Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 8

Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Caixas de usuarioEditar

  1. ¿Están permitidas (Usuario:Carronada)?
  2. ¿Permítese a expresión de convicións relixiosas ou ideolóxicas na páxina de usuario substituíndo o formato das caixas por outro diferente (Usuario:Carronada, User:Estevoaei)?--Saúdos e grazas. Xan de ningures 15:08, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Creo que nin están prohibidas, nin permitidas, sinxelamente non se contemplan en ningunha política que eu lembre. Persoalmente eu son contrario a caixas de contido político, relixioso ou social, xa que poden prexudicar a relación entre usuarios. Outras caixas non creo que dean problemas como o de se tal usuario é de tal sitio, ou cousas semellantes. Certamente é un tema complicado, porque as caixas están feitas en subpáxinas de usuario.
Outra cousa é o poñer ideas políticas ou relixiosas na páxina de usuario sen ir en caixas, aí considero que mentres non sexan ofensivas non se debe entrar. Polo tanto considero que nas caixas, non sendo partidario das que conteñan contido político-relixioso, hai que facer algunha norma para actuar se é que se quere así. Alberte Si, dígame? 16:21, 16 xaneiro 2009 (UTC)
O asunto é propio de wiki. O que se fai polas outras wikis podenos axudar a resumir o conxunto da problematica e favorecer que a comunidade da Galipedia esamine o problema con amplitude de elementos.
Na wikipedia francesa abriouse unha conversa (fr:Wikipédia:Prise de décision/Recherche d'un consensus sur les boîtes utilisateurs d’opinions) sobre o contido das caixas cos usuariós poden engadir nas páxinas de usuario o 26 de novembro do 2008, que dan lugar a un voto (fr:Wikipédia:Prise de décision/Recherche d'un consensus sur les boîtes utilisateurs d’opinions) con cinco propostas, o voto esta aberto dende o 13 de xaneiro ata o 12 de febreiro 2009. Eu ainda non votei porque ainda no lin ben todas propostas. A ver se se atopa o tema noutras wikis.ElviraConversa comigo 19:05, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Non comprendo que non se comprenda o fondo do asunto. Sen ánimo de controversia, posto que non desexo fundamentar nada pois vale máis un acto ca mil palabras, vou colocar, como medida "profiláctica" na miña páxina de usuario un par de imaxes (e un par de frases que sirvan como argumento de autoridade) para mostrar o que pode ser o futuro da Galipedia e a controversia que pode haber se se permite o que se nega en Wikipedia:Caixas de usuario. Nesa páxina dise: "aquelas caixas que fan referencia a crenzas, opinións, afeccións, ideoloxía,... comprometen a neutralidade.

Solicito ós administradores que me prohiban exhibir secuencias tanto en contra do anarquismo (como resposta a Estevoaei) como a favor de ETA (En resposta a Carronada). Quede claro que se fago isto será por unha medida "profiláctica", non por manifestar a miña ideoloxía, pois a miña ideoloxía non ten por que ser necesariamente esa--Saúdos e grazas. Xan de ningures 20:20, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Polo momento decidín rirme un pouco de min mesmo, tomar todo a "coña", e colocar na miña páxina de usuario unha caixa que ligue con esta discusión e que -creo- pode tamén exemplificar para que poden valer as caixas de usuarios--Saúdos e grazas. Xan de ningures 21:10, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Eu creo que non debería haber polémica por este motivo, as páxinas son do usuario, e as caixas axudan a coñecer mellor a estos, cada un debería poñer o que quixera, para algo estamos nun pais libre, mentres non se ofenda ós demais. Eu non teño caixas en contra de ETA so unha que non sei onde a atopei, en repulsa polos atentados terroristas sexan de quen sexan e en calquera parte do mundo. O motivo de poñer esa caixa foi simplemente por por algo na paxina de usuario, xa que non me apetece traballar seriamente nela, porque prefiro centrarme nos artigos. De ahí que a miña paxina sexa algo caótica e trapalleira. Saudos--Carronada 21:15, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Desexo aclarar que se me acaba de solicitar que retire unha caixa de usuario (a cal coloquei para que se me solicitase que a retirase) na miña páxina de usuario. Ante a solicitude dixen o seguinte (véxase a caixa na miña páxina de usuario aquí):

Non comprendo. Teño dereito a expresar libremente a miña opinión (iso é o que di aquí Carronada e é o único motivo que aduce para manter as súas caixas de usuario. Ti alí non expresaches o contrario, ¿por que o expresas na miña páxina de discusión?

Eu teño dereito polo tanto a expresar que me sinto gilipollas, que me sinto en contra do mundo, que vou ó revés, que camiño en sentido contrario ós demais, que esa páxina é unha mostra de que non sigo o mesmo camiño. ¿Liberdade de expresión?, eu non creo na liberdade de expresión nin na ausencia da mesma, creo que a vida é máis complexa; pero se alguén é quen de reclamar liberdade de expresión, eu son o primeiro que desexo tela.

Acepto a túa solicitude. Estou disposto a retirar a miña caixa de usuario, mais vou poñer unha condición:

Indícame a política (norma) pola cal debo retirar esa caixa de usuario e aplica esa política a todos os usuarios

--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:10, 16 xaneiro 2009 (UTC)
A ver, está claro que o das caixas é un tema complicado que hai que pensar, pero non creo que axude o dar ese tipo de presión para que acelerémo-lo proceso. Creo que haberá que redactar unhas propostas acerca disto. Antes coido que hai que facer caso a Elvire e mirar o que se fixo noutras wikis máis grandes (xa que nelas suponse que se deron máis situacións, casos, conflitos e conversas e teñen o tema máis elaborado). É certo que cada vez hai máis cousas que se ven necesarias, a medida que medran o número de usuarios, pero as cousas de palacio van despacio, e hai moitas cousas pendentes (e no meu caso achéganse os exames de febreiro). Coido que habería que mirar noutras wikis, e logo facer diferentes propostas a ver se se chega a un acordo (de momento o único que hai é a prohibición de facer ataques ou menosprezar/insultar a outros, tanto nas caixas como en calquera sitio na wikipedia, de acordo ás normas de conduta). Pois iso, que o tema hai que estudalo, debatilo e logo xa adiante. Alberte Si, dígame? 22:24, 16 xaneiro 2009 (UTC)
As miñas xa foron eliminadas--Carronada 22:32, 16 xaneiro 2009 (UTC)


Gostaríame dicir que a actuación do usuario Xan de ningures é moi grave poñendo vivas a ETA na súa páxina de usuario, parece a típica mensaxe de un camorrista polo que leo máis arriba. ¿Non se pode facer nada?. --Kim 22:33, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Xan creo que as tuas formas de actuar non son correctas, podes pedir claramente que un administrador nos faga retirar as nosas caixas de usuario, sen montar este follón, ou incluso pedilo ti mesmo. Non fan falta estos actos, que nos levan a "malos rollos" entre os usuarios, non te tomes as cousas tan a peito home. Saudos--Carronada 22:53, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Grazas Carronada para probar nos feitos a túa vontade de diálogo. Xan para a aplicación pratica de Wikipedia:Caixas de usuario, eu concordo co dito na Conversa Wikipedia:Caixas de usuario. Dende o tempo que o proxecto existe non temos creado unha política. É difícil considerar esta páxina como unha decisión que se aplica. Creo que polo momento un se ten que ter nas regras de boa conduta e todas as regras que rexesen a convivialidad entre nós. Tomemos un pouco de tempo e de reflexión para discutir e rematar nunha regra. A ver si maña somos máis construtivos, e o que eu desexo. ElviraConversa comigo 00:45, 17 xaneiro 2009 (UTC)

Eu son consciente de que as caixas ideolóxicas poden crear mal roio entre nós. Pero confío en que non sexa así. Eu mesmo toleraría que alguén tivese unha caixa pro ETA na súa páxina, aínda que comprendo que non debería facerse. Neste tema procurarei intervir só cando vexa que algunha das miñas caixas podería deixar de ser "legal". --GallaecioE logo? 15:23, 30 xaneiro 2009 (UTC)

PresiónEditar

Un usuario anda a dicir que vai presionar para...Iso non se debería permitir, pódese discutir, pedir, votar pero presionar...É crear mal ambiente, por ese camiño non se vai a ningunha parte.--Biógrafo 23:38, 16 xaneiro 2009 (UTC)
O pior de todo é que o tal usuario:xan de ningures é o burócrata e administrador Usuario:Lmbuga, e iso é sobradamente coñecido por parte dos administradores da Galipedia, e parte dos usuarios,... polo que sabe de sobra que non pode utilizar este tipo de presións, como sabe que non pode ter dous usuarios, un administrador e outro para actividades paralelas... Tamén semella saber que a "normativa" non se lle aplica coma se fose un editor novo que leva menos de dous meses. Kim, Biógrafo e Carronada... recoméndovos que non lle entredes ao xogo... --Xan sen medo 12:03, 17 xaneiro 2009 (UTC)
Concordo en decir ca actuación de Xan de ningures non é correcta. Pola contra faino que poida ser Lmbuga, non é un problema. O usuario Lmbuga volatilizouse e expresara o seu desexo eventual de contribuír volvendo ser anónimo e sen ter as ferramentas de administrador. Non hai actividade paralela. Debemos prestar atención nos falsos procesos, que son xusto rumores. Xan sen medo se acusas de actividade parralèle, vas ao extremo e probas iso que dis, ou presentas escusas. Este xénero de acusación subxectivo e sen fundamento teñen causado moito desastre, e en particular dañaron a Lmbuga. ElviraConversa comigo 12:23, 17 xaneiro 2009 (UTC)
Alén do que dí Elvire, que ten máis razón que Kant, dicir que semella de covardes e penso que é una flagrante violación das normas da Galipedia o feito de crear un novo usuario só para criticar a Xan de ningures. Fryant 13:28, 17 xaneiro 2009 (UTC)
Tamén estou de acordo co que di Fryant.--Biógrafo 13:37, 17 xaneiro 2009 (UTC)
Coincido en parte no que decides: A miña data de rexistro, creo que non coincide con: "o feito de crear un novo usuario só para criticar a Xan de ningures.", feito sinalado polo usuario:Fryant. Procura a cobardía e a mesquindade por outro lado.
A única forma de demostrar que un administrador e burócrata dado de alta [1] está a utilizar outra conta paralela sen cumprir coas normas da wiki é a utilización dun checkuser. Ningún usuario ordinario pode demostrar eses extremos, só analizar os historiais, o feito e o desfeito por cada quen... Expresar en voz alta o evidente non é delito nin vai contra a Crítica da razón pura, non implica espertar Leviatáns, nin mancillar o nome de ninguén.
Elvire pode saber todas as circunstancias da Galipedia, pero os editores novos non teñen que ter ese coñecemento. Se pensases que obxectivizar a situación fose o mellor para Lmbuga serías o primeiro usuario en solicitar un checkuser para que deste xeito acusacións subxectivas non volvan a dañar a Lmbuga. --Xan sen medo 15:50, 17 xaneiro 2009 (UTC)
Aclaremos varios puntos: o usuario Lmbuga e o usuario Xan de ningures nunca coincidiron no tempo editando, polo que de ser a mesma persoa é totalmente legal, só vai contra as regras cando se manteñen dous usuarios á vez para facer presión, opinando cos dous para falsear debates, votando cos dous e ese tipo de cousas. Quizais fora máis posible facer un checkuser a un usuario cuxas dúas edicións na Galipedia limítanse a verquer acusacións e semella ter certa noción histórica, como o coñecemento do usuario:Lmbuga, e fai unhas declaracións que creo imposibles as faga un usuario rexistrado hai un mes e con 2 edicións. Quizais habería que solicitar un checkuser para ver quen é Xan sen medo. Alberte Si, dígame? 16:08, 17 xaneiro 2009 (UTC)
Xan sen medo :
  1. A túa data de rexistro é o 9 de decembro do 2008, a do [usuario xan de ningures] é o 7 de decembro do 2008. Xan de ningures e logo Xan sen medo, semella un combate medievo por parte do segundo Xan ? Polo de momento non quero ir por ese camiño.
  2. repito : as túas acusacións non son expresase en voz alta, tes que darlle fundamento concreto ou escusarte.
  3. Se prolongas a conversa sobre a subxectividade e a dicirlles os outros o que deben facer, concordo con Alberte para facer facer investigacións sobre o usuario que es. Non coñezo o procedemento, pero se Alberte non o fai botome a perder o tempo necesario para facelo. ElviraConversa comigo 16:35, 17 xaneiro 2009 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Páxinas e caixas de usuarioEditar

Por se alguén non se decatou (eu acabo de vela de casualidade), hai unha votación aberta sobre a política de caixas de usuario. os interesados "maiores de idade" xa estades tardando en ir. Un saúdo! --GallaecioE logo? 00:39, 2 febreiro 2009 (UTC)

Grupo terrorista vs organizacións armadasEditar

Quería que se discutise isto. Primeiro, porque temos que chegar a unha política coherente para estes artigos. Segundo, porque cómpre respectar o PNV. Ao meu modo de ver, empregar a verba "terrorista" é un xuízo de valor e polo tanto algo que viola o PVN. Porque? Unhas reflexións:

  • Moitos wikipedistas estarían de acordo en que a Haganah era unha banda terrorista, porén dubido moito que o Estado de Israel ou mesmo os EEUU acordasen con isto. Ao mesmo tempo, tiramos da lista de EEUU de grupos terroristas pra diciren que, por exemplo, ETA é terrorista. Non é lóxico.
  • Pode que estemos de acordo en que tal ou cal organización é terrorista... máis en Hamás? na OLP? na Resistencia Francesa? no brazo armado do CNA de Mandela?

Que é o que fai á resistencia francesa uns heroes e aos militantes palestinos terroristas? Non é serio.

Actualmente temos:


En fin, xa vedes. Dende o meu punto de vista, eu o estruturaría así:

  • Categoría:Política
    • Categoría:Organizacións paramilitares (aquí irían todas)
      • Categoría:Organizacións paramilitares por país
        • Categoría:Organizacións paramilitares de España
      • Categoría:Organizacións paramilitares por ideoloxía
        • Categoría:Organizacións paramilitares comunistas

Para os militantes, habería dúas opcións: metelos dentro de "Personalidades da política" ou en "Militantes de organizacións paramilitares (dentro de "Organizacións paramilitares")" Como o vedes? --  Norrin_strange (Fala-me) 17:09, 14 abril 2009 (UTC)

  •   Concordo, se ben non as teño todas comigo. Semella que é unha boa proposta e, nun principio, coido que é bastante acaída e coherente. A ver se alguén se anima a rebatir ou a confirmar o que propós. O tema ten o seu aquel.--Atobar (conversa comigo) 17:21, 14 abril 2009 (UTC)
  • Concordo en que agora temos unha mestura incoherente nas categorías mais discordo no nome da nova categoría proposta. O motivo é que non me convence de todo o termo paramilitar, xa que pode haber bandas armadas que non teñan unha estrutura o suficientemente potente como para asemellarse a un exército (léase, que sexan catro pelagatos con pistolas). Eu máis ben optaría por algo máis obvio: Organizacións armadas. Dentro desta categoría estaría a de Organizacións paramilitares, que non teñen por que ser tódalas bandas armadas (por exemplo Al Qaida non é unha organización paramilitar). Un saúdo. Alberte Si, dígame? 18:58, 14 abril 2009 (UTC)
  •   Comentario. Non obstante, Alberte, o termo paramilitar segundo o Dicionario Cumio, é empregado en referencia a organizacións civís de disciplina militar. Tanto ten que sexan dous, tres, catro pelagatos ou todo un tropel. Na disciplina non se pon en valor a cuantía e cualidade da estrutura en si senón a base da organización, o modus operandi (de feito, a palabra disciplina xa o deixa bastante claro). Xa que logo, Al Qaida, ETA, o IRA, etc... son todas organizacións paramilitares. A ver se alguén deixa a súa reflexión. Con todo, parece claro que as categorías precisan dunha segunda man da pintura cando non de refacer toda a parede. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 19:15, 14 abril 2009 (UTC)
    • Pero poñendo como exemplo Al Qaida, segundo teño entendido non son unha organización paramilitar. Creo que o seu modus operandi é ser unha base que dote de discurso ou motivación, así como de medios, a xente ou a pequenas células independentes que cando atentan fanno en nome de Al Qaida, aínda que non pertenzan a ese grupo. Tería que asegurarme se o que estou a dicir ten algún sentido :) Xa investigarei. Saúdos. Alberte Si, dígame? 19:19, 14 abril 2009 (UTC)
  • Concordo en que o estado actual é caótico, pero estou en desacordo con varios puntos:
    • 1) En primeiro lugar hai que diferenciar grupo armado de organización terrorista. Non todos os grupos armados son organizacións terroristas xa que non todos efectuan accións susceptibles de encadrarse coma terrorismo. Haberá que empezar daquela por definir este concepto. Segundo o dicionario da RAE, trataríase de:
Terrorismo
1. m. Dominación por el terror.
2. m. Sucesión de actos de violencia ejecutados para infundir terror.
3. m. Actuación criminal de bandas organizadas, que, reiteradamente y por lo común de modo indiscriminado, pretende crear alarma social con fines políticos.[1]

Isto é, terrorismo é o intento de sementar o terror na sociedade para obter obxetivos políticos. Qué entenderíamos por "aterrorizar á sociedade"? A definición non o di, pero creo que non digo nada que non poidamos asumir todos se fixamos a fronteira que separa a loita armada do terrorismo, tanto do extra-estatal coma do terrorismo de Estado, en atacar deliberadamente poboación civil, no canto de limitarse ás infraestructuras, institucións e forzas armadas dun Estado ou organización. Norrin strange, sen ánimo de polemizar, penso a equiparación que fas non ten base; a Resistencia francesa nunca atacou poboación civil para acadar os seus obxetivos, senón que se centrou en traballos de sabotaxe contra a Administración nazi en Francia, mentres que as organizacións armadas palestinas, absolutamente todas sen excepción atacan deliberadamente a civís israelíes. Se Hamás, por poñer o caso fora unha organización que atacara só soldados das FDI daquela poderíamos retirala desa categoría e encadrala na máis xenérica de grupo armado, pero unha vez que sobrepasa esa liña, merece claramente, ó igual que ETA e moitas outras, ir na categoría máis específica de organizacións terroristas.

    • 2) Comparto o punto de vista de Alberte a respeito da separación entre grupo armado e organización paramilitar, e tampouco considero que Al Qaeda poida inserirse neste último grupo. Unha organización paramilitar é aquela que emula a estructura dun exército sen formar parte de ningún Estado. A Haganah ou Hesbulá si que se poden considerar coma organizacións paramilitares, xa que por organización e funcionamento reproducen no seu organigrama o esquema dun exército. Pola contra, organizacións coma Al Qaeda, compóñense de células descentralizadas, sen disciplina castrense nin unha xerarquía clara e ríxida, e tampouco loitan coma fan os exércitos, mediante operacións militares, batallas ou guerras, senón por medio de actos terroristas.
    • 3) Tal e coma eu o vexo, a categorización debería ser: Categoría:Organizacións armadas, coma suxire Alberte, pendente das categorías Categoría:Forzas armadas e Categoría:Política. Dentro dela, irían coma subcategorías Categoría:Organizacións paramilitares e Categoría:Organizacións terroristas (e aquelas organizacións que reunisen ambas características, coma Hesbulá, irían nas dúas), cada unha coa súa subdivisión por país e por ideoloxía, na liña do que apunta Norrin strange. Saúdos. --Iago dime 20:26, 14 abril 2009 (UTC)
      • Aínda que comparto boa parte da opinión de Iago, discordo radicalmente na utilización pola nosa parte do adxectivo terrorista, como xa teño argumentado noutros lugares (Conversa:Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive). A súa utilización pode deparar en diferenzas non conciliables de opinión: por seguir co exemplo de Israel-Palestina, seguro que hai usuarios que estarían en desacordo en emprega-lo termo terrorista á resistencia palestina, e seguro que hai outros que tampouco o admitan para o exército israelí, e creo que tirar por ese vieiro é moi pouco produtivo. Emprega-las listas de terroristas dos EEUU e de Europa tampouco creo que sexa óptimo, xa que por exemplo debemos comeza-lo artigo Nelson Mandela (sempre poño este exemplo :) ) así: Nelson mandela é un terrorista surafricano... E outros como Posada Carriles non levarían esas denominación. Como xa teño dito, o máis neutro paréceme a utilización de banda/organización armada (e, de se-lo caso, considerada terrorista por tal goberno ou tal outro). Certamente é un tema espiñento. Alberte Si, dígame? 21:29, 14 abril 2009 (UTC)
  • Un tema espiñento e certamente interesante. Amais, creo que nesta última explicación que diches levas toda a razón, Alberte. Tamén eu opto por banda armada.--Atobar (conversa comigo) 21:43, 14 abril 2009 (UTC)
    • Pois non sei, Iago. Eu non teño claro se a definición da RAE se axusta... Non di nada do que dis de civís, o exército israelí ou o americano ou o brasileiro tamén ataca a civís, e non poñemos "organización terrorista". Ou o IRA, por exemplo, que o seu obxectivo non era infundir terror, creo eu. Dende o meu punto de vista, empregar "terrorista" é un xuízo de valor. Non así o termo "organización armada", que expresa unha obviedade. En canto ao de paramilitar vs armada: eu penso que o termo "paramilitar" engade unha información que non da "armada". Un exemplo? A Mafia. É armada, máis non paramilitar. ETA, FRAP, GRAPo, etc, si que creo que son paramilitares, por máis de que se organicen en pequenas cédulas. Al-Qaeda non o sei, pero creo que disciplina si que a hai, é simplemente unha forma de organización diferente, unha caste de guerrilla na que a vida dos integrantes non importa e polo tanto a disciplina é menor. Eu paramilitar enténdoo como "organización armada non regular", non regular no senso de que non é un exército cun marco legal detrás. --  Norrin_strange (Fala-me) 22:31, 14 abril 2009 (UTC)
  • Ah, e queda por ver se a Categoría:Organizacións armadas/paramilitares a metemos dentro de Categoría:Política ou en Categoría:Forzas armadas (eu desta non gusto) ou nas dúas. --  Norrin_strange (Fala-me) 23:06, 14 abril 2009 (UTC)
    • "Dende o meu punto de vista, empregar "terrorista" é un xuízo de valor", dise aquí. Non, nin moito menos. É utilizar unha denominación lematizada que designa unha organización que utiliza métodos violentos co obxectivo de infundir terror, con pretendidos obxectivos políticos ou sociais. Non creo que o feito de como se organicen (células, 4 pringaos, formato paramilitar) sexa definitorio. Os xuízos de valor están na opinión que cada quen teña deses obxectivos e deses métodos (e de aí o exemplo recorrente ós ianquis e ós palestinos). E recurrir a "grupos armados" é buscar unha saída eufemística. A delincuencia común son grupos -moitas veces- e van armados e ninguén os califica, con razón, de terroristas nin nada que se pareza. Pedro --Lameiro (conversa) 23:37, 14 abril 2009 (UTC)
      • Estou de acordo co de que "terrorista" é aquela "organización que quere infundir terror". Máis o problema é: ETA quere infundir terror? Al-Qaeda non teño dúbida que si. Hisbulá? Hamás? Seguramente todos estes si queren infundir terror, máis non en maior medida que, por exemplo, o Exército Chinés, ou o de Israel. Polo tanto, como estamos a movernos nun terreo de moitos grises, habería que coller o que é indicutíbel, que ao meu modo de ver é "organización paramilitar". O de "organización armada" referido a grupos de delincuencia común está explicado enriba. --  Norrin_strange (Fala-me) 07:53, 15 abril 2009 (UTC)


Xa que parece que hai un certo consenso, vou sintetizar as tres propostas para que votedes a que máis vos gusta.

  • Puntos comúns a ambas propostas:
    • Deixan de estar dentro da categoría terrorismo (ou na que estivesen) e pasan a estar dentro da categoría Organizacións .....
    • Na redaccións dos artigos, no canto de empregar: A banda X é un grupo terrorista, se empregara: A banda X é unha organización ..., considerada terrorista por A e B. --  Norrin_strange (Fala-me) 21:16, 16 abril 2009 (UTC)
  • Proposta A --->Nomear a categoría Organizacións políticas armadas
  1. -   Concordo --  Norrin_strange (Fala-me) 21:18, 16 abril 2009 (UTC)
  • Proposta B --->Nomear a categoría Organizacións paramilitares
  1. - Apuntarse aquí.
  • Porposta C --->Nomear a categoría Organizacións armadas
  1. - Apuntarse aquí.
  • O tema é demasiado complexo como para votar tan axiña. Cando menos, para min. O que di Alberte ten moito tino; a exposición de Iago, máis do mesmo. E por suposto, o que comenta Lameiro subscríboo completamente. Norrin strange, entendo que como estás agora co proxecto do conflito irlandés queiras turrar disto e deixar o das categorías solucionado o antes posíbel, non obstante o meu consello é que non o fagas nin á toa nin ás presas e que deas tempo abondo aos outros administradores e usuarios para exporen os seus puntos de vista antes de comezar cunha votación que dende logo non debería ser ao chou. Ningunha debería selo, pero esta se cabe aínda menos. O dito, eu, polo de agora, agardo polas achegas de Xabier Cid, PepedoCouto, Estevoaei e todo aquel que desexe participar do debate. Tempo hai para modificalo e deixalo ben xeitosiño. E logo!--Atobar (conversa comigo) 21:39, 16 abril 2009 (UTC)

Terrorismo e punto de vista neutralEditar

Aquí estamos cometendo un erro de partida: debater o que entendemos por terrorista é algo non neutral, dende o comezo ata o fin, como se nos poñemos a definir a quen consideramos anarquista ou a quen consideramos arquitecto. Non. Terrorista é aquel grupo que fontes sólidas consideran terrorista.

Fontes sólidas quizais non sexa o catálogo estadounidense dos anos setenta, pero dende logo que unha fonte considere a Nelson Mandela un terrorista e dez millóns de fontes non o consideren terrorista non quere dicir que teñamos que reformular o termo terrorista. É evidente que nós temos —todos— na cabeza unha idea común do que é terrorismo: unha forma de violencia política que se remonta non máis alá de comezos do século XX.

De feito, reformular ou poñer en dúbida o significado de terrorismo só porque cremos que o EGPGC, Hamás ou a facción do Exército Roxo non son terroristas non é máis ca facer trampa e tratar de subverter o punto de vista neutral dando un rodeo. Hai milleiros de fontes sólidas que din que Hamás é un grupo terrorista. Se se quere discutir haberá que achegar fontes sólidas que digan outra cousa, pero non esquivar o termo terrorismo como se a propia palabra indicase un posicionamento ideolóxico. Non, o terrorismo é un feito, non unha opinión. E os casos haberá que decidilos un a un mirando as fontes, non os principios políticos de cada un de nós.--Xabier Cid Conversa 23:47, 16 abril 2009 (UTC)

Acho que non é o mesmo: "anarquista" é unha persoa que segue unha determinada ideoloxía política. "Arquitecto", unha persoa cuns determinados estudos. "Terrorista" é.... Que é? Unha persoa que emprega métodos violentos para infundiren terror na poboación. Se aceptamos isto, podemos poñelo en ETa, no EGPGC, no GRAPO... mais tamén no Exército Israelí, no Ianqui, no Soviético e no Chinés.
Tamén querería saber que é o que ti consideras fontes sólidas. Porque claro, se para ti fontes sólidas son a UE, EEUU e toda a "alianza democrática occidental", pois disinto. Para min son fontes sólidas outras, non esas. Xa que logo, entón teremos primeiro que debater (e pode levar anos) que fontes son sólidas ou cales non. Nin sequera a ONU ponse de acordo na definición de terrorismo, imos facelo nos?
Ah, e esquecíao, Hamás NON é un grupo terrorista, polo menos non máis que os seus rivais xudeus. --  Norrin_strange (Fala-me) 07:42, 17 abril 2009 (UTC)
Recupero unhas poucas reflexións de Norrin Strange:
  • 1)ETA quere infundir terror?
  • 2)Nin sequera a ONU se pon de acordo na definición de terrorismo
  • 3)Hamás NON é un grupo terrorista, polo menos non máis que os seus rivais xudeus.

Francamente, noto unha certa cortiña de fume e o que é peor, un aquel, malia que pequeno, de aceptación e relativización da violencia terrorista. A primeira frase, obviamente, si, ETA é un grupo terrorista sin paliativos. Á segunda, que a ONU non se pon de acordo? Home, debatir, debaten, e se cadra os documentos non se asinan por unanimidade, pero de acordo si se poñen, claro que se poñen, como non se van poñer. Á terceira, o de Hamás: iso de se eu o son daquela ti es aínda peor, non vale. Con todo, como di Xabier, o debate non está en reformular o concepto de Terrorismo na Galipedia. Que veidades son esas, que requilorios pretenciosos os nosos! O kid está en facer unha estrutura de categorías, nada máis. Ao respecto das fontes, parece coherente o dito por Xabier, o de que non hai que se ceñir a unha fonte concreta, que cómpre en troques tirar conclusións das máis relevantes e recoñecidas. Recupero un fragmento do escrito por Xabier Cid: Se se quere discutir haberá que achegar fontes sólidas que digan outra cousa, pero non esquivar o termo terrorismo como se a propia palabra indicase un posicionamento ideolóxico (...) E os casos haberá que decidilos un a un mirando as fontes, non os principios políticos de cada un de nós. Así, para ir poñendo termo a unha discusión de complicado centrado, termino recuperando a proposta presentado por Iago Pillado, que subscribo, talvez con algunha modificación que alguén lle teña a ben engadir. Dicía Iago: a categorización debería ser: Categoría:Organizacións armadas, coma suxire Alberte, pendente das categorías Categoría:Forzas armadas e Categoría:Política. Dentro dela, irían coma subcategorías Categoría:Organizacións paramilitares e Categoría:Organizacións terroristas (e aquelas organizacións que reunisen ambas características, coma Hesbulá, irían nas dúas), cada unha coa súa subdivisión por país e por ideoloxía, na liña do que apunta Norrin strange. Abur.--Atobar (conversa comigo) 09:47, 17 abril 2009 (UTC)

      • Eu non dixen que ETA non fose terrorista. ETA, dende o meu punto de vista, o é. Pero o é dende o meu punto de vista, é dicir, é unha cousa subxectiva, o mesmo que se dixese que o aborto é asasinato, sería dende o meu punto de vista, non é un feito obxectivo, é unha clasificación subxectiva. En canto ao de Hamás, o que veño a dicir é que si se mete a Hamás en 'Organizacións terroristas, eu meto ao exército israelí na mesma categoría. --  Norrin_strange (Fala-me) 09:56, 17 abril 2009 (UTC)
    • Creo que como se está a comprobar, a idea de emprega-lo termo terrorista como definitorio é mala idea. Digo que como se está a comprobar, porque non hai máis que ver que este tema suscita polémica, opinións encontradas e, en definitiva, a súa utilización dividiría ós usuarios entre partidarios e dos que no. Se terrorista é aquel grupo armado que infunde terror mediante a violencia, pois aí temos a porta aberta a mil debates, en ducias de artigos sostendo unha cousa e a contraria... iso non é produtivo, é perde-lo tempo. A miña opinión xa a coñecedes, pero vou engadir algo a ter en conta: a wikipedia anglófona. É a wikipedia que move máis artigos, máis usuarios, máis conversas, e por iso hai que tomala como anticipadora de problemas. Por iso recomendo ler WP:TERRORIST, co que estou en totalidade de acordo, e destaco o primeiro parágrafo:
The terms "extremist", "terrorist" and "freedom fighter" are often particularly contentious labels that carry an implicit viewpoint. "Extremist" and "terrorist" are pejorative labels, frequently applied to those whose cause is being opposed. Similarly, the term "freedom fighter" is typically applied to those whose cause is being supported. These words are inherently non-neutral, so they should not be used as unqualified labels in the voice of the article.

Eis aquí unha aportación máis ó debate. Saúdos. Alberte Si, dígame? 14:26, 17 abril 2009 (UTC)

Ben, efectivamente ese é o problema. O problema, como se demostra nesta discusión, non é o que é un terrorista, senón se a un determinado grupo o consideramos terrorista ou non. Daquela, vaiamos por partes:

  1. O dicionario define o que é terrorista. Nós non temos que facernos pallas mentais sobre se o concepto de terrorista é pexorativo ou non. Terrorista é o que é antes de existir a wikipedia. A explicación que recolle Alberte é moi brillante, e coexiste cunha categoría na en.wiki que é en:Category:Organizations designated as terrorist.
  2. As fontes sólidas son as fontes sólidas. Hai longos artigos en en.wikipedia onde se define cales son fontes sólidas e cales as fontes marxinais ou non neutrais. A wikipedia é plural, e debe recoller tamén, en proporción á súa importancia, as versións e opinións alternativas, se teñen o suficiente respaldo crítico. Pero unha cousa é que no artigo da Teoría da evolución se lle conceda un capítulo a falar do creacionismo, e outra categorizar a Charles Darwin como mago.
  3. Insisto. Non temos que votar por consenso se consideramos que ETA é un grupo terrorista ou que o é Hamás. Hai que mirar as fontes, porque a wikipedia non é unha fonte primaria. Do mesmo xeito que non nos dedicamos a valorar canto de anarquistas tiñan os clasificados como anarquistas, ou se podemos considerar o construtor da catedral de Santiago arquitecto en función de se tiña ou non o título. Será arquitecto se as fontes primarias o consideran arquitecto, e non o será se non o consideran. Pero nós non temos moito que dicir nin opinar ao respecto.
  4. Se queredes podemos discutir se Hamás é ou non un grupo terrorista, achegando as fontes. Pero o que non é discutible nin opinable é o concepto de terrorista ou pretender, a través dunha modificación e interpretación parcial do que significa 'terrorista', que determinados grupos non sexan cualificados como tales só porque estamos de acordo cos seus obxectivos e procedementos, parcial ou totalmente. --Xabier Cid Conversa 15:02, 17 abril 2009 (UTC)
O dicionario define terrorista, si, como "o que quere infundir terror". Eu non sei se ETA quere infundir terror, Al-Qaeda si que o teño máis claro, máis o IRA non o teño nada nada claro. É subxectivo. Como podo saber que é o que pretende unha organización, máis aló das súas proclamas? En canto ao da categoría de en.wiki, podería ser unha boa solución: Organizacións consideradas terroristas con subcategorías estilo Organizacións consideradas terroristas polos EEUU, '...pola UE, etc.
Outra cousa: penso que non ten moito sentido acudir á en.wiki para algunhas cousas e para outras non. Acudes para explicar o que son fontes fiábeis, máis non segues o seu criterio no de non empregar a verba "terrorista". Ou seguimos a en.wiki ou non, máis non só ás veces.
Estou de acordo en que non temos que votar se é ETA ou Hamás unha organización terrorista, o que estou a dicir é que non hai unha definición clara de terrorismo. Polo tanto, o señor que na wiki pon "A organización X é terrorista", está a tomar partido por unha das posturas, no canto de expor feitos obxectivos (que son unha "organización armada considerada terrorista polo goberno A"). --  Norrin_strange (Fala-me) 17:12, 17 abril 2009 (UTC)

Non, Norrin, non estás entendendo...

  1. Citeiche en.wiki porque todos os desenvolvementos desa norma non están traducidos ao galego, pero as regras sobre o que é unha fonte fiable ou non non se aplican só en en.wiki, senón en todas as wikis. Porén, unha determinada categorización si pode (e debe) variar dunha wiki a outra.
  2. Ninguén pode dicir na wiki que ETA é terrorista. O que debe dicir é que ETA é un grupo terrorista en base a esta, esa, aquela fonte. Non está a plasmar unha opinión, senón a recoller un feito anterior. Do mesmo xeito que cando dicimos que Hamás é un grupo non terrorista teremos que identificar cales son as citas que nos permiten apoiar iso.
  3. Os editores da wiki non somos os que contrastamos se a realidade se pode definir ou non conforme unhas definicións de dicionario. Só temos que mirar quen o dixo antes, e, se é unha fonte fiable, incorporalo. Nada máis. A nosa opinión sobre o Frente Moro de Filipinas é completamente irrelevante. --Xabier Cid Conversa 12:16, 18 abril 2009 (UTC)

Boas Xabi

  1. Non sabía que iso de en.wiki é común a tódalas wikis. O que di Alberte non o é? A min paréceme un bó creiterio a seguir.
  2. O que eu estou a propoñer é dicir "A organización x é considerada unha organizacion terrorista por A e B". Estamos a propoñer o mesmo. Non vexo cal é o problema.
  3. O mesmo coas categorías.

--  Norrin_strange (Fala-me) 15:03, 18 abril 2009 (UTC)

Concusión?Editar

Eu pensei que co último que dixera Norrin estaba todo solucionado, pero como parece que non, vou tentar facer unha proposta de conclusión.

  1. O termo terrorista é unha palabra común no dicionario, que ten unha definición concreta. As discusións sobre o alcance ou a entidade do concepto de terrorismo deben darse no artigo terrorismo, pero a wikipedia non é un dicionario alternativo.
  2. O emprego do termo "terrorista" aplicado a distintas organizacións ten que ser referenciado correctamente.
  3. A categoría, seguindo o modelo da en.wiki, denominarase "Organizacións consideradas terroristas".

--Xabier Cid Conversa 14:07, 25 abril 2009 (UTC)

Estou máis ou menos de acordo: adiante coa creación das categorías "Organización considerada terrorista por xxxx", mais coido que non é a única categoría definitoria dunha banda armada (de feito non creo que sexa definitoria, só engade información a maiores), por iso creo que tamén deben ir na categoría Organizacións armadas. Dentro desta categoría irían as cats Organizacións paramilitares e Organizacións consideradas terroristas. --Alberte Si, dígame? 14:19, 25 abril 2009 (UTC)

Unha rectificación á miña proposta anterior; a categoría que as engoblara debería ser Organizacións políticas armadas, e o resto coma di Alberte. --Iago dime 15:37, 25 abril 2009 (UTC)

  1. Non dixen "Organizacións consideradas terroristas por XXX" senón "Organizacións consideradas terroristas". Paréceme unha clasificación máis ca suficiente para a gl.wiki, e, ademais, non achega demasiado saber se as organizacións terroristas que hai na wikipedia coinciden en todos os países: UE, Reino Unido, Australia, USA e Canadá, ou se falta algún. É realmente tan decisivo que o IRA non estea na lista de organizacións terroristas do goberno australiano?
  2. Por outra parte, non entendo o que significa "organización armada" e non entendo o que significa "organización paramilitar" oposto a "organización considerada terrorista". Propoño deixar de darlle voltas á perdiz con matices que revelan en realidade a nosa falta de neutralidade respecto á cuestión e clasificalas todas en "organizacións paramilitares" das que as "organizacións cosideradas terroristas" sería un sibconxunto. E sería máis ca abondo. --Xabier Cid Conversa 16:40, 25 abril 2009 (UTC)
Polo que entendo dende o principio da conversa, eu vou por ó que di Xabier.Cid.ElviraConversa comigo 17:12, 25 abril 2009 (UTC)

Daquela a proposta que fai Xabier é a de Organizacións consideradas terroristas coma única categoría. Daquela antes entendín mal. Ben, anque a min ségueme gustando máis a clasificación que propuxen eu (coa última rectificación), para o volume de artigos que vai a ter a Galipedia neste campo, e máis que nada por quitar esto de en medio dunha vez, por min vale. --Iago dime 18:01, 25 abril 2009 (UTC)

Entón, se non entendo mal, a cousa quedaría en:

Poderíase engadir ademáis:

En canto ao que dis, Xabier, eu si penso que dicir Categoría:Organizacións consideradas terroristas por xxx engade información, non é o mesmo que Libia considere a unha organización como terrorista, que o faga China ou que o faga a UE. Penso que pode que sexa un pouco rizar o rizo, pero é útil para puntualizar. En canto ao de o. políticas armadas vs o. paramilitares, xa falaramos antes que paramilitar quere dicir que se asemella a un exército. Tódalas organizacións paramilitares son organizacións políticas armadas, máis non ao revés.

Tan só quedan estes dous frecos pendentes, agardo as vosas achegas. --Norrin_strange (Fala-me) 19:35, 25 abril 2009 (UTC)

Ahá. Bueno.

  1. 1. Por que creo que non ten sentido facer unha subcategorización? Primeiro, porque estamos elevando unha fonte a ser categoría (se un estado considera unha determinada organización e outro non, iso debería constar como referencia, non facer unha categoría á parte). Segundo porque os criterios entre os estados para considerar un grupo terrorista ou non, son bastante coincidentes, e a inclusión depende máis da casualidade burocrática, do impacto sobre o territorio do estado e da data de confección da lista, que da orientación. Por outra parte, non hai lista libia, para entendérmonos. Hai cinco listas occidentais e despois algunhas referencias puntuais e non sistemáticas da India, China e Rusia.
  2. 2. Por que non debemos incluílo en Política? Fundamentalmente, porque non son organizacións políticas. Son organizacións "militares", non políticas. Os seus fins poden ser políticos, como tamén os son os de Greenpeace ou os da conferación de empresarios de Pontevedra, pero non son organizacións políticas. Na wikipedia inglesa, por exemplo, están considerados dentro do grupo de organizacións armadas, e estas, en organizacións. Pero nada de política.
  3. 3. Por que paramilitares?. Paramilitar non significa "que se semella a un exército", senón literalmente que está "á marxe do" exército. Dende ese punto de vista, a diferenciación sería entre organizacións armadas militares (exércitos) e paramilitares (demais organizacións armadas).

--Xabier Cid Conversa 16:05, 27 abril 2009 (UTC)


Ben, uns comentarios:

  1. Segundo o dicionario de Ir Indo, paramilitar "Aplícase a algunhas organizacións civís que teñen estrutura ou disciplina militar." Isto é, engade información.
  2. Non vexo cal é o problema en elevar unha fonte a categoría, pero se o dis supoño que non se poderá. O problema que eu lle vexo a non pór "ciçonsideradas por xxxx" é que: quen as considera? con que lexitimidade? Non sei, por exemplo China considera aos uigures terroristas, é xusto poñelo así, sen mencionar que quen os clasifica así é China?
  3. Si creo que debe ir en política. E Greenpeace tamén, obviamente, dentro da categoría de ecoloxismo, que é unha ideoloxía política. Non é que teñan uns fins políticos como os pode ter a Mafia, senón que existen pola política, loitan por ela e sen unha determinada ideoloxía non existirían. Este punto o considero fundamental, en serio. Creo que senón o problema consistirá en equiparar á Mafia coas Brigatte Rosse, e iso é un erro demasiado grande. --Norrin_strange (Fala-me) 09:32, 28 abril 2009 (UTC)
Outras cousas: Na wiki inglesa poñen o que digo eu, Category:U.S. State Department designated terrorist organizations, Category:Canada Public Safety designated terrorist entities, Category:United Kingdom Home Office designated terrorist groups. Seica non hai que pór o de home office, pero si canto menos mencionar que é o reino Unido. --Norrin_strange (Fala-me) 09:38, 28 abril 2009 (UTC)

A ver, Norrin... eu creo que lle dás demasiada importancia a uns matices que non creo que a teñan. É realmente importante se os iugures son considerados terroristas por China ou se o son por Rusia ou por Australia? Intúo que o que queres dicir —descúlpame se me trabuco— é que algúns deses países non son fiables como fonte, e tamén intúo —e descúlpame unha vez máis se me trabuco— que ao indicar a fonte o que queres é "quitarlle ferro" ao concepto de terrorista. De por parte, nas organizacións que son consideradas terroristas por seis países imos ter que metelos en seis categorías distintas? O volume da wikipedia inglesa, con centos de organizacións terroristas, quizais o aconselle, pero na Galipedia eu creo é unha busca do detalle innecesaria, cando non tendenciosa. Tampouco clasificamos esas organizacións polo número de vítimas, nin polos países onde atacan, etc. Os criterios doutras wikis poden servirnos de inspiración, pero o seu tamaño non é o noso.

Con respecto á consideración de política, obviamente estou en completo desacordo. Unha organización política é a que participa na vida política. Os grupos de presión e organizacións que participan na vida pública son iso, organizacións: todos, incluídas as asociacións de veciños dos barrios de Lugo, queren conseguir obxectivos políticos. Pero iso non fai que sexan organizacións políticas, que se presenten ás eleccións ou que queiran presentarse a hipotéticas eleccións naqueles países onde non as hai. Iso é o que distingue a categoría 'política' do resto. Indo ao caso, o IRA era unha organización (para)militar e o Sinn Féin unha organización política. --Xabier Cid Conversa 08:27, 30 abril 2009 (UTC)

Boas Xabier.

  1. . home, pois si que é importante. Efectivamente, algúns países non é que sexan fiábeis ou non como fonte, senón que terán unha concepción de terrorista moi distinta á que terá, por exemplo, España. A importancia radica nos casos límite: Turquía pode dicir que o PKK é terrorista, pero é que Turquía segundo moitas fontes pode ser considerada tamén un estado terrorista. É importancia quen o considera, non cabe dúbida. Ou por exemplo, a min pór así sen máis que o movemento do 26 de xullo de Fidel Castro ou os grupos de Nelson Mandela son considerados terroristas sen dicir qu quen os consideraba así eran os EEUU non me parece ben.
  2. . Non trato de "quitar ferro", seica en algún caso si, pero non en xeral. Por exemplo, trato que quitar ferro aos grupos "terroristas" que loitaban contra o franquismo, máis non aos grupos que loitan contra a democracia actual. é que obviamente non é o mesmo.
  3. . Xa sei que a wiki ten un volume grande, máis... nos temos que aspirar ao mesmo, non? Non sei, eu aspiro a que na wiki galega haxa tantos artigos sobor organizacións terroristas como na wiki inglesa. E, de feito, para ter unha enciclopedia completa é mester que os haxa.
  4. . En canto ao de organizacións políticas, creo que confundes "organización política" (foros, grupos de presión, certas ONG, plataformas) con "partido político". Por exemplo, Greenpeace é unha organización ecoloxista, categoría que debería ir dentro de política. A FAI non é partido, máis semella obvio que ´unha organización política. O Movemento polos Dereitos Civís, malia non ter nuna a vontade de presentarse ás eleccións, era un movemento político. Política non só son os partidos.

--193.145.249.213 09:41, 30 abril 2009 (UTC) Perdón, esquecera rexistrarme. --Norrin_strange (Fala-me) 09:43, 30 abril 2009 (UTC)

Norrin, ao meu ver estás enguedellando a discusión cunha clara intención non-neutral: parece que queres que a mención ao país que considera esa organización como terrorista sexa exculpatoria, de xeito que se o din os turcos ou se o din os rusos, ou se o din os Estados Unidos, sexa como "menos importante" ou sexan "máis acordes" cunhas determinadas posicións políticas que eu —e aí está o meu xuízo de valor, desculpa— che atribúo.

Creo que podería ser interesante unha categorización de organizacións terroristas porque o seu volume fose demasiado grande —cando o sexa—. Podería selo tamén en función dos seus propósitos, dos países onde actuaron, etc., —aínda que todas esas distincións baixadas ao terreo teñen problemas severos de consistencia—. Pero non creo que debamos facer unha clasificación soamente pra xustificar uns posicionamentos políticos ou pra dicir, como dis, que está ben atentar contra unha ditadura e non o está contra unha democracia. Por certo, e xa de pasada, o PKK é considerado terrorista tamén pola UE —entre outros— e o CNA xa non é considerado terrorista por ninguén.

Polo que respecta á política... concordo contigo en que todo é política e que calquera maneira de organizarse que teña a sociedade humana, aínda que sexa pra xogar un partido de solteiros contra casados, ten unha intención política. Pero Greenpeace non é unha organización política, nin ETA o é, nin a confederación de empresarios, nin a familia real de Bélxica, nin o Deportivo da Coruña. Son outro tipo de organizacións pola súa estrutura, e non organizacións políticas. --Xabier Cid Conversa 05:45, 5 maio 2009 (UTC)


Vexo que non imos chegar a un acordo. A miña proposta, lonxe de tomar partido, engadía información, máis ou menos relevante, mais é información. A túa proposta, pola contra, agocha información e pretende equiparar (xa que de feito así o fai) a, por exemplo, Hamás, con ETA. A miña, non tan só concreta, a túa agocha datos. O do PKK é un exemplo, sen máis.
O de política, penso que estás a levar a cuestión ao absurdo. Xa que logo, se para ti se pode pór na mesma categoría ao IRA e á Camorra, pois adiante, eu non penso participar de semellante farsa.
Xa que logo, retírome desta discusión e a deixo para os que queiran continuala. Penso que non queres nin tes verdadeiro interese a chegar a unha conclusión, e non te tes movido un ápice nos teus plantexamentos. Ate máis ver. --Norrin_strange (Fala-me) 09:59, 5 maio 2009 (UTC)

Conclusión final verbo destes últimos puntosEditar

Cómpre rematar dunha vez, e veño de reler boa parte do exposto e coido que somos unha maioría que votamos por esta solución:

   * Categoría:Política
         o Categoría:Organizacións políticas armadas /Categoría:Organizacións paramilitares
               + Categoría:Organizacións consideradas terroristas

Votación:

  •   Concordo--Atobar (conversa comigo) 21:49, 6 maio 2009 (UTC)
  •   Comentario -- Se a categoría é Categoría:Organizacións consideradas terroristas por xxx,   Concordo, senón   Discordo. --Norrin_strange (Fala-me) 09:20, 7 maio 2009 (UTC)
  •   Discordo co emprego da verba terrorismo nas categorías. O concepto terrorismo debe ir no corpo do artigo, debidamente explicado que o considera así e as referencias. Co demais estou de acordo. Alberte Si, dígame? 20:44, 7 maio 2009 (UTC)
  •   Comentario Creo que, por cuestións técnicas e de futuros archivos, esta votación debería independizarse (extraerse) desta páxina de conversas das políticas da Taberna; debería formalizarse tamén canto ós prazos de votación. Respecto ó fondo da cuestión, abstéñome polo de agora pero desagrádanme dúas cousas: que as "Organizacións consideradas terroristas" estean colgando de "organizacións políticas" (négome a aceptar que a súa sexa unha loita política); e que se califiquen como "consideradas", algo que me trae á cabeza o dos "presuntos" (isto non é un tribunal nin estamos obrigados á presunción de inocencia). Pero bueno, que case prefiro non entrar nesta discusión tan "delicada" na que Norris non me vai convencer nin menos eu a el, por non te-los coñecementos que demostra ter sobre este tema. Pedro --Lameiro (conversa) 21:43, 7 maio 2009 (UTC)

  Comentario Pedro, se podes crea ti a votación, eu non sei. Eu creo que se debe votar punto por punto. Ao meu ver, estes serían:

  1. Se a categoría debe ir dentro da Categoría:Política
  2. Se o nome da mesma debe ser Organizacións paramilitares ou Organizacións políticas armadas
  3. Se, dentro desa categoría, se debería crear Organizacións consideradas terroristas ou Organizacións consideradas terroristas por xxx ou non crear máis categoría que a de Organizacións paramilitares por país.

Estas son as cousas que se deberían votar, cada unha delas por separado. Se alguén pode crear a votación onde di Lameiro, estaría ben. --Norrin_strange (Fala-me) 08:53, 8 maio 2009 (UTC)


  1. Por desgraza, segue pendente este tema... --Norrin_strange (Fala-me) 16:50, 9 xuño 2009 (UTC)
    • No verán, se non se me esquece, tratarei de presentar unha votación que inclúa como xestiona-lo termo terrorista nos artigos e nas categorías. Alberte Si, dígame? 00:46, 10 xuño 2009 (UTC)