de tradución, como por exemplo como se di en galego a sentadillas, hornaveque, escanear, warrant ou cousas enrevesadas e peregrinas deste estilo. A maior crítica doutras institucións normalizadoras externas (SNL, tradutores, roldas, etc.) é que non publicamos, como o Termcat, as nosas bases de datos e que non existimos máis que en varias publicacións contadas e nunha única páxina de Internet no CIRP. Sempre buscamos superar esta situación e agora a Galipedia supón unha oportunidade interesante.

Acabo de falar co noso xefe e deume licenza para o seguinte: cando os termos entren pasen o primeiro proceso de avaliación (antes da Comisión de validación) poden ir aparecendo na Galipedia baixo o selo do Termigal (sempre denominados coma proposta). Para facilitalo creei o este template (clasificado ademais na categoría correspondente), que está aplicado como exemplo no termo bugui. Por iso vos pido colaboración para que entre todos (sobre todo eu, pero tamén administradores e wikipedistas habituais) velemos polo uso apropiado desta ferramenta, debido a que isto ten implicacións oficiais (benvidas e positivas, pero rigurosas). Por suposto quedamos ó voso dispor para as vosas consultas terminolóxicas (sen colapsar, por favor) no correo termigal(arroba)cirp.es ou no tf. 981542653.

  • --Sobreira (parlez) 12:18, 31 xullo 2006 (UTC)
  • Por certo, para quen queira o VOLG versión 2006 en Microsoft Access, que avise.
  • Pois agora que o vexo, creo que preferiría unha marca algo máis discreta. Ou sexa, paréceme ben un carimbo de calidade, pero creo que debería perfeccionarse a marca, que fose algo como unha licenza de imaxe, de xeito que se alguén quixese saber que é iso de 'termo sancionado polo Termigal' puidese clicar e abrir en páxina nova para saber qué significa exactamente iso, que é o termigal e qué capacidade sancionadora ten. O exemplo de pestana (internet) é significativo, pois é máis relevante o comentario lingüístico cá propia información sobre o termo. Polo resto, os meus parabéns. --Xabier Cid 14:56, 31 xullo 2006 (UTC)
  • Paréceme moi interesante o do Termigal. Creo que lle ofrece á Galipedia unha oportunidade de acadar unha maior seriedade. Así a todo desexaría facer unhas puntualizacións:
-A explicación desenvolvida non me parece suficiente. ¿Cal é a extensión de vocabulario á que se lle vai incorporar esa etiqueta? Non me parece adecuado colocarlle a template a tódolos termos da Galipedia. ¿Só se aplicará ós tecnolectos? ¿Só a palabras de nova incorporación dentro dos tecnolectos? ¿Só a palabras de que tipo?
-É preciso ter claro que non tódalas palabras do Termigal van ter necesariamente cabida na Galipedia. Algunhas como o termo Bugui -é a miña opinión- deberán ser trasladadas se non acadan unha maior extensión e profundidade ó Galizionario. Na Galipedia só poderán estar presentes aquelas que teñan entidade enciclopédica, pois non teñen cabida as meras definicións de vocabulario. Por conseguinte, pregúntome se esta proposta non debería ter como base o Galizionario e ser aplicada na Galipedia nos casos en que exista o termo.
-Creo que o formato da etiqueta non é adecuado. A etiqueta podería ter un formato semellante á aquelas que chaman a Commons e presentar un acceso directo á Categoría onde se recollan as palabras avaliadas polo Termigal no Galizionario. Véxase a que poño na marxe dereita.
-Gustariame oír a opinión de xente que ten máis experiencia ca min na Galipedia e que están de vacacións. Inda que considero que van estar encantados coa proposta, poden pola súa experiencia (ás veces polos seus coñecementos técnicos) aportar alternativas ou novas posibilidades e perspectivas. --Lmbuga Commons - Galipedia 16:00, 31 xullo 2006 (UTC)
  • Concordo ao 100% con Lmbuga. Habería que considerar, ademais, que esta "marca" tería unha "data de caducidade" sinalada pola súa incorporación plena á lingua. Como se faría isto? Cando un número determinado de dicionarios incorporen o vocábulo? Ao cabo dun número determinado de anos? Xosé (✉) 16:19, 31 xullo 2006 (UTC)
  • O formato da caixa non é o principal problema: como se en vez de marrón ou azul fose amarelo a cadros. O importante é estipular as normas de uso e que se aclaren dendo o principio.
    • Non sei se a parte final do artigo Termigal (in progress) pode ir respondendo algo agora ou no futuro ás dúbidas sobre a autoridade que se autooutorga a institución (ou que se lle dá nun amplo sector galegófono, inda que non todos, ademais de AGAL, algún Dpto dalgunha Univ., etc., en público e/ou en privado), pero se intentará aclaralo mellor.
    • Sobre se metelas en Galip ou Wikz, de momento só está falado para o tema de Galip. Supoño que para Wikz tampouco habería problema pero tería que falalo co mandamáis. Anyway, eu traballo case exclusivamente na Galip, non no Wikz, así que niso doctores tiene la Santa Madre Iglesia que sabrán responder a esas preguntas.
    • Sobre cando e cantos termos: dependerá da velocidade de actualización. Dende logo non será en plan masivo. Como xa dixen, os termos son enrevesados ou con certa complicación: un exemplo do que teño riba da mesa é sangrado-sangría, (programa) rastreador, turno deslizante-quenda variable, guionista, almajos-Sargadelo (Suaeda fruticosa e Suaeda maritima), estribación, armario empotrado, etc.. En realidade e na práctica son todos termos dun tecnolecto determinado (edición, informática, empresa, cinematogrf., botánica, xeogrf., construción). Eu iríaos metendo a medida que nos vaian chegando consultas e poida facelo (advirto que en inverno ás veces temos un ritmo intensivo) pero en principio non engadiría as consultas dos últimos nove anos (cando vou traballar teño que dedicarme a traballar, xa veremos cando teña internet na casa:) ). En relación, a Galipedia non pode substituír a unha futura e posible base de datos propia nunha futura e posible páxina web propia do Termigal, cando se decida facela. O que aparecese na Galipedia non sería sistemáticamente o que temos nos nosos discos duros, nin podería tomarse por parte dun terminólogo externo como se fose a Biblia, pois o único autorizador é o meu xefe (como de feito pasa co resto dos artigos: a perfección non existe) e a Comisión.
    • E moita atención, Xabier Cid: nunca validado e menos aínda sancionado (na literatura científica e no habitual teñen acepcións antónimas: "contrastado e verificado" fronte a "prohibido"). O que aparece na caixa e o único que estou autorizado a usar (de momento e supoño que tamén co tempo) é proposta
    • Por certo, O exemplo de pestana (internet) é significativo, pois é máis relevante o comentario lingüístico cá propia información sobre o termo: que significa isto? é dicir, interprétalo coma positivo ou coma negativo para que estea na Galip e non no Wikz? --Sobreira (parlez) 11:15, 1 agosto 2006 (UTC)
  • Concordo plenamente con Lmbuga, e tamén na prudencia. A min hai algo que non se me axeita en todo isto, pero non sei ben o que é. Ademais do formato da etiqueta, creo que é unha cuestión de ritmo. Quero dicir, entendo que o termigal poida ter algo que dicir, por exemplo, na discusión entre Moldavia e Moldova, pero non sei se ten moito xeito que porque o Termigal decida que o coche se chama bugui e o golpe bogey haxa que crear entradas na Galipedia para eles. Vou dicir algo, e dígoo con todo o cariño posíbel cara ao Termigal, pero máis parece que o Termigal quere buscar un apoio na Galipedia para a difusión das súas propostas, do que botar unha man na Galipedia (mando bicos e parabéns, antes e despois a Sobreira polo seu traballo). Por outra parte, discrepo co carácter de sancionado (sen importancia) e insisto en que aplaudo unha marca de calidade, tipo ternera gallega, pero incluso quizais máis nas páxinas de discusión ca nas páxinas do artigo. --Xabier Cid 11:40, 1 agosto 2006 (UTC)
  • Non me gusta ter que dicir o que vou dicir, quizais porque non encontre unha maneira menos tallante de dicilo, pois suxerir, xa o suxerín. As discusión realizadas en agosto van ter que ser retomadas por enteiro en datas adecuadas, é dicir, valen de ben pouco. Non gastedes esforzos agora, é absurdo. Iso si, estou encantado coa vosa actitude e co compromiso que acadastes co proxecto--Lmbuga Commons - Galipedia 16:29, 1 agosto 2006 (UTC)
    • oh, claro, Lmbuga... a iso me refería co da prudencia...
  •   Neutro Estou vendo que a cousa se escomenza a quentar un pouco, quizáis dependido dos calores do verán. Coido que todos sabedes que iste é un proxecto libre e de balde (segundo o amosa na portada). Os usuarios traballan nelo dun xeito ou do outro, quizáis porque de algún xeito se sintan vencellados o proxecto; polo que me atrevería a dicir (e sen ánimo de faltar a usuarios e institucións) que a template expresativa do Termigal, como que está de máis. Quen lle impide a esta institución colle-los termos e publica-los nunha edición de papel?. Nos miramos de fomentar a cultura a través deste proxecto (por moi pouca que teñamos) que, en algúns casos chega a xente que verdadeiramente o necesita; noutras, a maioría, acostuman saca-lo partido (a prol distas e outras cousas) para mirar do peto de cada un. Quizáis amoseis sorpresa por istas palabras (por moi crueis que sexan) pero, a que ven con isto falar dun "mandamáis" (e exprésase nome) e, o peor de todo, e cito textualmente: "En relación, a Galipedia non pode substituír a unha futura e posible base de datos propia nunha futura e posible páxina web propia do Termigal, cando se decida facela. O que aparecese na Galipedia non sería sistemáticamente o que temos nos nosos discos duros, nin podería tomarse por parte dun terminólogo externo como se fose a Biblia, pois o único autorizador é o meu xefe (como de feito pasa co resto dos artigos: a perfección non existe) e a Comisión." Entón que trata para esta xente ser a Galipedia. Un sitio onde poñer todas aquilas palabras que non teñan un entendemento claro?. Acaso non teñen claro que "eivado" e "tulleito" poden telo mesmo significado nunha determinada zona?. E iso que son términos diferentes. Por non seguir.... Pero se estou no certo (que o mellor non) a Galipedia non vai acadar, nin seguridade e, nin sequera un recoñecemento que extimule a moral dos que estan a traballar nela. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:17, 1 agosto 2006 (UTC)

política de topónimosEditar

Só unha dúbida, porque non sei exactamente as referencias que se usan para autorizar as adaptacións de topónimos estranxeiros: porqué Róterdan (e Roterdán) pero en cambio Ámsterdam. --Sobreira (parlez) 08:33, 28 agosto 2006 (UTC)

"idioma oficial"Editar

Como xa dixen na taberna, por que só poñemos os nomes noutros idiomas cando estes son oficiais? (con isto refírome ó caso de Oviedo, que penso que debería ser Oviedo - Uviéu). Ademáis, o inglés non é oficial no Reino Unido, e dicimos Reino Unido - United Kingdom; o sueco non é oficial en Suecia, e poñemos Suecia - Sverige... que pasa, que o asturiano ten menos "categoría" que o sueco?--Norrin_strange (Talk) 09:07, 31 agosto 2006 (UTC)

Toponimia de España
Nos títulos das páxinas úsase o nome galego xunto co nome oficial segundo a lexislación oficial. Pode consultarse no Ministerio de Administracións Públicas:
MAP - Municipios, MAP - Provincias, MAP - Illas. E toponimia oficial española e a lexislación estatal e autonómica. Fonte: Parlamento Europeo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:49, 31 agosto 2006 (UTC)


que pasa, que o asturiano ten menos "categoría" que o sueco? Pois en porcentaxe de falantes no territorio onde se usa, e en recoñecemento oficial, sí.

¿Cal é o idioma oficial de Suecia? Se non é o sueco, é que non teñen recoñecido ningún, supoño. Pero isto non significa que non sexa o seu idioma. Pode que non teñan unha discusión aberta sobre lingua oficial do país (non sei se a teñen), e que esa sexa a fonte da non oficialidade do sueco. Tampouco EE.UU. recoñece o inglés como oficial. Vexo o teu punto de vista, e penso que nisto a wikipedia debería ser apolítica (notar o 'a' diante de política). Penso que os artigos deberían levar o nome só en galego (esta xa é, de todos modos, una discusión cerrada), e que cando se coñezan con outros nomes habitualmente nos mesmos lugares onde se coñecen co nome en galego, pois se usa unha redirección. Eu non sabía que Oviedo era Uviéu (se sospeito que pode ser Asturianu, pois hai unha wikipedia en Asturianu). Pola contra, sí sei que Xirona é Girona en catalán, que Lérida é Lleida, ou que Ourense é Orense fora de Galiza. Entendo que non se debe discriminar ás minorías, pero neste caso creo que é unha cuestión de poñer, polo menos inicialmente, os nomes que forman parte da cultura xeral.

--IvanPerez 15:58, 16 setembro 2006 (UTC)

Elección de artigos a crearEditar

Levo moito tempo vendo que se inclúen artigos sobre pequenos concellos e municipios (eu mesmo introducín algunha información ao respecto) pero, ¿non deberiamos centrarnos máis en cubrir os artigos básicos? Considero que un artigo é básico cando é común a tódalas wikipedias que tomemos como referencia. Por exemplo, Baloncesto é básico, Salceda de Caselas non. A verdade é que isto é unha pregunta máis ca unha proposta. Quero saber qué opinades, qué debería ser a galipedia. Se deberiamos centrarnos en Galiza e partir de ahí, ou se deberiamos centrarnos no que outras wikipedias teñen e deixar as cousas que non teñen como menos prioritarias. Personalmente vexo pros e contras a ambas posturas, se ben a primeira significaría que hai moita información dispoñible para seren traducida. Desde logo, a elección sempre será da persoa que crea cada artigo. Se eu quero crear un artigo sobre Salceda (coido que xa debe existir, non o comprobei, espero que o autor, de habelo, non tome isto como algo persoal) ninguén me debería dicir que non podo. Pero poderiamos dar mensaxes coas preferenzas, igual que Jim Walles di cousas como "mellor calidade que cantidade".

  • Ti mesmo xa te das a resposta en parte das túas dúbidas, pero polo xeral; moita xente que compra unha enciclopedia gustaríalle que aparecese o seu concello e, a poder ser, o seu pobo ou aldea. Emporiso nos leva a pensar que neste proxecto ai que traballar o 50 % en metade, unha parte para a casa en outra de cousa allea. Se tí elixes copiar dende fora para o proxecto, é eleción túa, pero no esquezas de verifica-los datos con outras fontes de orixe (outras wiki's, enciclopedias de papel, libros sobre o tema, artigos e prensa, e como non, tamén en cd's). Trátase con elo de minimiza-los erros verquidos por outros usuarios aposta ou sen causa de coñecemento e, de paso, se é posibel, amplia-lo contido do artigo. Saudos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 06:02, 17 setembro 2006 (UTC)
Non acabo de ver o problema... --Adalbertofrenesi(fala) 06:03, 17 setembro 2006 (UTC)
  • Con deixar que a xente escolla o tema que quera, xa irá a cousa variada...Pois non se trata de ser un "catálogo de cousas galegas", nin ser unha mera traducción ó galego doutras wikis,...por iso está bem o de que cada cal faga o artigo do que máis lle pete. Un pode ser moi "galeguista", e face-lo todo sobre galiza, e outros máis cómodos ou prácticos e traduci-los...todo iso mellorará por igual esta wiki.

saúdos.--Luimipi 09:36, 19 outubro 2006 (UTC)

Colgado por user:Oscarpc21 na zona de probas:Editar

Recomendacións para nomear unha nova páxinaEditar

  • Asegurádevos de que o nome que ides elixir é único. Se xera un artigo novo e desexa asignarlle un título que se corresponde con outros conceptos, susceptibles de ser tamén artigos, non utilice ese nome en exclusiva para o seu artigo, elixa no seu lugar un nome alternativo, a ser posible de uso común, para que se diferencie dos demais.
  • Fai redireccións. En xeral, os artigos deberían residir no nome máis comúnmente empregado para o tema sobre o que o artigo fala. Outros nomes menos utilizados, pero que poderían ser referidos, deberían nomearse no artigo e ser páxinas de redirección.
  • Vixía os acentos gráficos cando fagas un título porque é fundamental sobre todo nos casos nos que unha palabra cambia de significado segundo leve til ou non.
  • Nomes de persoa. Utilice o nome máis coñecido pero á vez máis completo da persoa. Se hai nomes alternativos, pseudónimos, se a ortografía é variable ou o nome se pode escribir habitualmente en varias linguas, escoller a forma máis corrente en galego, e facer redireccións desde as outras.
    • Se unha persoa é máis coñecida polo seu nome artístico ou pseudónimo, emprégao para nomear o artigo.
    • Para nomes en galego e castelán, usar as dúas maneiras, sempre que sexa posible. Tamén é conveniente facer unha redirección.
  • Topónimos. Emprega as versións galegas dos topónimos do territorio de fala galega (Ourense, Sanxenxo ... e nos que non se fala galego pero existen topónimos galegos que se usan tradicionalmente (Xapón, As Palmas ...) emprégaos no título e engade un guión e o nome no idioma local. Exemplo: Xapón - 日本

Despois haberá que redireccionar os artigos co nome no idioma local para facilitar as buscas.

  • Seres vivos. Emprega os nomes en perfecto galego, e se non sabes a forma correcta dalgunha especie pregúntaa ós outros usuarios da Galipedia.

Non sei se o facía conscientemente, pero o lugar para colocalo é aquí. --Sobreira (parlez) 23:45, 16 outubro 2006 (UTC)

AdministradoresEditar

Son algo novo aquí, e de feito nin sequera estou rexistrado. Precisamente por iso, quería saber que tipo de normas se seguen cos administradores: quen pode selo, como pode selo, canto tempo pode selo, cal é a súa tarefa como tal, etc. Así que se alguén ten tempo e ganas, que escriba aquí un paragrafiño coa información. Gracias por adiantado 81.38.143.85 16:26, 18 decembro 2006 (UTC)