Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 2

Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19

Toponimia: Nomes de cidades de países con varios idiomas oficiais

editar

Este fío de debate pretende clarexar como nomear as páxinas correspondentes a cidades de países con varias linguas oficias (como o caso de Suíza e outros), ata agora o criterio foi idioma máis falado do país ou idioma máis significativo. No caso de Suíza iso non parece suficiente, polo tanto, hai que abrir un periodo de debate e posterior proposta de política sobre o tema. Material de traballo: Suíza - Schweiz , Xenebra - Genève, Portal da Confederación Helvética. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:50, 18 Mar 2005 (UTC)

Proposta de engadido a Wikipedia:Política e normas:Toponimia: No caso de estados confederais (coma Suíza) o título da páxina (para as cidades ou a entidade de poboación correspondente) sera nome galego - nome oficial no estado confederado do que se trate. O título da páxina correspondente ao país incluirá o idioma máis falado nese país (exemplo: Suíza - Schweiz). A regra do idioma máis falado non se seguirá naqueles casos onde sexa máis importante utilizar o idioma máis significativo do país (coma en Irlanda - Éire). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:20, 18 Mar 2005 (UTC)

  • Estou de acordo, pero considero que debería ser empregado non só para estados confederais, hai moitos estados con réximes lingüísticos peculiares: nas Aland que pertence a Finlandia a única lingua oficial é o sueco, de feito só poden entrar as leis finlandesas na forma sueca, a versión finlandesa non ten valor legal nas Aland, e fóra das Aland cada concello pode decidir a forma ou as formas oficiais, e Finlandia non é un estado confederal. Penso que debería ser máis xeral e que nas cidades se debera empregar a forma galega e a forma oficial. E o que si habería que debater é que utilizar cando hai máis dunha forma oficial nunha cidade.--Rocastelo 18:31, 18 Mar 2005 (UTC)
  • Retoque de proposta de engadido a Wikipedia:Política e normas:Toponimia: No caso de estados confederais (coma Suíza) ou lugares con réximes lingüísticos peculiares (exemplo: nas Aland que pertence a Finlandia a única lingua oficial é o sueco) o título da páxina (para as cidades ou a entidade de poboación correspondente) sera nome galego - nome oficial do lugar do que se trate. O título da páxina correspondente ao país incluirá o idioma máis falado nese país (exemplo: Suíza - Schweiz). A regra do idioma máis falado non se seguirá naqueles casos onde sexa máis importante utilizar o idioma máis significativo do país (coma en Irlanda - Éire).|| Queda pendente de decidir que utilizar cando hai máis dunha forma oficial nunha cidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:43, 18 Mar 2005 (UTC)
  • Coido que, ou ben somos 'dictadores' ou ben nos amoldamos un pouquiño. Para entendernos, ser dictadores implicaría no noso caso relegar 'Galiza' só ó ouso na entrada correspondente. Amoldarnos implica unha certa indefinición, pero que contempla casos particulares como o das Aland ou o poñer Suiza en alemán pero Xenebra en Francés. Creo que esta é a liña máis lóxica, aínda que de cando en cando poida xurdir algunha discusión (o que non se daría no outro caso).--Agremon 09:27, 22 Mar 2005 (UTC)
  • Coido que se segue a remoer no tema, e por moito que se diga, seguirase, dende logo nonlle falta razón a Agremon, pero coido que o que se esta a facer el lia-lo buscador para aquela xente que o queira empregar e vai chegar o día en que por moito que se lle poña por exemplo: Suíza, no vai atopa-lo tempo. A mellor enciclopedia é a máis sinxela; eu prefiro poñer no enuncido do título Suíza a secas ainda que no interior do artigo ofreza o mesmo vocablo posto a varios idiomas. O que queira saber como se dí o país en xaponés, que lle entre o artigo e lle vote unha ollada.--Xelo2004(talk) 15:08, 22 Mar 2005 (UTC)

Costa ebúrnea

editar

Vin que cohabitan dúas denominacións do país africano: Costa do Marfil e Costa de Marfil, eu coido que esta última é a correcta, ¿cal se debe utilizar? Un saúdo. --Adalbertofrenesi(talk) 21:01, 31 Mar 2005 (UTC)

  • Segundo os dicionarios galegos que consultei é Costa do Marfil a forma correcta, e o xentilicio é marfilés ou eburniense.--Rocastelo 21:18, 31 Mar 2005 (UTC)
  • Aprezo que a xente ten bon humor. Asi traballa-se mellor, ainda que coas choivas deste ano non estexamos moi "ebúrneos". Xosé(Falarlle) 22:02, 31 Mar 2005 (UTC)

¿Portugués ou galego? Galego

editar

Quero deixar constancia e chamar a atención das inoportunas colaboracións na Galipedia en lingua portuguesa. Unha cousa é que se acepten certos xiros lusistas, cousa que guste ou non é así e punto. Outra moi distinta é directamente escribir en portugués. Sen dúbida para iso está a wikipedia en portugués.

  • No artigo portugués, unha persoa -o paracaidista que caeu por aquí non hai moito-, fixo unha acotación do estilo: "...para consultar outra opinión sobre a lingua portuguesa, ver Língua portuguesa". A Galipedia non está para "consultar opinións" ¿ou estou eu trabucado? e por suposto que non está para que haxa erros nos títulos das entradas (lingua en galego non se acentúa).
  • Se esta persoa continúa a facer terrosimo galipédico habería que plantexar a posibilidade dun baneo da súa IP.--Adalbertofrenesi(talk) 14:44, 6 Abr 2005 (UTC)
  • A Wikipedia en lingua galega como o seu nome indica ten que ser en lingua galega na normativa oficial, sexa cal esta sexa, quen pense que a norma culta do galego é a portuguesa (unha opinión tan respectable como calquera outra) que sexa coherente e participe na Wikipedia en portugués. E non podemos facer da Galipedia un espello da Wikipedia en Portugués, tan só se deben traer páxinas do portugués (ou do castelán ou calquera outra lingua) se hai intención de as traducir, caso contrario débense eliminar.--Rocastelo 16:20, 6 Abr 2005 (UTC)

América Central ou América Central e Caribe

editar

Ola, ¿cal considerades que pode se-la mellor entrada?

  • América central
  • América central e Caribe
  • Eu inclinaríame por crear dúas entrada diferentes, América central e Antillas, penso que o nome de Antillas é mellor que Caribe.--Rocastelo 19:59, 7 Abr 2005 (UTC)
  • Sí. Por Caribe non só se entenden as Grandes e Pequenas antillas, senón que tamén Venezuela, e as Güianas. Coido que o mellor será aunar no bloque grande de América central a países caribeños (excepto os de sudamérica) e centroamericanos. E a maiores facer entradas con antillas, caribe, etc, pero que non estean ó nivel de Europa, Asia,... .--Adalbertofrenesi(talk) 20:29, 7 Abr 2005 (UTC)
  • Penso que o termo América central xa engloba aos países caribeños, tanto insulares como continentais. Así dividimos América en A. do Norte, A. do Sur e A. central. E as Antillas poden ser unha subcategoría deste último. Un amigo: Xaguar 20:58, 7 Abr 2005 (UTC)

Ligazóns apra os elementos químicos

editar

(Pasado da páxina de discusión Conversa:Táboa periódica dos elementos)

  • Por que as ligazóns dos elementos son tan heteroxéneas? Hai, por exemplo "H_(elemento)" e "Estroncio_(elemento)". Nos dous casos deberia ser, simplemente, Hidróxeno e Estroncio. Penso que non é preciso aclarar que estes (case todos) son exclusivamente elementos químicos e non vexo por que se optou nalguns casos porque a entrada principal sexa o símbolo. Os símbolos serían entradas secundarias, que normalmente tampouco precisan da aclaración "(elemento)" e que serian redireccións para o artigo co nome completo. Xosé (✉) 18:53, 13 xullo 2005 (UTC)
  • O H tamén é o símbolo do Henrio (unha medida eléctrica) a discusión sobre os elementos químicos a empezáramos xa hai tempo e debería de ser discutida entre todos no caso de que alguén queira comezar a pór orde. Polo de agor, eu coido que se poden ir facendo algúns artigos que logo xa se moverán opu ligaran do xeito correcto. Un saúdo. --Adalbertofrenesi(fala) 19:09, 13 xullo 2005 (UTC)
  • Abondo despois de comezar co tema dos elementos, xurdiu o tema do nome. Na actualidade está abondo asentada, aínda que como quedan moitos elementos por cubrir seguirémonos atopando co tema durante tempo. A cuestión é que "Hidróxeno" é H2, mentras que H é "Hidróxeno atómico" ou "elemento Hidróxeno". No tema do símbolo creo quen razón Adalbertofrenesí, e que débese tender a facer as ligazóns de tipo H e H2 (ou ben H (elemento)). Particularmente, comecei a facelo, pero esta tempada non estou co tema. Unhaq nota: Vou poñer unha copia en Wikipedia:A Taberna (políticas) para continuar alí a posible discusión.--Agremon(contacto) 11:41, 16 xullo 2005 (UTC)
  • Eu sinceramente penso que é mellor usar "Hidróxeno_(Elemento)|Hidróxeno" "Estroncio_(Elemento)|Estroncio" porque expresan moi ben que son elementos. Deste xeito evitamos todo tipo de conflictos. Hoxe estiven traballando na entrada do Bohrio e falábanse de conflictos co elemento de número atómico 5 e símbolo B que en castelán se chama "Boro". Como tiña que poñerlle o nome ó final púxenlle "Boro", pero non sei se está mal ou non. Unho 10:51, 27 xullo 2005 (UTC)


Estiven vendo en [1] unha estructura de artigos apra os ríos que me gustou. Os nosos son moito mái spequenos, pero pódese tender cara a eso. Entón, vixiei a lista de ríos do artigo río e vin que por exempo, hai 3 Río Pequeno e nin río nin regato de Vilaselán. Para tentar de mellorar esto, tedes referencia de algunha lista para poder poñer ben os ríos? parécevos ben facer unha 'traslación' da estructrua para os nosos ríos?

  • Na wikipedia inglesa teñen algúns artigos moi completos sobre os ríos, non estaría mal ter unha información tan exhaustiva aquí. O que si xa temos é un xerme de modelo en Modelo:Río info que habería que ampliar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:09, 7 agosto 2005 (UTC)

Unha proposta sobre as fotos: se son orixinais (é dicir, é a primeira vez que se usan, poderían estar datadas. Estou aplicándoo nalgunhas e creo que non é mala idea, aínda que baixe un pouco da calidade da foto, pois da tamén máis datos sobre ela.--Agremon(contacto) 22:29, 21 agosto 2005 (UTC)

  • Eu no me amosaría moi dacordo co tema das datas impresas na foto (ou eso pareceme entender) xa que polo xeral soe poñerse na "PD" xunto con alguns datos do autor. Ademáis sempre hai que poña a pega ou o pretesto de que nunca se actualiza a foto, ni que a persoa que a pon na rede no tivese outra cousa a que adicarse namáis que a fotografía (que non vos pareca mal iste aspecto, pero é a miña forma de velo tema). --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:27, 21 agosto 2005 (UTC)
  • É boa idea engadir a data en que foi feita a foto aos datos da páxina de descrición. Penso que engadir a data na propia foto desvirtúa o resultado, outra cousa sería que a información fose no arquivo da foto pero non na foto, é dicir, como unha pequena banda engadida ao ficheiro de imaxe (esta solución parece que complica o traballo). Por outra parte, as cámaras que soportan o formato EXIF engaden esa e outras informacións no ficheiro que poden extraerse cos programas oportunos e MediaWiki comeza a integrar os datos EXIF. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:03, 24 agosto 2005 (UTC)

Categorias

editar

Saudos, como é que se establecen as categorias? Na miña opinión a Estatística debería figurar coas Ciencias Matemáticas entre as que tamén están a Alxebra, a Xeometria ,etc Unha aperta

  • Hai moitas ramas de categorías que están sen desenvolver. Para iso temos establecido un proceso de proposta e debate que se realiza na páxina Wikipedia:Wikiproxecto Categorías. Para engadir unha rama ao debate, no apartado Categorías en proceso de debate engádese o seguinte texto [[Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/nomedacategoría]] sustituíndo nomedacategoría pola categoría de que se trata, por exemplo: Matématicas. Logo segues o enlace creado e nesa páxina propós as categorías relacionadas. Podes ollar os exemplos das categorías aprobadas para ver o formato. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:08, 12 outubro 2005 (UTC)

Guerras

editar

Deime de conta de que I Guerra Mundial é unha redirección a Primeira Guerra Mundial, mentras que Segunda Guerra Mundial é unha redirección a II Guerra Mundial, ¿non credes que deberiamos establecer algunha regra para nomear ás guerras para así lograr unha maior homoxeneidade? Saúdos --Alyssalover(fálame) 20:17, 3 novembro 2005 (UTC)

Pois a verdade e que si. O miolo do asunto é decidir cal escoller, eu propoño as que levan números romanos porque creo que así é o xeito máis utilizado (non estou seguro). De todolos xeitos, que dicides vos? --O TeRMi 15:46, 2 xaneiro 2006 (UTC)

Eu creo que sería mais útil poñe-lo título dos artigos completo, paréceme que resulta máis informativo. En todo caso, creo que, neste caso concreto, é máis utilizado o nome completo. Porén, noutros casos, é máis común o uso de números romanos (p. ex., nas Guerras Médicas) e incluso hai un caso de dúas guerras que deberían ter nome común e teñen dous diferentes: a Guerra de Iraq debería chamarse II Guerra do Golfo (as tropas penetraron neste país principalmente a través do Golfo Pérsico).

¡Que complicado é isto da nomenclatura, ¿verdade?! Saúdos: un colaborador anónimo da Galipedia 83.42.42.15 21:01, 27 febreiro 2006 (UTC)

Fixen a traducción da Política de privacidade da versión inglesa. coido que todo o mundo que se apsa pola Taberna deber botarlle unha ollada (e se algo vos sona mal, comprobar a súa traducción/redacción). Saúdos.--Agremon(contacto) 10:46, 5 decembro 2005 (UTC)