Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 13

Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19

Wikipedia comeza a migrar de MySQL a MariaDB editar

http://www.kabytes.com/actualidad/la-wikipedia-comienza-a-migrar-de-mysql-a-mariadb/?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=Feed%3A+kabytes+%28Kabytes%29 --Nemigo   17 de decembro de 2012 ás 18:24 (UTC)[responder]

Idioma dos nomes dos partidos políticos estranxeiros. editar

Por que Le Mouvement Normand ten o nome en francés e Unión por un Movemento Popular en galego? Alguén pódeme explicar esta incoherencia? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 27 de decembro de 2012 ás 19:09 (UTC)[responder]

Habería que consultar co editor do artigo... e cos revisores do mesmo. En ambolos dous casos pon o nome en galego e en francés. Noutras wikis tamén empregan unha táctica similar, parece ser (wiki EN). Saúdos --Nemigo   4 de xaneiro de 2013 ás 13:39 (UTC)[responder]

Trasladar os topónimos casteláns ó castelán editar

Na Galipedia protestouse moitas veces porque na Wikipedia en español non respectan os topónimos galegos e os españolizados usando referencias absurdas. Pero na Galipedia faise o mesmo como con Guadalaxara - Guadalajara, incluso se traducen os mexicanos, Guadalaxara - Guadalajara, México e non se usan referencias. Así que por coherencia hai que deixalos en español, porque non se pode pedir unha cousa e facer outra. Artigos que hai que trasladar.


--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 25 de xaneiro de 2013 ás 10:25 (UTC)[responder]

Eu comprendo a postura, e son partidario de levar a cabo os traslados, mais iso podería levar a trasladar Londres - London a London, París - Paris a Paris, Moscova - Москва a Москва, e Pequín - 北京 a 北京. --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xaneiro de 2013 ás 10:40 (UTC)[responder]
Tes referencias de topónimos de todo o mundo en galego aquí, outros topónimos poden ter outras referencias hai que buscalas, os que non as teñan si se poden trasladar, o resto teñen que quedar como están. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 11:51 (UTC)[responder]
A ver, esta política só sería para topónimos en español, e como moito para idiomas que usen o alfabeto latino. Pois logo non protestedes porque usen La Coruña.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 25 de xaneiro de 2013 ás 21:23 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Non existen paralelismos entre a política de exónimos na wiki ES e na wiki GL. Tampouco ten sentido dicir que en wiki GL se empregue outra política sobre exónimos para que a wiki ES troque a súa. ¿Faran iso? Evidentemente non. Tampouco entendín eso de que se troquen os exónimos en castelán. Pero que castelán ¿o de españa só ou tamén o de América? ¿Habería que chamar Guadalajara á de España e Guadalaxara á de México? Tampouco está claro que pasa cos topónimos portugueses xa que en galego (na wiki GL) pon Valença, mentras que na wiki ES pon Valencia. Hai tamén que lembrar que na wiki GL a toponimia non se "traduce" a feixe. Cartagena chámase igual. --Nemigo   28 de xaneiro de 2013 ás 13:50 (UTC)[responder]

Eu non dixen que por cambiar aquí a norma, a vaian a cambiar na Wikipedia en español, o que quero dicir é que non se pode protestar porque traduzan os topónimos galegos cando aquí se fai con algúns topónimos casteláns.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de xaneiro de 2013 ás 14:27 (UTC)[responder]
É que en eso tamén estás errado. Claro que se pode protestar pola toponimia da wiki ES independentemente da política toponímica da wiki GL (que reitero: non teñen relación entre si). ¿Como non se vai poder protestar por poñer Viana del Bollo, Valle de Oro, El Carballino, Boqueijón, Sanjenjo, Chandreja de Queija ou Isla de Arosa? --Nemigo   29 de xaneiro de 2013 ás 15:24 (UTC)[responder]
Sei perfectamente que son independentes as normas da Galipedia e Wikipedia. Pero é contraditorio que se pida unha cousa na Wikipedia e na Galipedia se faga.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 1 de febreiro de 2013 ás 22:20 (UTC)[responder]
As normas das wikis son idependentes e polo tanto poden ser contraditorias entre si. Por outra banda, os que votaron as normas nun lado e noutro ponen non ser as mesmas persoas polo tanto hai persoas lexitimadas para criticar ambas normas sobre toponimia, unha soa ou ningunha. Aínda que tivesen as mesmas normas poderíase protestar. O importante e se se ten razón ou non, se somos quen de achegar referencias que xustifique o que dicimos. Saúdos. --Nemigo   3 de febreiro de 2013 ás 22:16 (UTC)[responder]
Que si que xa sei que as normas da Galipedia e a Wikipedia son independentes, pero o que quero dicir é que non se pode pedir que usen "A Coruña", cando aquí se usa "Guadalaxara". Porque este é o argumento que usan eles para usar os topónimos en español gl:Wikipedia:Topónimos de España. É verdade que moitos topónimos os traduciron á lixeira, pero o uso de "La Coruña" é totalmente lóxico, debido a que aquí se usa "Guadalaxara".


Nemigo, non sei a que Valença te refires, pero todas as Valença portuguesas, teñen o nome en portugués. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de febreiro de 2013 ás 21:17 (UTC)[responder]

Páxinas de homónimos sen existir ningún artigo da lista editar

Pódense crear páxinas de homónimos sen que non exista ningún artigo da lista, como en Varchavianka (homónimos). E para máis inri, usa a aclaración "(homónimos)" sen existir a páxina Varchavianka. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de febreiro de 2013 ás 20:23 (UTC)[responder]

  Feito! Cambiei Varchavianka (homónimos) a Varchavianka. --Xas (conversa) 3 de febreiro de 2013 ás 22:18 (UTC)[responder]

Exotopónimos editar

Ola, creei unha proposta de revisión da política de exotopónimos. Creo que paga a pena que reflexionemos sobre este tema. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 14:04 (UTC)[responder]

Boas. Creo que estando no ano 2013 a norma ou política Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos non pode estar sen oficializarse. Así que creo convinte abrir nos próximos días unha votación para a súa aprobación, pero antes habería que incluír algunha norma, no caso de faltar, e redactar mellor a páxina.

Tamén creo que hai que cambiar o título da páxina por Wikipedia:Convencións dos títulos, xa que esta norma tamén terá directrizar os títulos doutros espazos de nomes, como as categorías.

Unha das normas polémicas e a dos títulos sobre seres vivos, xa que agora mesmo están en galego, pero hai xente que cree que deben estar no nome científico, así que na votación crearanse dous apartados, un para votar toda a páxina e outra para a directriz dos títulos sobre seres vivos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de abril de 2013 ás 14:11 (UTC)[responder]

Estaría ben facelo, pero a política aínda ten algo de traballo de expansión por facer. Cómpre acabar de darlle os retoques para cubrir os máis casos posibles. --Toliño Fala aquí comigo 12 de abril de 2013 ás 07:57 (UTC)[responder]
Pois proponas, a min non se me acorren. :) E que opinas de cambiar o título da páxina para que tamén directice os títulos das categorías, como o apartado Uso de xentilicios. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 20:24 (UTC)[responder]
Usuario:Vivaelcelta, estamos a tentar organizar todo isto, e ir oficializandoa pouco a pouco. Polo de agora temos Wikipedia:Nomes propios de persoas en votación; e Wikipedia:Nomes de infraestruturas, Wikipedia:Títulos dos artigos sobre música clásica e Wikipedia:Transliteracións en proceso de consenso. --Norrin (Fálame) 16 de marzo de 2014 ás 14:53 (UTC)[responder]

As normas escritas en Wikipedia:Elección de administradores, din o seguinte:

Consideraranse válidos os votos asinados e emitidos por usuarios rexistrados, exceptuando o voto do candidato, que cumpran os mesmos requisitos esixidos en Wikipedia:Votacións no momento en que na Galipedia haxa un verificador de usuarios. Mentres non haxa un verificador de usuarios, serán precisos 4 meses de antigüidade e 700 edicións.

Pero como na Galipedia non hai ningún verificador de usuarios, na votación de Elisardojm incumpríronse as normas, porque Brathxa (conversa · contribucións) e Sernostri (conversa · contribucións) non chegaron ás 700 edicións. Neste caso non ocorre nada, porque conseguiría a maioría igualmente, pero para a próxima vez hai que sabelo. E tamén se incumpriron porque a votación debe durar 15 días, e non 30 como durou. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 00:32 (UTC)[responder]

Acabo de abrir esta votación para cambiar a hora predeterminada da Galipedia. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 15 de abril de 2013 ás 06:38 (UTC)[responder]

Acabo de abrir esoutra votación para modificar algún puntos das normas de Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 20:52 (UTC)[responder]

Só lembrar que Usuario:Xabier_Cid abriu a votación de mudanza da norma de exotopónimos. --Norrin_strange (Fala-me) 21 de maio de 2013 ás 12:27 (UTC)[responder]

Nacionalidade dos galegos editar

Desfixen as edicións de 83.165.62.125 que adicábase a engadir o marcador   nas caixas de información. Aínda así, teño dúbidas, pois é ben certo que non engadiu información errónea. Desfixen as súas edicións por spam, mais quero saber se existe algunha política ou convención. --Norrin_strange (Fala-me) 11 de xuño de 2013 ás 15:17 (UTC)[responder]

  • Xabier Cid explicou de xeito maxistral cal é a convención sobre este tema que se emprega na Galipedia. En numerosas ocasións tamén Atobar cansou en lles explicar pacientemente a ips anónimas que se empeñan neste tipo de cambios como se xestiona este asunto na Galipedia, ips que, por certo, realizan este tipo de edicións periodicamente. Moito me temo que xustamente a acusación de politización que esta ip lanza sobre a comunidade da Galipedia sexa a folla de ruta que a guía a ela mesma e a estoutra (son a mesma?) nas súas contribucións. Certamente, é un tema vén tan de vello que xa cansa sempre a andar a explicar sempre o mesmo. Por outra banda, cómpre analizar ata que punto non contravén as regras polas que todos nos rexemos e acatamos as edicións repetidas e continuadas nunha mesma dirección sabendo que as normas de convivencia da Galipedia apuntan cara a outra. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 11 de xuño de 2013 ás 15:32 (UTC)[responder]
  1. Existe o precedente de Galicia/Galiza que non pode ser trocado. O primeiro editor/creador do artigo fixa ese norma. Se puxo Galiza queda Galiza se puxo Galicia queda Galicia --Nemigo   11 de xuño de 2013 ás 15:53 (UTC)[responder]

Lingua das citas editar

Estiven a ler o artigo Galicia na Segunda Guerra Mundial e vin que aparecían citas en castelán (refírome a citas textuais). Entendo que a Galipedia é unha enciclopedia en galego e xa que logo ditas citas deberían ser traducidas. Non sei se hai unha política para isto, pero se traducimos as citas en ruso (por exemplo) supoño que tamén teremos que traducir as citas en inglés, castelán e portugués, ou imos facer unha excepción nestas dúas co argumento de que todos entendemos ditas linguas? Saúdos! --Norrin_strange (Fala-me) 26 de xuño de 2013 ás 07:41 (UTC)[responder]

  1.   Concordo con traducilas, non lle vexo moito sentido a traducir unhas si e outras non. Piquito (conversa) 26 de xuño de 2013 ás 08:19 (UTC)[responder]
    Púxenlle a cita en castelán, porque anteriormente se me cambiara unha cita en galego por a orixinal en portugués, non sei se hai algunha política ao respecto, pero, por exemplo, nas citas en galego non se corrixen os erros ortográficos, póñense igual. Pódese ver no artigo de Castelao. --JaviP96 26 de xuño de 2013 ás 22:39 (UTC)[responder]
  2.   Concordo. Concordo con que deben ir en galego. A cita orxinal na wiki en inglés creo que a teño visto posta algunhas veces como referencia.--Adorian (conversa) 27 de xuño de 2013 ás 08:05 (UTC)[responder]
  3.   Concordo. Eu adoito traducir as citas ao galego e deixar nas notas a cita orixinal. Os modelos de citas adoitan ter un parámetro |cita= para indicar tal cousa. No caso das citas en galego, coido que non é necesario corrixir os erros debido á non normalización da lingua. Noutros casos, abonda con empregar {{sic}}. --Toliño Fala aquí comigo 27 de xuño de 2013 ás 10:46 (UTC)[responder]
  4.   Concordo E penso que esta xa era unha norma pero ó mellor aínda non estaba escrita. As citas en galego non normativo, e que sexan textuais, penso que non ten senso arranxalas, enténdense perfectamente e están en galego, e se se indica claramente que é unha cita o lector xa ten que se decatar da situación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2013 ás 09:36 (UTC)[responder]
  5.   Concordo --Atobar (conversa comigo) 2 de xullo de 2013 ás 17:34 (UTC)[responder]
  6.   Concordo --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de xullo de 2013 ás 18:47 (UTC)[responder]

Títulos dos artigos editar

Boas! Temos normas para os títulos dos libros e dos filmes, mais dun tempo para aquí pensei en crear artigos sobre ballets (curiosamente ata hai uns días non había ningún, nin os máis famosos de Tchaikovsky), mais atopeime cun problema cos títulos. O único que temos ata o momento, Petrushka, non presenta ningún problema, mais pensando precisamente en Tchaikovsky pensei que sería oportuno acordar cómo deben ser os títulos dos seus ballets: en ruso ou en galego. Persoalmente opino que sempre co título orixinal (sexa ruso, francés, ou calquera outro) e o título en galego redireccionando cara el, por exemplo: O paxaro de lume ---> L'Oiseau de feu. Nos casos nos que o compositor sexa ruso (por exemplo) e o ballet se estreara en Francia propoño que o título sexa en francés (lingua da estrea), de xeito que sería L'Oiseau de feu e non Zhar-ptitsa nin O paxaro de lume. Se ninguén ten inconvinte procederei así no futuro. Un saúdo, Piquito (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 20:43 (UTC)[responder]

É unha decisión difícil, porque recoñezo que as óperas e os ballets son un caso especial, pero eu creo que a norma xeral nas obras artísticas é traducilas. Así, o título tería que estar en galego (traducíndoo do orixinal), e o orixinal debería estar redireccionado cara ao título en galego. Iso creo que é o que se fai de forma xeral con libros, películas, etc. Diríase "O rei Lear" de Shakespeare, e non King Lear, que, en todo caso, estaría redireccionado a "O rei Lear", ou "A orixe das especies" de Darwin (On the Origin of Species). Igual coas películas, nas cales ás veces hai un título comercial co que se estreou aquí (no cine ou na TVG), que ás veces non coincide co título orixinal traducido. Igual cos cadros pictóricos e outras obras: Lección de Anatomía de Rembrandt, O grito de Munch, A virxe da rocha, As meninas, O nacemento de Venus... De todos modos, recoñezo que coa música escénica moitas veces se usa o nome orixinal: La Traviata (e non a descarriada), La Bohème, Cossì fan tutte, Un ballo in maschera, etc., pero non sempre é así, porque é común oír O lago dos cisnes, O príncipe Igor, A consagración da primavera, etc. Moitas óperas teñen títulos de nome propio, que xa non se traducen: Turandot, Aida, Manon... Nas obras de música normalmente si se traducen: Sinfonía do novo mundo, as catro estacións, O soño dunha noite de verán, Sinfonía Italiana, O cisne de Tuonela, etc. Miguelferig (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 19:33 (UTC)[responder]
Creo lembrar que aí atrás alguén fixo unha pregunta semellante, sobre os cadros e demais obras plásticas. É un tema complicado, e debariamos pensar nunha norma, que de momento non existe. Si sabemos qué facer cos libros e coas películas (en orixinal, agás que exista a obra co título traducido pola TVG [cinema], editado ou representado). --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de agosto de 2013 ás 21:13 (UTC)[responder]
Si, preguntei eu polo título dun cadro que estaba en galego, non me lembro agora cal e non teño tempo a buscalo, e quedou a cousa en que había que pensalo. Miguel non sei se che entendín ben pero os títulos de películas e libros que non sexan en galego, ou non teñan tradución en galego, levan o título no idioma orixinal, por exemplo Criminal Minds e todo o resto de series americanas. Polo menos esa é a norma ata o de agora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 22:07 (UTC)[responder]
Para o meu entender as óperas non son un problema, xa que hai un texto que está nunha lingua concreta e é lóxico que o título sexa o orixinal nesa lingua, xa que unha ópera non se vai (non se debería alo menos) traducir ao galego. O único caso de título dunha ópera que non está na lingua orixinal é O amor das tres laranxas, e o fixen deste xeito porque hai dúas versións (francés e ruso) e as dúas son representadas. No caso do ballet non hai un texto, ese é o problema. Piquito (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 22:10 (UTC)[responder]
Estaría ben actualizar e ampliar a páxina Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos para que contemple este tipo de casos. No exemplo que se cita, non paréceme ben ter L'oiseau de feu como título, con Zhar-ptitsa como redirección (mesmo unha redirección desde o nome coa escritura rusa: Жар-птица). É dicir, o título na lingua de estrea, con redirección desde o título orixinal da obra. --Toliño Fala aquí comigo 6 de agosto de 2013 ás 09:28 (UTC)[responder]
Non sabía que houbera xa tantas cousas acordadas sobre iso (culpa miña, claro, que non sempre leo todas as normas). Vou ter que aprender como se di en holandés "A moza da perla", ou "A leiteira" (cadros de Vermeer) para teclealo se o quero procurar. Ou como se di "A crítica da razón pura" en alemán ou "Crime e castigo" en ruso, e xa non digo nada dos libros en xaponés ou turco de Kenzaburu Oe ou de Amin Maalouf. Non sei como se dirá a pelicula "Os sete samurais" de Akira Kurosawa en xaponés ou como se dirá en danés "Pelle o conquistador" (gañou un Oscar). Penso que como mínimo debería haber unha redirección co título en galego. As óperas recoñezo que son un caso á parte, porque se cantan no idioma da composición.Miguelferig (conversa) 6 de agosto de 2013 ás 15:58 (UTC)[responder]
Miguel, coas óperas xa se pode procurar polo nome en galego (mira A noiva vendida, que te leva ao título en checo), non sei o que se fai con cadros, libros ou películas (debería informarme, seino). En ningún caso digo que os ballets non se podan procurar polo nome en galego, o que pregunto é cómo debería ser o nome da páxina, lóxicamente, se se decide que o título sexa o orixinal terá que facerse unha redirección dende o título en galego, porque moitos usuarios (incluído eu) non sabemos cómo se di O cascanoces (ou crebanoces?) en ruso. Piquito (conversa) 6 de agosto de 2013 ás 17:27 (UTC)[responder]
Miguel non terías problema para atopar os artigos que mencionas na Galipedia, ó poñer o nome en galego aparecerá o artigo na lista da procura xa que os artigos, ainda que teñan o título no idioma orixinal, no corpo do artigo deben conter a tradución ó galego e con iso o buscador xa os atopa. As obras en xaponés, ruso, etc, non levan o título na escrita orixinal pero deben transliterarse obviamente. Polo que di na convención de títulos de artigos todas as obras artísticas deben levar o nome no idioma orixinal no título, a non ser que houbese estrea en galego que levarían o nome da estrea en galego. Pero hai que ter en conta que isto non é unha política, ó mellor habería que revisala, comentala, consensuala e votala como política... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de agosto de 2013 ás 19:10 (UTC)[responder]
A política de títulos vai directiña á miña páxina de tarefas pendentes, pero non prometo nada a curto prazo. --Toliño Fala aquí comigo 28 de agosto de 2013 ás 20:20 (UTC)[responder]
Por outra banda temos que ter en conta unha cousa: se un libro (por poñer un exemplo) con título nunha lingua extranxeira non se editou en galego, entón nós non podemos poñer o nome do artigo dese libro en galego xa que estaríamos a inventalo e a Galipedia non pode ser fonte primaria (política oficial da Galipedia). Eu penso que con todas estas obras de arte debemos poñer sempre, se non hai tradución ó galego, o título no idioma orixinal e logo, no comezo do artigo poñer o título en galego. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 00:42 (UTC)[responder]
E revisando agora a norma de convencións de títulos decátome que di que esculturas, cadros, edificios etc., utilizarase como norma o título en galego, mantendo como excepcións denominacións características doutras linguas (La maja desnuda, Notre-Dame de París). Por tanto, segundo iso, o problema que había co cadro xa non é. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2013 ás 10:14 (UTC)[responder]

Dúbidas sobre exotopónimos editar

Veño de recategorizar as localidades e cidades de Finlandia, mais atopeime cun asunto que penso debemos solucionar. Ao recategorizar as cidades de Åland (só temos a capital), vin que o seu nome na nosa wiki aparece como Maarianhamina (nome en lingua finlandesa), mentres que o nome Mariehamn (en sueco) redirixe ao nome finlandés. Non me parece moi lóxico se asumimos que en Åland a única lingua oficial é a sueca, se lle sumamos que máis do 80% da poboación da cidade é suecofalante [1] (no primeiro cadro se busca Maarianhamina - Mariehamn, no segundo, no terceiro, e no sexto se deixa na primeira opción, se marca o ano 2012, e en "Kieli" márcase "Ruotsinkieliset", o resultado dá máis de 9.700 falantes para o 2012), na web da cidade únicamente hai referencia ao topónimo sueco (de feito a páxina é monolingüe en sueco) [2], o sitio web www.aland.ax (sitio web oficial da rexión) é bilingüe en inglés e sueco (nada de finlandés)... Penso que se deixamos o título como Maarianhamina deberiamos indicar cunha referencia que é a denominación en galego, se non existe este topónimo en galego penso que deberiamos invertir a redirección e deixar o título como Mariehamn e Maarianhamina como redirección. Eu só vin dous casos nos que o nome da cidade estivera escrito en finlandés (non quere dicir que non haxa máis): nalgunhas wikis, e nun aeroporto finlandés. Que facemos? Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 10:58 (UTC)[responder]

Despois da máis dunha semana da proposta non houbo ningún usuario que achegara ningunha fonte que indique que o topónimo en galego sexa Maarianhamina, polo que procedo a solicitar a un administrador que invirta a redirección. Piquito (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 08:14 (UTC)[responder]
  Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 10:42 (UTC)[responder]