Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 12
Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 |
---|
Categorías de anos
editarBoas. Teño unha consulta sobre as categorías. Vexo que, salvo unhas pouquísimas excepcións, non hai categorías sobre anos. Eu categorizaría, por exemplo, a Categoría:Deporte en 1950 e a Categoría:Cine 1950 nunha Categoría:1950 que non existe, e non sei se non existe porque hai unha política que di que non pode existir, ou é que non existe porque ninguén a fixo. ¿Cómo é o conto?. Coméntoo porque, no caso de comezar a facer esas categorías, habería choio abondo por diante:
- Facer milleiros de categorías novas, 1 por ano.
- Categorizar cada artigo na súa nova categoría. Exemplo: Categorizar o artigo 999 dentro da Categoría:999.
- Decidir se Descubrimento de América debe estar na Categoría:1492, ou se íso xa é complicalo todo de mais.
Xa me contaredes. -- JonnyJonny 21:26, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Xa que non hai ningún tipo de resposta por parte de ninguén un mes e medio despois da miña consulta, entendo que a cousa depende a partir de agora do meu criterio. -- JonnyJonny (conversa) 00:40, 16 de marzo de 2012 (UTC)
Propor imaxes propias
editarVou comezar realizando unha pregunta algo complexa, polo que rogo que se intente comprender o fondo da cuestión, non a pregunta en si, pois esta carece de importancia: ¿Que diferenza hai entre propor unha imaxe propia para imaxe da semana e propor un artigo para a portada se maiormente, inda que entre outros usuarios, no artigo traballou case unicamente o que o propón?
Pregunta conflitiva: ¿A que tipo de mente se lle pode ocorrer que propor imaxes propias ten que ser vangloria e non colaboración? ¿É perverso o que propón ou é perverso o que prohibe propor imaxes propias?
Na miña opinión, o único motivo que pode existir para non permitir propoñer imaxes propias é que, se tal cousa se puidese facer, podería haber un enfrontamento entre usuarios a partir da idea "se ti non concordas coa miña imaxe, eu non concordo coa túa". Esa circunstancia sería un conflito no proxecto e na comunidade. ¿Debemos por ese motivo prohibir? ¿Non estamos actualmente, pois prohibimos, presumindo mala fe nos usuarios? ¿Debemos restrinxir a colaboración dos usuarios que teñan boa fe por causa de que algún e puntual usuario hipotético poida non tela?
O ideal é que sexamos humildes, colaborativos e teñamos boa fe. ¿Restrinxindo dereitos facilitamos a humildade, a colaboración e a plena convivencia?
Si me parecería ben que os usuarios non puidesen votar as súas propias imaxes, pero non poder propolas é "alucinante"-- Lmbuga / Conversa comigo 04:38, 26 de maio de 2012 (UTC)
- A min non me parece mal a proposta, se para as outras votacións non temos esta limitación para as imaxes penso que tampouco debía estar... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:57, 26 de maio de 2012 (UTC)
- Coincido tamén. Noutros wikis fan así e non creo que ninguén o tome a mal. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:09, 12 de xuño de 2012 (UTC)
Nomes de usuarios como institucións
editarNon sei se xa é unha política ou se xa foi debatido, se é así sinto a reiteración, pero non debería estar prohibido que os usuarios utilicen nomes institucionais ou moi semellantes a estes, tanto que poden chegar a confundirse cunha insititución: User:XuntaGalicia, ConcelloMuros, GobernoEspañol ou calquera outro deste estilo.--Xián (conversa) 17:49, 11 de xuño de 2012 (UTC)
- Tes razón. Se o dicías por ConcelloCabana a conta foi bloqueada permanentemente e recomendóuselle ao usuario abrir unha nova conta con outro nome. --. HombreDHojalata.conversa 18:07, 11 de xuño de 2012 (UTC)
- Évos algo a ter en conta para unha futura política de nomes de usuario (tomo nota :D). Polo de agora só temos prohibidos dous tipos de nomes. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:12, 12 de xuño de 2012 (UTC)
- O bloqueo de HombreDHojalata é improcedente, en ningún sitio indica que se prohiban nomes de institucións públicas, como indicou Toliño. Así que pido o seu desbloqueo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 27 de xaneiro de 2013 ás 13:09 (UTC)
- Feito! Notifiqueillo ao usuario na súa conversa indicando que sería conveniente un cambio de nome. --Toliño Fala aquí comigo 1 de febreiro de 2013 ás 12:30 (UTC)
- O bloqueo de HombreDHojalata é improcedente, en ningún sitio indica que se prohiban nomes de institucións públicas, como indicou Toliño. Así que pido o seu desbloqueo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 27 de xaneiro de 2013 ás 13:09 (UTC)
- Évos algo a ter en conta para unha futura política de nomes de usuario (tomo nota :D). Polo de agora só temos prohibidos dous tipos de nomes. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:12, 12 de xuño de 2012 (UTC)
Topónimos casteláns
editarBoas! Supoño que este tema xa estará máis que debatido, pero eu acabo de chegar e aínda estou aprendendo as normativas desta casa. Sei que o dos topónimos é un tema moi polémico e non pretendo levantar ningún tipo de debate conflitivo. Só me gustaría facer unha pequena consulta sobre o uso de topónimos casteláns na Galipedia.
Vaia por diante que comparto as queixas de todos os usuarios no tocante ao uso da toponimia galega na wikipedia castelá. E é por iso precisamente que non entendo por que se empregan topónimos galeguizados na Galipedia. É dicir, se a nós nos amola ver enxendros como Sangenjo, non lles molestará aos de Guadalajara que nós poñamos Guadalaxara ou mesmo aos de Girona ler o noso Xirona? Ben sei que no título van as dúas escritas, pero priorizamos a versión galega do topónimo cando nin sequera é oficial. Se nós nos queixamos do que fan noutras wikis, por que facemos algo semellante na nosa? Estou seguro de que hai unha boa explicación. Se alguén tivese algo de tempo para explicarma, estaríalle moi agradecido. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 16:47, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- A política que seguimos neste punto vén descrita aquí. Eu entendo que se trata de usar (dar prioridade) ás formas consagradas polo uso en cada lingua, que desde sempre traduciu ou adaptou o topónimos foráneos á lingua e ás regras da gramática propias. Así, sempre dixemos Londres e non London, e Nova York e non New York. Do mesmo xeito, adaptamos A Rioxa e Xirona. O problema desta norma é que está chea de excepcións e xa non sabería explicar as razóns para aplicar a norma ou a excepción. Había unha páxina de Universidade de Vigo, que agora non lembro, que era a que se seguía para referenciar as escollas dos topónimos foráneos. Cabe supoñer que as excepcións virán representadas polos topónimos que non recollera esa lista. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:04, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- A listaxe facilitada pola UVigo á cal se refire Lameiro é esta. VaiPolaSombra, enxendros como Sangenjo non son equiparables aos por supostos discutibles Guadalaxara, Xirona, Xetafe ou Badaxoz. Persoalmente, eu atacarei frontalmente a todo aquel galegofalante que un día emule o proceder do españolito medio e decida chamarlle praia de Maispombas á praia de Maspalomas, Dúas Irmás á Dos Hermanas ou Vilacoellos a Villaconejos, pero até que iso suceda non me atrevo a equiparar os comportamentos duns e doutros. Polo demais, e aínda que só nos vale transversalmente, tomo a licenza de traer unha interesante entrada sobre as normas duns e doutros organismoa competentes en materia de lingua: premede aquí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:53, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Grazas aos dous pola rápida contestación e polas ligazóns! A ver se así xa me vou manexando ben. Douvos agora a miña opinión persoal. Lin o artigo que me pasou Atobar e concordo en que non é o mesmo traducir Maspalomas en Maispombas ca Guadalajara en Guadalaxara, mais non acabo de ver a diferenza entre Guadalaxara e Sangenjo. Entendo que hai un trasfondo político obvio no uso de Sangenjo e non tanto no de Guadalaxara, pero esa é a única diferenza que vexo entre as dúas. É dicir, se empregamos Guadalaxara é por cuestións fonéticas e gráficas (no galego o fonema /x/ está considerado un castelanismo e non temos o grafema <j>). Sendo ese o caso, non sería igualmente aceptable que en castelán empregasen Sangenjo (eles non teñen o fonema /ʃ/ e a grafía <x> representa o grupo /ks/)? Entendo que seguimos, como é lóxico, as normas que rexen as institucións académicas da nosa lingua, mais esa é a excusa que empregan tamén na wikipedia española para a deturpación da nosa toponimia. Nin sequera nos vale o argumento da tradición porque tamén eles poden dicir que Sangenjo foi a forma oficial durante moito tempo. Non podo evitar pensar que, dalgún xeito, estamos a cometer o mesmo erro que cometen eles. Por sorte, non caemos nas animaladas que fan na TVG traducindo mesmo os nomes PROPIOS dos equipos de fútbol (véxase R.M. Castela, Elxe CF, UD As Palmas, etc.). Eu considero que, sempre que sexa pronunciable, se debería manter a denominación oficial propia de cada lugar (sexa unha ou varias) e coido que iso é posible con todos os topónimos da Península Ibérica. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 18:40, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- VaiPolaSombra, é que Sanxenxo sería San Ginés. Genjo non é nada. Outro exemplo é Niñodaguia, que xa se veu traducido como Niño de la Guía, cando postos ao barbarismo debera ser Nido del Águila. A iso ía. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:54, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Entendo, pero o de Sanxenxo é só un caso. Podo poñer outro exemplo que non ten tradución, pensemos en Panjón... por que non aceptamos esa denominación en castelán se aceptamos Guadalaxara en galego? Tampouco o eterno debate A Coruña/La Coruña tería sentido: as dúas deberían valer posto que nós empregamos As Palmas de Gran Canaria no canto de Las Palmas de Gran Canaria. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 19:11, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Un castelanfaltante pode referirse á Coruña como lle pete, pero a única denominación legal é a galega. Isto pasa aquí e pasa no caso catalán, non así no caso de Euskadi nin no País Valenciano, por exemplo. De calquera maneira, pechemos a cuestión agora que xa Lameiro facilitou o vínculo á política que aquí seguimos e tamén agora que temos a listaxe que fornece a UVigo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:14, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Baixar a conversa a ise nivel non ten senso. Ninguén di que Guadalaxara sexa a traducción de nada e moito menos nos baseamos na RAG pra non dicir Guadalajara nin acudimos aos séculos escuros buscando un papel onde alguén escribiu (ou tentou escribir) o que nos convén. Tamén hai que lembrar que ninguén impuxo Guadalaxara impedindo empregar Guadalajara. Os de Guadalajara chámano así e acéptase, non imos alí a dicirlles como se di. Os que tentan impoñer Sangenjo ou Vivero si lle din aos que alí viven como deben chamarse. As traduccións de topónimos na Galiza si foron impostas e impedindo empregar as formas galegas. --Nemigo 20:41, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Non me vou estender moito, porque isto évos un debate sen fin. Entendo e podería dicir que comparto o que comenta VaiPolaSombra na súa primeira intervención. O único que teño que achegar pola miña banda é que por todos estes motivos coido que se optou hai anos na Galipedia pola forma dupla no título do artigo. Quizais non sexa a máis adecuada, pero polo menos se respectan as denominacións oficiais. --Toliño Fala aquí comigo 21:15, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Baixar a conversa a ise nivel non ten senso. Ninguén di que Guadalaxara sexa a traducción de nada e moito menos nos baseamos na RAG pra non dicir Guadalajara nin acudimos aos séculos escuros buscando un papel onde alguén escribiu (ou tentou escribir) o que nos convén. Tamén hai que lembrar que ninguén impuxo Guadalaxara impedindo empregar Guadalajara. Os de Guadalajara chámano así e acéptase, non imos alí a dicirlles como se di. Os que tentan impoñer Sangenjo ou Vivero si lle din aos que alí viven como deben chamarse. As traduccións de topónimos na Galiza si foron impostas e impedindo empregar as formas galegas. --Nemigo 20:41, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Un castelanfaltante pode referirse á Coruña como lle pete, pero a única denominación legal é a galega. Isto pasa aquí e pasa no caso catalán, non así no caso de Euskadi nin no País Valenciano, por exemplo. De calquera maneira, pechemos a cuestión agora que xa Lameiro facilitou o vínculo á política que aquí seguimos e tamén agora que temos a listaxe que fornece a UVigo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:14, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Entendo, pero o de Sanxenxo é só un caso. Podo poñer outro exemplo que non ten tradución, pensemos en Panjón... por que non aceptamos esa denominación en castelán se aceptamos Guadalaxara en galego? Tampouco o eterno debate A Coruña/La Coruña tería sentido: as dúas deberían valer posto que nós empregamos As Palmas de Gran Canaria no canto de Las Palmas de Gran Canaria. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 19:11, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Dende a Galipedia protestades porque en castelán non respectan os topónimos galegos como A Coruña', cando vós facedes o mesmo cos casteláns, como con Castilla-La Mancha, Castilla y León, Guadalaxara... Hai que ter coherencia e non se pode ir pedindo que respecten os topónimos galegos, cando aquí non se respectan os castelán. E non entendo o porqué de non respectar os topónimos españois. É porque como o castelán o falan 333 millóns de persoas e o galego 4 millóns, se se lle fai un poquiño de dano non pasa nada? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 22 de novembro de 2012 ás 19:07 (UTC)
¿Estás a dicir que cando a wiki GL troque de norma lingüística o fara a wiki ES? Evidentemente esto non é así. Son normas non equivalentes e sen vinculación entre ambas. Pero baixando a conversa a ese nivel (y tú más). Na wiki GL non dicimos que o nome de Guadalaxara sexa ese e moito menos inventamos ligazóns para xustificar ese troco. Sabemos que é Guadalajara recoñécese e non lle negamos a ninguén que ese é nome. Diferencia principal ca wiki ES. Ti podes ver en Wiki ES como inventan topónimos como Isla de Arosa http://es.wikipedia.org/wiki/Illa_de_arousa que eles inventan e non son quen de aportar unha soa ligazón, non existe nin existiu xamáis ese topónimo. ¡Incumplen a súa propia normativa! O concello de A Illa de Arousa fundouse nos anos 1980 e non existiu con outro nome nunca. Hai máis exemplos como traducir Boimorto ou inventarse que A Capela nos anos 1980 dicíase La Capilla. Existen esperpentos como Chandreja de Queija, Carballino, Boqueijón e un longo etc que eles limitan a un política da wikipedia. Resumindo a situación toponímica: wiki ES/wiki GL non debe ser equiparable. Alí borran calquera aportación que se faga para demostrar que están errados. Non ten senso dar pulo aos que din que dise Puentedeume porque de novos estiveron alí e chamábase así. Se respondes a iso contra argumentando que por aquelas datas tamén poñían El Ferrol del Caudillo. O post é borrado. Existe unha legalidade que fixa a toponimia de España e Galiza esa normativa é tamén de obrigado cumplimento na CE. --Nemigo 10 de decembro de 2012 ás 14:47 (UTC)
- Non digo que cando aquí se cambien as normas se faga tamén na Wikipedia en español. Xa sei que cada Wikipedia ten as súas normas. O que digo é que antes de ir a protestarlles por castelanizar os topónimos galegos, primeiro hai que cambialo. E tamén sei que o deles é mil veces peor que aquí, porque eles castelanizaron todo e aquí só as cidades importantes.--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 11 de decembro de 2012 ás 10:22 (UTC)
Primeira División Española ou Primeira división española?
editarBoas! Vexo que na Galipedia varía o uso das maiúsculas/minúsculas nas denominacións das ligas de fútbol españolas (Primeira División, Segunda División, etcétera). Por unha banda, hai veces que vai todo en maiúscula, como en Primeira División Española (fixádevos que aquí mesmo a parte en negra que comeza o artigo é diferente ao título); outras veces van só as dúas primeiras en maiúscula (xuro que o vin algures, mais agora non atopo exemplos); e, as máis das veces, só vai en maiúscula a primeira palabra Primeira división española 2005/06.
Alguén me podería dicir se se segue algún tipo de regra nestes casos? Non sería mellor empregar sempre o mesmo criterio? Saúdos.--VaiPolaSombra (conversa) 18:43, 29 de xullo de 2012 (UTC)
- É un bo tema este, teñoo pensado precisamente estes días e estou totalmente dacordo no que propós. Debería ser "Primeira División española" ou usar como en outras ligas o nome oficial: en Francia úsase "Ligue 1", en Alemaña "Fußball-Bundesliga", en Inglaterra "Premier League"...--Adorian (fálame) 21:57, 29 de xullo de 2012 (UTC)
- Penso coma ti, o nome da categoría en maiúscula e o adxectivo do estado/país/rexión en minúscula: Primeira División española, Segunda Rexional galega, etc. Todo depende de se consideramos o nome da categoría coma un nome propio ou só unha denominación xeral dentro dunha clasificación por orde numérica (primeira división, segunda división, terceira división, etc.). Eu neste caso creo que xa se deben de considerar nomes propios. De feito, cando falamos delas, adoitamos dicir:
- —Onde xoga o teu equipo?
- —En Primeira (División)/En Segunda (División) B/En Terceira Rexional.
- Non fai falla especificar máis porque xa se entende que nos referimos a algo concreto, non xeral. Saúdos! --VaiPolaSombra (conversa) 23:11, 29 de xullo de 2012 (UTC)
- Penso coma ti, o nome da categoría en maiúscula e o adxectivo do estado/país/rexión en minúscula: Primeira División española, Segunda Rexional galega, etc. Todo depende de se consideramos o nome da categoría coma un nome propio ou só unha denominación xeral dentro dunha clasificación por orde numérica (primeira división, segunda división, terceira división, etc.). Eu neste caso creo que xa se deben de considerar nomes propios. De feito, cando falamos delas, adoitamos dicir:
- Quizais o debate é máis complicado.
-Poderiamos falar de se convén explicitar que estamos a falar de fútbol, como na an:wiki (Primera división espanyola de fútbol) e ca:wiki (Primera divisió espanyola de futbol, todo en minúscula por certo);
-Poderiamos facer como na en:wiki e referirnos ao nome con que é coñecida (La Liga), e nós poderiamos dicir 'Primeira División', usando paréntese como na de:wiki para evitar homónimos (Primera División (Spanien));
-Ou, simplemente, poderiamos chamarlle polo nome oficial (Liga BBVA).
Non o teño nada claro, nin sei se existe algún criterio actual :/ --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:33, 29 de xullo de 2012 (UTC)- Con respecto a explicitar que é fútbol, non creo que sexa necesario. O resto de grandes deportes teñen outros nomes para as máximas categorías (ACB, ASOBAL, Superliga, OK Liga, División de Honor, etc.), probablemente porque saben que o de Primeira División xa está "collido" e queren ter un nome característico. O de empregar Liga BBVA non che me gusta para o título, sobre todo por se tratar dun patrocinador que pode cambiar no futuro, pero isto xa é unha opinión persoal. O que si me pareceu boa opción é o exemplo alemán que puxeches, Primeira División (España), que evita confusións con torneos doutros estados (a Primeira División de Arxentina, por exemplo). --VaiPolaSombra (conversa) 00:21, 30 de xullo de 2012 (UTC)
- Agora que o penso, igual tamén sería conveniente mudar Primeira División de Arxentina' por Primera División (Arxentina), xa que o seu nome oficial supoño que será en castelán. É o que fan nas wikis estranxeiras (Argentine Primera División (inglés), Primera División (Argentinien) (alemán), Primera División (Argentina) (checo))--VaiPolaSombra (conversa) 00:32, 30 de xullo de 2012 (UTC)
- Quizais o debate é máis complicado.
Nomes de equipos deportivos
editarBos días. A raíz desta conversa sobre o nome actual do Vigo Rugby Club, gustaríame saber qué política se segue ou se seguirá no seguinte; nos equipos deportivos (agás no fútbol, penso) é frecuente que o nome mude segundo o faga o patrocinador. Neste caso, o nome orixinal (Vigo Rubgy Club), pasou a ser Blusens Universidade de Vigo Rugby.
Nestes casos, credes que sería mellor manter o artigo na páxina orixinal (e indicar o nome oficial cunha fórmula do estilo "O club xxx, chamado por motivos de patrocinio xxx"), ou mudar o artigo para unha nova páxina co nome oficial, mantendo o nome orixinal coma redirección? --Iago dime 09:03, 10 de setembro de 2012 (UTC)
- Eu opto pola opción "O club xxx, chamado por motivos de patrocinio xxx" mantendo o nome orixinal, como por exemplo nos artigos de baloncesto. O outro habería que estar trocando nomes cada pouco. O que si se pode facer e redirección co nome do patrocinador, por exemplo "Leite Río Breogán" liga con "Club Baloncesto Breogán".--Adorian (fálame) 11:41, 10 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo Eu tamén opto pola opción que di Adorian e habería que crear unha norma como a que hai na Wikipedia en español, que inclúa esta e outras normas.--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 02:31, 29 de setembro de 2012 (UTC)
Engadir o modelo Modelo:PolíticasGalipedia a todas políticas e normas
editarHai algunhas políticas e as normas que teñen no encabezado da páxina este modelo, pero non está en todos os artigos que están nesta categoría. Así que propoño engadir este modelo a todas as políticas e as normas que pertencen a Categoría:Wikipedia:Políticas e normas.--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 03:05, 29 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo --Elisardojm (conversa) 23:54, 29 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 00:00, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Feito! Tamén propoño incluír esta páxina Wikipedia:Vandalismo neste modelo e nesta categoría.--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 13:29, 2 de outubro de 2012 (UTC) Tamén habería que tratar de revisar as páxinas que "están en proceso de aprobación" pero xa levan paradas uns 4 ou 5 anos, están aquí Categoría:Wikipedia:Materias en proceso de consenso. Tamén vou empezar a crear a norma Wikipedia en español seguindo as regras da Galipedia, pero como non sei exactamente as regras da Galipedia, comezo a páxina e logo os usuarios que controlen sobre as normas da Galipedia que rematen de facela. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 13:29, 2 de outubro de 2012 (UTC)
- Para pasar a páxina de Vandalismo ás políticas primeiro haberá que revisala e votala, digo eu, non?. Sobre a convención de títulos xa temos Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos que non é política porque falta por revisar e votar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:47, 2 de outubro de 2012 (UTC)
- En Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos aparece un norma que non entendo ben.
Mantéñense os nomes de persoa escritos en alfabetos distintos ao galego (ruso, chinés, árabe, xaponés, etc.) facendo a transliteración correspondente de acordo coa pronuncia orixinal
Entendo que quere dicir que hai que escribir o título no alfabeto orixinal, o non latino, pero estou vendo e por exemplo Lucas Papadimos está en alfabeto latino. Así creo que cambiar a norma.--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 16:13, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Como saber quen pode votar
editarNa páxina Wikipedia:Votacións no apartado Quen pode votar?, o link contador de edicions non funciona pero atopei este outro...La fabrica de nubes (fálame) 15:18, 6 de outubro de 2012 (UTC)
- Grazas polo aviso. Mudado por https://toolserver.org/~tparis/pcount/index.php?uselang=gl --. HombreDHojalata.conversa 17:07, 6 de outubro de 2012 (UTC)
Entón, nos meus resultados no Contador de edicións, ¿que debo entender como contribucións válidas para saber se podo votar? La fabrica de nubes (fálame) 17:21, 6 de outubro de 2012 (UTC)
- Podes votar, La fabrica.
- Di "validas" entendéndose que non se contabilizan as vandálicas ou as artificiosas, feitas precisamente para acadar o dereito (por e quitar a mesma coma cen veces ou cousas polo estilo). --. HombreDHojalata.conversa 18:07, 6 de outubro de 2012 (UTC)
Ok, gracias La fabrica de nubes (fálame) 18:09, 6 de outubro de 2012 (UTC)
- Pois na páxina Wikipedia:Votacións aparece válidas (con til), entón hai que corrixilo?--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19:41, 19 de outubro de 2012 (UTC)
La ¿neutralidad? de Wikipedia en español
editarhttp://charlatanes.blogspot.com.es/2012/11/la-neutralidad-de-wikipedia-en-espanol.html
Podémolo ler como reflexión e quedar cos datos: na wikipedia en español son 100 bibliotecarios os que deciden o que é obxectivo, importante... e neutro. (asinado/odanisa)
- Creo que xa varios compañeiros che dixemos que isto no é un foro. Nin o lugar para as reivindicacións que teimas en traer. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22:51, 11 de novembro de 2012 (UTC)
- Dámosche a benvida á Taberna! Este é o lugar da Galipedia reservado para debater sobre cuestións técnicas, políticas e normas, informar de novas e discutir sobre todo tipo de operacións e temas relacionados coa Wikipedia
Toponimia de Lugares (e parroquias)
editarEstase a facer un esforzo para ampliar a galipedia creando artigos específicos de cada lugar (parroquia) de Galiza. O problema cos topónimos na galiza é endémico (ven a ser algo así como o minifundio terreal pero a nivel cultural). Parece ser que a fonte de todos estes coñecementos estase a sacar (¿ou dise meter?) dende http://toponimia.xunta.es/Buscador (Esta páxina ten referenciados máis de 400.000 topónimos). A páxina ten erros (lamentablemente), de xeito que na galipedia hai artigos nos que NON se emprega esa páxina coma fonte ou emprégase outro topónimo (sen referenciar o troco). Tamén é imposible facerlle entender a outros galipedistas erros na toponimia.
Sería bo dar a oportunidade ou polo menos ter en conta fontes primarias alternativas:
- A páxina web do propio concello onde está o lugar ou publicacións locais
- Fotos e imaxes de carteis de localidades
- Outras páxinas e referencias bibliográficas
Estos microtopónimos son de moi difícil referenciación. Algúns lugares non teñen nin poboación ou a diferencia entre un e outro topónimo está en medidas de ducias de metros. --Nemigo 3 de decembro de 2012 ás 00:40 (UTC)
- Os topónimos das parroquias e dos lugares están tirados do Nomenclátor oficial, non desde a web que inclúe microtopónimos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de decembro de 2012 ás 13:23 (UTC)
Pensei que o "problema" xa fora visto por máis usuarios. Un exemplo práctico actual:
Godulfes -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Godulfes,_Fisteus,_Curtis
Os Godulfes en foto -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Os_Godulfes_Fisteus_Curtis_A_Coruña_Galiza_Spain_wiki.jpg
Segundo a páxina que nos achega Estevo(aei) http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp "Godulfes", non pon onde está. Segundo esta outra páxina http://toponimia.xunta.es/Buscador podemos ver onde está "Godulfes" e buscar información noutras fontes -> https://maps.google.es/?ll=43.149157,-8.119154&spn=0.019944,0.043044&t=h&z=15 Os Godulfes
¿É posible correxir un erro na toponimia da galipedia? saúdos --Nemigo 3 de decembro de 2012 ás 21:59 (UTC)
- a) Na web do Nomenclátor, se escribes 'Godulfes' no oco de "lugar" diche que hai un Godulfes na parroquia de Fisteus, concello de Curtis. Na web de toponimia da Xunta aparece 'Godulfes', sen artigo.
b) Unha placa dun concello non é referencia para a toponimia, pois entón deberiamos considerar correcto "Riveira" ou "La Coruña", como aparece en diversos carteis dos concellos de Ribeira e A Coruña.
c) Por suposto é posible corrixir erros, sempre e cando se acheguen as oportunas referencias. --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de decembro de 2012 ás 22:18 (UTC)
- Si que podes ver o topónimo Godulfes no buscador que achega Estevo(aei), se pos en Lugar: Godulfes e clicas en buscar. Tamén o podes ver referenciado como lugar na parroquia de Fisteus no Nomenclátor Oficial. Outra cousa é que moitas veces a sinalización e os mesmos concellos non respectan o Nomenclátor oficial, e tamén acontece que ás veces o nome que aparece no Nomenclátor Oficial non é o que usa o común dos veciños do lugar. A solución que temos adoptado na Galipedia (esta discusión xa se ten dado na Galipedia -eu non sabería atopar onde-) é a de manter a toponimia de acordo co Nomenclátor Oficial, é en todo caso facer mención de que existe (ou se usa) tal variación do nome no propio artigo (podes ver un exemplo no caso da parroquia de Ponte onde se fai referencia a que existen dous lugares que non recolle o Nomenclátor. Saúdos. --Xas (conversa) 3 de decembro de 2012 ás 22:29 (UTC)
¿Que os concellos non respectan o nomenclator oficial? Eso a ver quen llo vai dicir aos veciños. Pero, ¿que foi primeiro, o nomenclator (oficial) ou os propios lugares? Os Godulfes chámase así dende sempre. Un cartel co nome mal escrito dura dous días, alí viven 14 veciños. ¿Cales son as referencias que se poden aportar para correxir o topónimo dun artigo? --Nemigo 4 de decembro de 2012 ás 00:04 (UTC)
- Por dicilo sen requilorios nin reviravoltas, sucede máis ou menos o mesmo que cando unha palabra está, ou consideramos que está, errada no DRAG. Isto é, para nós podérmola cambiar aquí, primeiro teñen que o facer alí. E onde di RAG, vale tamén servizo de Toponimia da Xunta e similares. Quero dicir, Nemigo, que se pensas que determinados toponimos non son os correctos, a quen primeiro tes que llelo facer saber son as fontes de autoridade, non directamente aos usuarios desta wikipedia, que como sabes non traballamos con fontes primarias e somos, polo tanto, dependentes. Todo o máis que podemos facer, e para iso só nos casos inequivocamente errados, é adxuntar unha nota explicativa ao pé ou algo polo estilo, tal cal o exemplo que che deu o usuario Xas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 4 de decembro de 2012 ás 00:40 (UTC)
- Penso que está errado, non só o nomenclator (oficial). Se algo está mal, e sabemos que está mal non ten senso pechar os ollos, máis aínda tendo en conta que os usuarios acuden á wikipedia na busca de información fiable. Non sexamos lacazáns. Os usuarios da wikipedia saben que hai un problema toponímico (e tamén político e social) con topónimos como A Coruña pono ata na wikipedia. Tamén saben que hai palabras que escríbense dun xeito e que trocou co tempo. Se hai esos avisos e esa información para A Coruña tamén se pode facer con outros topónimos. Un aviso a pé de páxina pode ser unha boa idea. Algo así como unha lapela que indique: Este artigo é dun topónimo cuestionado e require máis referencias. Esto xa se fai en situacións similares no que se require máis información ou avísase de que é un tema controvertido. Por outra banda non ten senso agardar a que se modifique o nomenclator oficial cando non se avisa dos seus erros. Os Godulfes ten menos de 20 veciños ¿cantos foron mirar como o escriben na Xunta? alí tanto lles ten o que diga a Xunta eles xa saben como se chama o seu fogar. Quen non o sabe somos nós. Saúdos --Nemigo 4 de decembro de 2012 ás 21:07 (UTC)
- A maioría dos topónimos casteláns están en castelán, pero os das cidades importantes, como Castilla-La Mancha, Castilla y León, Guadalajara..., non. E non entendo esta discriminación, así que creo creo que habería que respectar todos os topónimos casteláns. Xa que dende a Galipedia se protestou varias veces porque na Wikipedia en español non respectan os topónimos galegos como A Coruña. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 27 de decembro de 2012 ás 19:26 (UTC)
La Wikipedia es más difícil de leer que la Enciclopedia Británica
editarhttp://esmateria.com/2012/12/08/la-wikipedia-es-mas-dificil-de-leer-que-la-enciclopedia-britanica --Nemigo 8 de decembro de 2012 ás 13:03 (UTC)
- Iso xa me parecía a min, que a Wikipedia é infumable, eu cando quería facer un traballo de literatura ía a Rincón del Vago ou a outro sitio.--Vivaelcelta {conversa · contribucións} 11 de decembro de 2012 ás 10:21 (UTC)