Rogelio Leal López
Rogelio Leal López, nado en Piñeiros (Narón) en 1896 e finado no mesmo lugar en 1990, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Piñeiros, España |
Morte | 1990 (93/94 anos) Piñeiros, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEn 1930 era secretario do sindicato de mozos de café de Ferrol integrado na CNT. Entre 1933 e 1936 foi militante da Federación Anarquista Ibérica e do Sindicato de Industria Naval de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. Foi xulgado en Ferrol por rebelión e declarado en rebeldía. O 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia. Traballou de leñador. En 1947 volveu a Galicia con Antonio González Pérez coa misión de reorganizar a FAI e a Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL). O 3 de xaneiro de 1948 foi detido. Posto en liberdade provisional, foi novamente detido en xuño de 1948 e internado en Ocaña. O 1 de xullo de 1949 foi condenado en Madrid a 18 anos de prisión por rebelión militar e participación na reorganización da FAI, FIJL e a CNT. Pasou varios anos na cadea de San Miguel de los Reyes. Saíu en liberdade condicional en 1953.