Primeira División da Arxentina
O torneo de Primeira División é o principal campionato de liga entre clubs de fútbol na Arxentina. Fundado en 1893 pola Asociación do Fútbol Arxentino, actualmente o campionato está dividido en 2 torneos anuais, chamados Torneo Apertura (que se disputa na segunda metade do ano) e Torneo Clausura (disputado na primeira metade do ano).
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Asociación do Fútbol Arxentino |
Parte de | sistema de ligas de fútbol da Arxentina |
Liga inferior | Primera B Nacional (pt) |
Número de participantes | 28 (2024) |
Localización e Datas | |
País | Arxentina |
Vixencia | 1891 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Organización | |
Presidente | Claudio Tapia (2020–2024) |
Outro | |
Páxina web oficial | ligaprofesional.ar |
Considerada unha das principais ligas de fútbol do mundo, os seus equipos dominan os palmarés das competicións continentais, con 22 Copas Libertadores en 52 edicións, e 9 Copas Intercontinentais en 43 edicións. Ningunha liga do mundo pode igualar esta cantidade de logros.
Formato
editarDende 2017, a primeira división arxentina de fútbol chámase Superliga Arxentina. Compostos por 24 equipos, consiste nunha volta de 23 xornadas. Ó remate da última xornada, o primeiro equipo da táboa clasificatoria é o campión.
Equipos
editarOs seguintes 24 equipos disputarán o torneo Superliga 2019-20:
Palmarés
editarNa seguinte táboa non se teñen en conta os campionatos da era de afeccionados (1891-1934). No profesionalismo, o Club Atlético River Plate é o equipo máis laureado do campionato arxentino de fútbol, con 33 títulos na era profesional (dende 1931), seguido por Club Atlético Boca Juniors, con 24 títulos.
Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
33 | River Plate | 1932, 1936, 1937, 1941, 1942, 1945, 1947, 1952, 1953, 1955, 1956, 1957, M-1975, N-1975, M-1977, M-1979, N-1979, M-1980, N-1981, 1985-86, 1989-90, A-1991, A-1993, A-1994, A-1996, C-1997, A-1997, A-1999, C-2000, C-2002, C-2003, C-2004, C-2008 |
24 | Boca Juniors | 1931, 1934, 1935, 1940, 1943, 1944, 1954, 1962, 1964, 1965, N-1969, N-1970, M-1976, N-1976, M-1981, A-1992, A-1998, C-1999, A-2000, A-2003, A-2005, C-2006, A-2008, A-2011 |
14 | Independiente | 1938, 1939, 1948, 1960, 1963, N-1967, M-1970, M-1971, N-1977, N-1978, M-1983, 1988-89, C-1994, A-2002 |
10 | San Lorenzo | 1933, 1946, 1959, M-1968, M-1972, N-1972, N-1974, C-1995, C-2001, C-2007 |
8 | Vélez Sarsfield | N-1968, C-1993, A-1995, C-1996, C-1998, C-2005, C-2009, C-2011 |
7 | Racing Club | 1949, 1950, 1951, 1958, 1961, 1966, A-2001 |
5 | Newell's OB | M-1974, 1987-88, 1990-91, C-1992, A-2004 |
5 | Estudiantes LP | M-1967, M-1982, N-1983, A-2006, A-2010 |
4 | Rosario Central | N-1971, N-1973, N-1980, 1986-87 |
3 | Argentinos Jrs | M-1984, N-1985, C-2010 |
2 | Ferro Oeste | N-1982, N-1984 |
1 | Huracán | M-1973 |
1 | Lanús | A-2007 |
1 | Banfield | A-2009 |
1 | Quilmes | M-1978 |
1 | Chacarita Jrs | M-1969 |
1 | Arsenal | C-2012 |
M - Torneo Metropolitano (1967-84) ; N - Torneo Nacional (1967-85) ; A - Torneo Apertura (1991- ) ; C - Torneo Clausura (1992- )