Xosé Manuel Suárez Martínez

Xosé Manuel Suárez Martínez, nado en Cedeira en 1958, é un historiador galego.

Xosé Manuel Suárez Martínez
Nacemento1958
Lugar de nacementoCedeira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Nacional de Educación a Distancia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Funcionario do corpo de mestres (desde 1983), desempeñou varios destinos nas provincias da Coruña e Lugo. Licenciado en Xeografía e Historia (1992) obtivo o grao de Doutor nesa materia coa tese Alzamiento y represión en la comarca de Ferrol. 1936-1939, presentada na Facultade de Xeografía e Historia da UNED (Madrid, decembro de 2000).

Desde hai uns anos compaxina o seu traballo docente coa investigación da historia contemporánea de Galicia, especializándose no período da Segunda República Española e da guerra civil. Nos seus dous libros anteriores xa tratou os acontecementos desta etapa na bisbarra ferrolá.

Obra editar

Ten participado con relatorios ou comunicacións nos Congresos:

  • II Congreso Internacional A Historia a Debate, Santiago de Compostela. 1999.
  • Congreso Internacional de Maia (Portugal) de História Regional e Local. 1999.
  • Los campos de concentración y el mundo penitenciario en España durante la guerra civil y el franquismo, Museu d´Història de Catalunya, Barcelona. 2002.
  • I Congreso da Memoria A represión franquista en Galicia. Narón, 2003.
  • II Congreso da Memoria, A II República e a Guerra Civil en Galicia, Culleredo, 2005.