Nuria Vilán Prado
poeta galega
Nuria Vilán Prado, coñecida como Nuria Vil, nada en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1993, é unha poeta galega.
Nuria Vilán Prado | |
---|---|
Alcume | Nuria Vil |
Nacemento | 1993 |
Lugar de nacemento | Santo André de Comesaña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Formouse en estudos de lingua e literatura nas universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel. Traballa como creadora de contidos na canle Coidado coa cadela e xestiona un perfil na plataforma de mecenado Patreon. Colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba e coa marca de roupa ourensá Salsa Gaucha, que traballa pezas téxtiles a partir de poemas e versos.
Obras editar
Obras colectivas editar
- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Xerais, 2023).[3]