Moisés Lago Lorenzo

sindicalista e político galego

Moisés Lago Lorenzo, nado no Val (Soutomaior) o 20 de xuño de 1900 e finado en Fumel (Lot e Garona) en 1996, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaMoisés Lago Lorenzo
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1900 Editar o valor em Wikidata
Soutomaior, España Editar o valor em Wikidata
Morte1996 Editar o valor em Wikidata (95/96 anos)
Fumel, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante anarquista, en 1927 era membro da xunta da Sociedade de cociñeiros La Paz de Ferrol. Na ditadura de Primo de Rivera foi un dos organizadores da Federación de sindicatos únicos da CNT de Ferrol. En 1930 foi presidente do sindicato de cociñeiros e ao ano seguinte foi tesoureiro do Comité Rexional da Confederación e delegado de varios sindicatos no congreso rexional. Foi detido logo da folga xeral de maio de 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. O 23 de maio de 1937 sostivo con Luís Abella Beade un enfrontamento armado coa forza pública na casa de Xuvia onde estban agochados, sendo detido o propietario da casa e posteriormente condenado a morte.[1] O 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia. Estivo no campo de concentración de Argelès, de onde saíu o 4 de decembro de 1939 para a 127 compañía de traballadores. Durante a ocupación alemá de Francia uniuse á Unión Nacional Española e no outono de 1944 participou nas operacións da invasión do Val de Arán.

Notas editar

  1. "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 04 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar