Diario de Vigo
Diario de Vigo foi un xornal editado en Vigo entre 1884 e 1885.
Diario de Vigo | |
---|---|
Fundación | 1884 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vigo |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en 1884, fundado por Federico Rodríguez Arosa e Emiliano Taboada Fernández. Sen unha adscrición partidaria definida, tiña unha orientación democrática. Entre os seus redactores figuraron Luis A. Mestre e Ángel Bernárdez Rodríguez e como colaboradores Manuel Navarro Murillo, Héctor F. Varela e Daniel Balaciart. Un decreto de excomuñón do bispo de Tui, Fernando Hue Gutiérrez, que acusaba ao xornal de republicanismo, obrigou ao seu peche. Cesou a súa publicación co número 400, correspondente ao 31 de agosto de 1885.[1] Foi substituído por El Independiente.
Notas
editar- ↑ Segundo outra versión desapareceu porque a morte de Federico Rodríguez Arosa, un dos seus propietarios, fixo necesaria a liquidación do establecemento tipográfico no que se imprimía, que foi adquirida polo antigo tipógrafo Angel Varela. "Republicanos vigueses y pontevedreses, unidos hace un siglo en la gran aventura de editar conjuntamente un periódico común" en La Voz de Galicia, 18-2-1990, p. 42.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Diario de Vigo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Diario de Vigo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 536–539. ISBN 84-7231-494-4.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.