Xaime Quintanilla Martínez

médico, político e escritor galego
(Redirección desde «Jaime Quintanilla Martínez»)

Xaime Quintanilla Martínez, nado na Coruña o 13 de xuño de 1898 e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un médico cirurxián, político socialista, xornalista, dramaturgo e escritor galego. Foi o pai do tamén alcalde de Ferrol Xaime Quintanilla Ulla.

Infotaula de personaXaime Quintanilla Martínez

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Xaime Quintanilla Martinez (Galician) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1898 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ferrol
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosXaime Quintanilla Ulla Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Medicina en Santiago de Compostela. En 1917 creou en Ferrol unha clínica de cirurxía e fíxose famoso fundamentalmente pola súa calidade humana para cos máis humildes. A súa actividade política céntrase principalmente na defensa do galeguismo e socialismo, participando na I Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas políticas.

Canto á súa actividade cultural, participou en varios xornais como Ferrol Deportivo, Diario de Vigo ou El Correo Gallego, do que chegou a ser director e redactor xefe. Tamén dirixiu a Editorial Céltiga. Publicou obras como Saudade (1922), a comedia dramática Alén (El Correo Gallego, 1921)[1], o drama Donosiña, drama en tres actos e un prólogo, en prosa[2] e o traballo O nazonalismo musical galego.

Foi o primeiro alcalde republicano de Ferrol (1931), á fronte dunha corporación municipal composta polo Partido Socialista Obrero Español (o partido máis votado, cuxa lista dirixía Quintanilla, e o Partido Republicano Radical). Xaime Quintanilla seguiu sendo o alcalde ferrolán ata setembro de 1934, cando foi destituído polo goberno[3], acusado de tomar parte nos sucesos que tiveron lugar na cidade no marco da Folga xeral revolucionaria de 1934. Foi, por outra banda, presidente da Federación de Colectividades Socialistas da provincia da Coruña. En febreiro de 1936, trala vitoria da Fronte Popular, foi restituído como alcalde aínda que presentou a renuncia aos poucos días[4] debido ás súas ocupacións profesionais, sendo elixido alcalde o seu compañeiro Antonio Santamaría López.

 
Manuscrito de Donosiña, de 1919.

Formou parte tamén da xestora da Deputación da Coruña, presidida por José López Bouza, de Izquierda Republicana e tomou parte na campaña para o referendo de aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi apresado dúas veces na súa casa, sendo liberado a primeira delas. A segunda, foi detido sine díe, primeiro en Mariña e logo no buque prisión ''Plus Ultra'' (correo de Transmediterránea). Foi fusilado o 18 de agosto a mans dos sublevados nas tapias do cemiterio de Canido, xunto con outras catorce persoas, e alí foi enterrado co resto de axustizados, unha placa lembra o nome de todos eles.

Distincións editar

Foi condecorado en 1934 coa Lexión de Honra do Goberno francés e ten dedicadas rúas nos concellos de Ferrol e Culleredo.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Alén". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-15. 
  2. Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega UDC.
  3. El Correo Gallego, 23-9-1934, p. 1.
  4. El Compostelano, 27-2-1936, p. 2

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
José Lloveres Martínez
  
Alcalde de Ferrol
 
1931 - 1934
Sucesor:
Segundo Cotovad Díaz
Predecesor:
Segundo Cotovad Díaz
  
Alcalde de Ferrol
 
1936
Sucesor:
Antonio Santamaría López