Abrir o menú principal

María Lado

escritora galega
(Redirixido desde "María Lado Lariño")

María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979,[1] é unha escritora e actriz galega.

María Lado
María Lado.jpg
Nacemento14 de abril de 1979
 Cee
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
XénerosPoesía
EstudosFiloloxía Galega
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

 
María Lado na obra de teatro Oeste solitario.

É titulada en Produción Audiovisual, e cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares.

En 2005 xuntouse coa tamén poetisa Lucía Aldao [2] para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á Lucía Aldao co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)[3][4].

Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos.

Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación.

Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh.

En 2019 colabora na publicación dixital Vinte con Lucía Aldao e Iria Pinheiro na sección Ti fai o que eu che diga.[5]

Obra en galegoEditar

PoesíaEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

  • Porque Cuqui non quere ir á lavadora. Conto moi importante para lerlles aos maiores antes de durmir (Apiario, 2014).
  • Rosalía de Castro (Urco Editora, 2016).

TraduciónsEditar

  • Cando escoito o teu corazón, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Historia dun compás, de Mónica Gozalbo Felip (Edicións do Cumio, 2008).
  • Quen son eu?, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Soñei que era unha árbore, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Tan grandes, tan pequenos, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Un descenso ao Maelström. Sombra, de Edgar Allan Poe (Edicións do Cumio, 2009). Con Susana Rodríguez Barcia.
  • Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (Edicións do Cumio, 2010).
  • De acuarelas por Santiago, de Eduardo Baamonde (Edicións do Cumio, 2010).
  • Entre os dous hai un río - Calvario/Lavadores (Editorial Elvira, 2016)

Obras colectivasEditar

  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997). Poesía.
  • dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (Letras de Cal, 1999). Poesía.
  • O entrelazo das palabras (1999). Poesía.
  • Narradoras. (Xerais, 2000). Narrativa.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. (2003). Poesía.
  • Genoveva, en Sempre Mar. (A. C. Benito Soto, 2003). Poesía.
  • XVIII Festival da Poesia do Condado. (S. C. D. Condado, 2004). Poesía
  • Das sonorosas cordas (Eneida, 2005). Poesía.
  • Por man propia (Bourel, 2005). Poesía.
  • Poética da casa (Xunta de Galicia, 2006). Poesía.
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006). Poesía.
  • Para chegar a Palmira. Feito para Tecendo o libro da mamoria, documental realizado por María Reimóndez. (2007). Poesía.
  • Letras novas (AELG, 2008). Poesía.
  • De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009). Poesía.
  • To The Winds Our Sails (Salmon Poetry, 2010). Poesía. Tradución do galego ao inglés.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011). Poesía.
  • As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012). Poesía.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012). Poesía.
  • Xabarín 18 (EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia, 2013).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015). Poesía.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora. Narrativa.
  • Anatomía dunha serea, 2018, Redenasa.tv. Teatro.

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "María Lado". www.aelg.gal. Consultado o 28 de febreiro 2019. 
  2. "María Lado y Lucía Aldao inauguran mañana el ciclo de poesía En femenino" (en castelán). Una pieza híbrida y poco convencional en la que se mezcla la poesía desenfada, la música y el performance 
  3. La Voz de Galicia, de 31-3-2015.
  4. La Opinión, de 11-4-2015.
  5. "Ti fai o que che diga". Vinte. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  6. "Berlín" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de novembro de 2008. Consultado o 19 de novembro de 2007. 

Véxase taménEditar