Fundación Luís Tilve

A Fundación Luís Tilve é unha fundación constituída en 1989[1] e declarada fundación de interese galego pola Xunta de Galicia en 1991[2]. A iniciativa da súa constitución atribúese ao secretario xeral da UGT-Galicia naquela época, Jesús Mosquera Sueiro, actual presidente da Luís Tilve. Entre os obxectivos da fundación está a difusión da historia do movemento obreiro galego, singularmente da UGT.

Actualmente, a Fundación Luís Tilve ten a súa sede en Santiago de Compostela. Nas súas instalacións atópase un arquivo histórico do movemento obreiro, inscrito na Rede de Arquivos de Galicia.

Notas editar

  1. Tilve, Fundación Luís. "Fundación Luís Tilve". www.fundacionluistilve.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2016. Consultado o 2017-01-26. 
  2. "ORDE do 1 de abril de 1991 pola que se declara de interese galego a fundación denominada Luis Tilve." (PDF). Diario Oficial de Galicia (DOG) de 13 de maio de 1991. Consultado o 26-1-2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar