Fanny + Alexander
Fanny + Alexander é un dúo musical galego. Os seus compoñentes son Efi Arias (Voz, guitarra acústica e frauta traveseira) e Noel Feáns (Voz, guitarra eléctrica, guitarra midi, teclados, baixo, batería electrónica, gaita midi e programacións).
Fanny + Alexander | |
---|---|
![]() Estudo caseiro de Fanny + Alexander | |
Orixe | Santiago de Compostela, Galiza ![]() |
Período | 2006- |
Xénero(s) | Electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | A Regueifa Plataforma |
Membros | Efi Arias Noel Feáns |
Páxina web | Páxina web oficial |
DiscografíaEditar
- Lusco e Fusco (2006)
- Finais dos 70s, comezos dos 80s (2007)
- Alfaias (2009)
Os Fanny + Alexander aparecen en varias recompilacións. No Manifesto Dobarrista tocan o tema "Meu amor", xunto a Andrea Lapique Do Barro. Tamén aparecen no compilatorio Esccolma. Escoita e apoia, da editora de camisolas Caramuxo e no libro-CD Once + 15 co tema "Autopoética in Progress".
Trala publicación de Alfaias, o dúo anunciou unha xira en formato acústico no outono de 2009 e un disco de versións de cara ao 2010.[1]