Lucas Papadimos

Lucas Demetrios Papadimos (en grego Λουκάς Παπαδήμος, pronunciado /luˈkas papaˈðimos/), nado o 11 de outubro de 1947 en Atenas, é un político, físico e economista grego. En novembro de 2011 foi elixido por consenso dos partidos para o posto de primeiro ministro do seu país.[1]

Lucas Papadimos
Lucas Papademos.jpg
Nacemento11 de outubro de 1947
Lugar de nacementoAtenas
NacionalidadeGrecia
RelixiónIgrexa de Grecia
Alma máterInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Athens College
Ocupacióneconomista, político, profesor universitario e banqueiro
Na rede
http://www.primeminister.gr
WikiTree: Παπαδήμος-1
Accession Treaty 2011 Lucas Papademos signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Papadimos licenciouse en Física en 1970 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde posteriormente conseguiu un mestrado en enxeñaría eléctrica en 1972 e o doutoramento en economía en 1978. Posteriormente incoporouse como docente na Universidade de Columbia, ao tempo que traballaba como economista para a Reserva Federal de Boston. En 1985 regresa ao seu país natal e comeza a traballar en 1985 como director económico do Banco de Grecia. En 1993 convértese no vicegobernador e un ano despois, en 1994 no gobernador do banco estatal grego.

O seu labor como economista complementouno como catedrático da Universidade de Atenas. En 2002 deixa o seu posto como gobernador do banco central heleno e accede á vicepresidencia do Banco Central Europeo, onde permanece ata 2010. Tamén foi membro da Comisión Trilateral desde 1998.

O 10 de novembro de 2011 foi elixido por consenso dos principais partidos para o posto de primeiro ministro do seu país, logo da dimisión de Georgios Papandreu, no contexto dunha severa crise económica e política.[1] O goberno de Papadimos incluíu trece ministros do ata daquela gobernante PASOK, entre eles o ministro de Economía Evangelos Venizelos, dous ministros da conservadora Nova Democracia, entre eles Stavros Dimas na responsabilidade de ministro de Exteriores, e un da tamén conservadora e nacionalista LAOS, nunha carteira menor. O encargo do seu goberno é dirixir o país ata as eleccións lexislativas convocadas para febreiro de 2012.

Predecesor:
Georgios Papandreu
Primeiro Ministro de Grecia
2011 - 2012

 

Sucesor:
Panagiotis Pikrammenos

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar