Suso Mosquera

sindicalista e político galego
(Redirección desde «Jesús Mosquera Sueiro»)

Jesús Mosquera Sueiro, nado en Vila de Cruces o 1 de outubro de 1943 e finado na Coruña o 13 de febreiro de 2018[1], foi un sindicalista e político galego.

Suso Mosquera
Nacemento1 de outubro de 1943
Lugar de nacementoVila de Cruces
Falecemento13 de febreiro de 2018
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1967 comezou a colaborar na organización dos primeiros núcleos da Unión Sindical Obrera (USO) en Vigo, Ferrol e A Coruña. En 1977, ao fusionarse USO coa UXT, integrouse no sindicato socialista na Coruña e afiliouse ao PSOE. Foi secretario xeral da UXT en Galicia desde 1980 e ata o 2005. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG pero deixou o escano o 2 de decembro de 1988 ante a folga xeral do 14 de decembro. Participou na creación e constitución do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal e da Fundación para a defensa do Consumidor (FUNDECO). Impulsou a formación da Fundación Luís Tilve (1989), da cal foi presidente.[2]

Notas editar

  1. UGT Galicia di adeus ao 'compañeiro Suso', Praza Pública, 13 de febreiro de 2018.
  2. "COMPOSICIÓN DOS ÓRGANOS DA FUNDACIÓN LUÍS TILVE". Fundación Luís Tilve. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar