Antonio Santamaría López
Antonio Santamaría López, nado en Castro Urdiales o 27 de marzo de 1885 e finado en Nova York o 27 de decembro de 1949, foi un sindicalista e político español.
Antonio Santamaría López | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1885 |
Lugar de nacemento | Castro-Urdiales |
Falecemento | 27 de decembro de 1949 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Caldeireiro. Sendo novo marchou traballar a Biscaia, onde se fixo obreiro metalúrxico. Despois pasou a Ferrol, traballando no Arsenal, na Sociedad Constructora Naval. En 1905 ingresou na UGT e no PSOE. Estivo exiliado en Francia pola súa participación na folga xeral de 1917. Foi presidente da Agrupación Socialista de Ferrol en 1929. Na II República foi elixido concelleiro en Ferrol. Foi candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións de 1933, pero non resultou elixido. Pertenceu ao Comité Revolucionario de Ferrol durante folga xeral revolucionaria de 1934, polo que foi condenado a morte, aínda que finalmente a pena foi conmutada pola de reclusión perpetua. Saíu da cadea coa amnistía de febreiro de 1936. Logo da renuncia de Xaime Quintanilla Martínez a finais de febreiro[1], foi nomeado alcalde de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por traizón. Foi condenado a pena de morte en consello de guerra o 11 de agosto. Fuxiu da Prisión do Baluarte ao día seguinte, con Juan Rincón Téllez, e permaneceu agochado até o 21 de xullo do 1939, cando conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos galegos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia. Foi internados no campo de concentración de Barcarés. O 23 de decembro de 1939 embarcou en Le Havre con destino a México. A comenzos de xaneiro de 1940 chegou a Nova York e quedou a vivir alí. Traballou no Centro Español, nos talleres de Alfredo Medina e na tenda do seu compatriota Carregal.
Predecesor: Xaime Quintanilla Martínez |
Alcalde de Ferrol 1936 |
Sucesor: Antonio Vázquez Permuy |
NotasEditar
- ↑ El Compostelano, 27-2-1936, p. 2
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Antonio Santamaría López na páxina web Nomes e Voces.