José Lloveres Martínez

médico e político galego.

José Lloveres Martínez, finado Ferrol en decembro de 1945,[1] foi un médico e político galego.

José Lloveres Martínez
Falecementodecembro de 1945
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Médico-cirurxián, instalou consulta en Ferrol en 1901. Adscrito ao Partido Liberal, foi concelleiro de Ferrol dende 1910. Foi nomeado alcalde de Ferrol en 1916, manténdose no cargo até o cambio de goberno, presentando a dimisión en xuño do ano seguinte[2]. Volveu ser elixido alcalde en abril de 1918[3], e renunciou a cargo en xuño de 1920[4]. Foi nomeado alcalde de Ferrol en abril de 1930[5]. Foi presidente do Casino ferrolana, da Cruz Vermella de Ferrol e do Colexio Médico.


Predecesor:
José Fraga de Castro
  
Alcalde de Ferrol
 
1916 - 1917
Sucesor:
José Fraga de Castro
Predecesor:
José Velo Lorenzo
  
Alcalde de Ferrol
 
1918 - 1920
Sucesor:
Aureliano Sánchez Calviño
Predecesor:
Antonio Usero Torrente
  
Alcalde de Ferrol
 
1930 - 1931
Sucesor:
Xaime Quintanilla Martínez

Vida persoalEditar

Casou con Manuela Montero Blanco en 1904.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 30-12-1945, p. 4.
  2. El Correo Gallego, 12-6-1917, p. 1.
  3. El Eco de Santiago, 29-4-1918, p. 2.
  4. El Ideal Gallego, 18-6-1920, p. 2.
  5. El Correo Gallego, 22-4-1930, p. 1.