Abrir o menú principal
Escultura homenaxe á fuxida do bou Ramón, en Ares.

A evasión do bou Ramón foi a fuxida dun grupo de republicanos galegos desde Ares rumbo a Francia o 21 de xullo de 1939.

Índice

HistoriaEditar

Militantes obreiros de Ferrol, Narón, Ares e Mugardos que levaban moito tempo agochados en casas de amigos ou familiares, agardaban unha oportunidade para fuxir da represión. Varios fuxidos comezaron a comunicarse para ver de intentar a saída por mar. Os militantes socialistas Miguel e Antonio Leira Fernández, os "Chuchos da Vella", que estaban agochados en Ares, estableceron contacto cun amigo, tripulante do bou "Ramón", que saía a faenar dende Ares, artellaron a evasión do maior número posible de fuxidos. Contactaron con algúns agochados en Cervás: Juan Castro Vilar, Benito Feijoo Seguín, Gelfo Rebón e Antonio Saavedra Montero, socialistas. Mandaron aviso aos cenetistas Luís Abella Beade, Moisés Lago Lorenzo, de Ferrol, Rogelio Leal, de Piñeiros, ao socialista de Santa Mariña Domingo Serantes Sequeiro, e mesmo ao ex-alcalde socialista de Ferrol Antonio Santamaría López.

Os escapados concentráronse en Ares; os de Ferrol e Narón chegaron a noite anterior e durmiron en casas da vila, outro grupo pasou a noite nas covas de Santa Mariña, xuntándose vinte e sete homes. Seis deles levaban improvisados uniformes da garda civil, escopetas de madeira, e algunha pistola auténtica e cando a tripulación do bou estaba arranxando o barco para a saída, os falsos gardas abordáronos co pretexto de evitar unha fuxida. Pecharon os tripulantes no rancho, e chegaron o resto dos asaltantes. Logo de agardar á hora acostumada de saída, partiron do porto de Ares á unha da madrugada.

Na viaxe, o bou esgotou o carbón e tiveron que queimar boa parte da cuberta para intentar manter a presión da caldeira. Finalmente quedou á deriva, e foi rescatado e remolcado polo barco "Le Coubre". O 23 de xullo o bou Ramón chegou ao porto francés de La Pallice. Ao chegar foron conducidos ao campo de concentración de Le Barcarès.

Os fuxidos foron xulgados na causa 2134/39 aberta en Ferrol por rebelión militar.

Os 27 fuxidosEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fernández, Eliseo (2006). "A fuxida do “Ramón” de Ares". Cátedra. Revista eumesa de estudios (6): 93–. 

Ligazóns externasEditar