Kenneth McAlpine
Kenneth McAlpine | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 3 (1952, 1953, 1955) |
Escudería(s) | Connaught |
Grandes Premios disputados | 7 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1952 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1955 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Kenneth McAlpine, nado en Cobham (Surrey) o 21 de setembro de 1920, é un ex piloto inglés de automobilismo[1]
TraxectoriaEditar
Participou en sete Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, debutando o 19 de xullo de 1952. Non logrou puntos de campionato.
Durante o desenvolvemento do Connaught Racing Team baseado en Send in Surrey, McAlpine converteuse nun importante investidor financeiro e gozou de varios triunfos como propietario de equipo, incluíndo a memorable vitoria de Fórmula 1 de Tony Brooks en Siracusa, Italia en 1955. O equipo foi finalmente disolto en 1958 e os coches vendidos, incluíndo un ou máis a un xove Bernie Ecclestone.
Despois da súa retirada dos Grandes Premios, McAlpine estableceu un exitoso negocio de cultivo e embotellado de viño inglés e na súa propiedade en Lamberhurst, Kent. É membro da familia McAlpine que fundou a famosa empresa de enxeñería civil do mesmo nome. Tamén é membro de The Air Squadron.
Resultados Completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Connaught Engineering | Connaught Type A | Lea-Francis 4 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR 16 |
ALE | NED | ITA Ret |
NC | 0 | |
1953 | Connaught Engineering | Connaught Type A | Lea-Francis 4 en liña | ARX | 500 | NED Ret |
BEL | FRA | GBR Ret |
ALE 13 |
SUI | ITA NC |
NC | 0 |
1955 | Connaught Engineering | Connaught Type B | Alta 4 en liña | ARX | MON | 500 | BEL | NED | GBR Ret |
ITA | NC | 0 |
NotasEditar
- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kenneth McAlpine |