Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 9

Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Como facer doazónsEditar

Nestes días presentóusenos por partida dobre o problema de como facer doazóns á Wikipedia. Non é un tema sinxelo. Estiven buscando información e redactei un pequeno texto que creo que o explica ben. Outras wikipedias inclúen máis información, como modelos de correos e cousas así. Quizais deberiamos facelo, pero eu nestes días teño o tempo xusto de que non se me esqueza respirar.

O texto está aquí: Wikipedia:Como doar materiais. Non é unha norma. Só a escolma de distintas páxinas da Fundación Wikimedia onde se explica como hai que actuar. Con todo, o seu texto pode ser modificable ou ampliable. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 11:12, 8 xuño 2009 (UTC)

Como xestionar os usuarios escolaresEditar

Ola, despois dalgúns correos cruzados entre varios administradores, crin/crimos oportuno presentar unha proposta de norma para regulamentar o uso da wikipedia como ferramenta nos centros educativos. É unha fonte de estreses e de conflitos que, aínda que na maior parte dos casos se resolven sen maiores consecuencias, coa colaboración de todos podería chegar a ser unha práctica moito máis común e beneficiosa para todo o mundo.

Por favor, dado que a norma está en proceso de consenso, e antes de sometela a votación, estaría ben que canta máis xente mellor dese a súa opininión. Un saúdo--Xabier Cid Conversa 11:49, 8 xuño 2009 (UTC)

BotsEditar

Ola, gustaríame retomar unha cousa na que empecei a traballar a principios de ano, porque creo que estamos facendo algo mal na xestión de solicitudes de bots.

  1. Por unha parte temos un sistema de votación para a aprobación de bots, que foi aprobado non hai tanto. Nese sistema de votación recóllese que os bots teñen que ter os 2/3 dos votos a favor cun mínimo de 3, e que ten que ter 7 días mínimo a votación.
  2. A práctica dinos que os 2/3 non son difíciles de conseguir para ninguén, pero que o mínimo de 3 si. Hai bots que fan a solicitude e pasan non 7, nin 14, senón ás veces ata 42 días e non son capaces de xuntar os 3 votos a favor necesarios.
  3. Ao mesmo tempo, algúns de nós toman o traballo en serio (ou máis ou menos serio) mentres que outros usuarios, imaxino que impelidos polo feito de que ninguén vota e senten algo de vergoña allea, dan votos de confianza sen exploraren o historial dos bots e as súas discusións. Non quero dicir que todos teñamos que facer esas pescudas pra poder votar, pero si que non deberiamos votar afirmativamente se non houbo ninguén en que confiemos que fixese ese traballo.
  4. Nas demais wikis, incluso en wikis do tamaño do inglés e do francés, os bots apróbanse grazas ao ditame de unha ou dúas persoas. Ás veces hai votacións maiores, pero normalmente non.
  5. Pola contra, na nosa wikipedia acabámoslles coa pacencia aos operadores de bots, pola cantidade de tempo coa que tardamos en decidir a votación, e mesmo ás veces rexeitamos bots que serían útiles só porque ao longo de dous meses non houbo nin dous usuarios que votasen ao seu favor.

A miña proposta sería:

  • mudar a política de votación con respecto a bots, e suprimir o mínimo de tres votos.
  • que haxa dúas ou tres persoas de verdade pendentes diso, que poden ser administradores ou non, pero que se comprometan a mirar o hitorial dos bots e dos operadores e a facer un pequeno informe (con dúas/tres liñas sería suficiente).
  • establecer un período máximo para a votación, ademais de manter o mínimo. 15 días, por exemplo. Así tamén nos aseguraríamos de deixar fóra aqueles bots que, preguntados por algunha cuestión técnica, non a responden en tempo e forma.
  • Mudar as instrucións para solicitar un bot:
    • incorporando textos en inglés (temos dous bots que entenden o galego; o resto, a gran maioría, non)
    • deixando claros os períodos de proba e o número de edicións de proba (que por outra parte, deberían ser comunicadas nada máis solicitarse un bot)

Que opinades sobre isto?--Xabier Cid Conversa 07:08, 18 setembro 2009 (UTC)

  • Dúas matizacións: a proporción de votos necesaria é 3/4, a falta dos tres votos á parte de significar que non se participa polo motivo que sexa pode ser un modo de rexeitar o bot sen necesidade de votar en contra. En canto á tradución non hai que modificar a política para incluíla. Se se manteñen as votacións creo que o mínimo de tres votos debe seguir (entre outros motivos para que non rache o sistema de votacións vixente), maxime cando a maior parte dos bots só se adican a pór interwikis e non é algo de urxencia; se se pasa a responsabilidade de comprobar o historial dos bots a unhas persoas en concreto concordo en que poidan ser menos de tres (dese xeito podía evitarse a votación sempre e cando se mantivese algún sistema para que calquera usuario puidera expresarse) pero xa non sería unha votación (ou se segue sendo unha votación se son dúas persoas os que fan a comprobacións malo será non acadar un voto a maiores se o informe é positivo). De acordo tamén con aclarar os períodos e condicións de proba. En resumo de acordo con case todo agás mudar o dos votos se se mantén o sistema de votacións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:00, 18 setembro 2009 (UTC)
    • Eu concordo que debese sanear as solicitudes dos bots. Tendo en conta todo o dito por XabierCid e Prevert son partidaria de manter as votacións coas mellorías propostas e engadiría que as votacións estan abertas do momento que houbo polo menos un resume (en forma de info) sobre o bot, podese tam&n ter varios resumes. O(s) resume(s) podría(n) facelo calquera usuarío. No mismo tempo habría que nomear dous ou tres usuaríos (administradores ou non) que se comprometen a seguir todas solicitudes de pedida de bots. O compromiso dese equipo de usuarios seria : facer un resume info (por demáis dos que podan facer outros usuarios, ou considerar cun resume xa feito é valido para abrir a votación. Logo rematar a votación : si a votación no tempo previsto cumpriu para claramente aprobar ou rexeitar, o usuario do équipo pecha o voto e de non ser administrador pidelle a un administrador de aplicar a decisión. No caso de non ser un voto normalizado (non houbo bastantes votos, pasou o tempo de duración etc etc), un usuario do equipo deberia pechar o voto tomando il a decisicion de rexeitar ou aprobar, dando un minimo de xustificación e logo de non ser administrador, pedir a un administrador que dée o flag en caso positivo. En concreto ese equipo comprometendose a xestionar todos pedidos, tendo a confianza da comunidade, ten obligación de dar resposta negativa ou positiva a todos pedidos, e no caso que a comunidade se desinterese en votar, poís ese equipo esta habilitado a aprobar ou rexeitar . Bueno non sei si me expreso ben e si se me entende, e si os que me comprenden non concordan : non é necesario seguir o fío que propoño ; estou disposta a aceptar propostas no fío de XabierCid e Prevert. Non é necesario meterse en funduras longas para tomar unha decision que mellore a acollidada que facemos as pedidas dos bots. ElviraConversa comigo 11:24, 22 setembro 2009 (UTC)

Wikiproxecto Categorías/HistoriaEditar

Nesta aprobaciíon da Categoría:Historia vexo que borraronse unha categoría e unha subcategoría. Por outra banda engadironse máis categorías. Non digo que sexa bén ou mal. A categoría Historia e de carto (4) nivel e niste caso penso que a rama principal da categoría Historia non se debe modificar o rumbo de necesidades conxunturais, ten que ter unha estrutura aprobada pola comunidade ou polo menos por un debate do Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Historia, onde deixo un mensaxe Categorías sobre as que xa se decidiu. ElviraConversa comigo 11:58, 22 setembro 2009 (UTC)

Fotos de rapacesEditar

Apareceunos un problema cunha foto, onde saen retratados uns menores coa súa propia autorización tácita. Era ben que lle botásedes todos un ollo e debatésemos para buscar unha solución. --Xabier Cid Conversa 21:58, 4 outubro 2009 (UTC)

Formato de númerosEditar

Levo algún tempo dándolle voltas a un detalle: Na actualidade, o formato numérico admitido non sería, por exemplo, 2009 nin 2.009, senón 2 009, separados os díxitos de 3 en 3, pero sen signos entre os grupos, a excepción da coma para os decimais. Supoño que nestes momentos, preparar un cambio brusco sería demencial, pero coido que si se podería comezar a deixar as cifras que se poñan de novo no novo formato, e, en todo caso, para cifras que xa teñan adicada unha entrada, ir facendo pouco a pouco redirecionamentos. Que opinades? --Agremon(contacto) 09:11, 28 outubro 2009 (UTC)

  • Por formación eu mantería os puntos para separa-los grupos de miles, pero teño que admitir esta nova tendencia que di Agremón na grafía dos números. A modo de referencia: Ortografía da lingua galega, de Begoña González Rei, Galinova, 2004: "Frecuentemente utilízase o punto, aínda que nos últimos tempos se recomenda prescindir do punto e separar os millares cun espazo fino". Para máis información, di que nunca se debe utilizar punto nin espazo para separar cantidades de 4 cifras (1000 euros), na numeración das páxinas (páxina 1432), anos (ano 2009) nin números de normas legais (Real decreto 2075/2003). Cando ó proceso do cambio supoño que será cousa de tomalo con calma e ir facéndoo ós poucos. Concordo tamén na redirección no caso de números nos títulos de artigos (pero, ¿temos títulos con números que non sexan anos?). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:50, 28 outubro 2009 (UTC)
  • Quixera saber se hai máis referencias que recomenden o uso da forma separada por un espazo e se algunha delas procede do campo das ciencias experimentais. Creo que iso nos permitiría coñecer se son recomendacións illadas ou xerais ou se é unha simple tendencia, para determinar mentres non sexa unha norma se convén facer o cambio da separación co punto á separación co espazo. Tamén sería interesante saber porque hai autores que propoñen esa grafía. Polo de agora (a falta doutros datos) móstrome como Lameiro partidario da separación co punto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:21, 29 outubro 2009 (UTC)
  • Non estaría demais definilo ben, eu tamén teño problemas ó respecto cando fago traducións a partir de texto en inglés, xa sabedes que os ingleses usan a "coma" no canto do "punto" e viceversa, pero xa comezo a ve-lo estilo do espacio, pero tamén sería bo definir se se pon coma para os decimais (para min é o habitual) ou doutro xeito, e tamén non estaría demais facer algún de modelo para eses signos +- que aparecen verticalmente (para indicar un rango positivo/negativo) e cousiñas semellantes, polo menos a min sucédeme moitas veces que non teño referencias en galego para traducir este tipo de símbolos (as veces tamén distancias), típico nas caixas de info dos artigos de planetas, estrelas, ect... Espero que a cousiña se defina máis, cantos antes mellor, se non despois haberá máis erros que limpar --Xabier Cancela (fálame 19:42, 2 novembro 2009 (UTC)

Ampliación no Libro de EstiloEditar

Botade un vistazo ó texto que engadín no Libro de Estilo, sobre os Tempos verbais e sobre a Intemporalidade da información. Pedro --Lameiro (conversa) 17:23, 12 novembro 2009 (UTC)

Categorizar os filmesEditar

Como en tódalas categorías: Filmes por país e Filems por ano. Que vos parece? --Norrin_strange (Fala-me) 10:17, 16 novembro 2009 (UTC)

  • Tamén filmes por lingua, e se hai algunha particularidade (cine mudo, cine de animación, etc. tamén hai categorías). --Alberte Si, dígame? 13:06, 16 novembro 2009 (UTC)