Luís A. Mestre
xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Luis A. Mestre»)
Luís Antonio Mestre Hernández, nado na Habana en 1848 e finado en Vigo o 9 de abril de 1921, foi un xornalista e escritor galego.
Luís A. Mestre | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1848 |
Lugar de nacemento | A Habana |
Falecemento | 9 de abril de 1921 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Trasladouse moi novo a Vigo. Militou no Partido Republicano e desempeñou os consulados da Habana e Guatemala en Vigo. Dirixiu o semanario La Caridad (1872), fundou o periódico ilustrado Pero Grullo (1881) e o semanario La Víbora (1887-88). Foi redactor de Diario de Vigo, La Coalición Republicana e El Independiente e colaborou como polemista na prensa galega co pseudónimo de El Proscripto de Almendares. Foi premiado en varios certames galegos cos poemas "La reconquista de Vigo", "La torre de Andrade" e "A Vigo".
Obras editar
- Cartas abiertas, 1874.
- Letrillas y epigramas, 1878.
- La República española y las elecciones en Galicia, 1886.
- La petaca de D. Juan.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 417.