Abrir o menú principal

Irlanda no Festival de Eurovisión

Irlanda participou por primeira vez no Festival da Canción de Eurovisión (gaélico: Comórtas Amhrán Eorafíse) en 1965 en Nápoles, participando en cada edición, excepto en dúas: en 1983 en Múnic e en 2002 en Tallin. Raidió Teilifís Éireann (RTÉ) é a emisora representante de Irlanda no Festival, e transmite o mesmo anualmente; a semifinal transmítese en RTÉ Two e a final en RTÉ One.[1]

Irlanda

EuroIrlanda.svg

Estación membro RTÉ
Final nacional National Song Contest
Eurosong
You're a star
The Late Late Show
Aparicións 45
Primeira aparición 1965
Mellor resultado
Final 1970
1980
1987
1992
1993
1994
1996
Semifinal 1996
Peor resultado
Final 26° 2013
24° 2007
Semifinal 15° 2008
Ligazóns externas
Páxina en RTÉ
Páxina de Irlanda en Eurovision.tv

Todas as súas cancións foron interpretadas en inglés, fóra diso "Ceol An Ghrá" (Música do amor), a canción de 1972, que estaba en gaélico.

Irlanda gañou por primeira vez en 1970 con Dana interpretando "All Kinds of Everything". En total, o país gañou sete veces, máis ca calquera outro, así como tantas organizacións posteriores, todas elas (menos unha) en Dublín. En 1993 foi organizado en Millstreet, un pobo de 1,500 persoas no oeste do Condado de Cork.[2]

ParticipaciónsEditar

Irlanda competiu no festival case continuamente desde o seu debut. Só houbo dous anos nos que non participou, 1983 e 2002. En 1983 unha folga en RTÉ significou que a radiodifusora non tivese recursos para enviar a un representante. No seu lugar, RTÉ transmitiu o festival con comentarios da BBC. En 2002 Irlanda foi relegada do festival debido á súa mala posición anterior de 2001, pero malia iso RTÉ emitiu o festival celebrado en Tallin e enviou un comentarista.

Irlanda enviou 42 cancións a Eurovisión; das cales gañaron sete, e dezaoito terminaron entre os cinco primeiros postos aínda que nas últimas edicións obtivo baixas posicións.

Tres artistas representaron ao país no festival en máis dunha ocasión, todos eles ganadores: Johnny Logan gañando en ambas ocasións, a primeira en 1980 e a segunda en 1987, sendo a única persoa en habelo logrado. Ademais, Logan escribiu outras cancións para Linda Martin, que gañou o festival con "Why Me?" en 1992. Niamh Kavanagh, que gañou en 1993, volvería en 2010.

En case todos os festivais onde houbo orquestra (ata 1998) a canción irlandesa era conducida por Noel Kelehan. As excepcións foron en 1965 (conduciu Gianni Ferrio), 1970 (Dolf van der Linden), 1972-1975 (Colman Pearce), 1979 (Proinnsias O'Duinn), 1994 (Non houbo condutor, aínda que Kelehan conduciu outras cancións) e en 1997 (Frank McNamara).

 
Jedward en Düsseldorf (2011)
 
O pavo Dustin en Belgrado (2008)
 
Dervish en Helsinqui (2007)
Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts
2015   Austria
2014   Copenhague Can-Linn feat. Kasey Smith "Heartbeat"     12 35
2013   Malmö Ryan Dolan "Only love survives" 26 5 08 54
2012   Bakú Jedward "Waterline" 19 46 06 92
2011   Düsseldorf Jedward "Lipstick" 08 119 08 68
2010   Oslo Niamh Kavanagh "It's for you" 23 25 09 67
2009   Moscova Sinéad Mulvey & Black Daisy "Et cetera"     11 52
2008   Belgrado Dustin the Turkey "Irlande douze pointe"     15 22
2007   Helsinqui Dervish "They can't stop the spring" 24 5    
2006   Atenas Brian Kennedy "Every song is a cry for love" 10 93 09 79
2005   Kiev Donna & Joseph McCaul "Love?"     14 51
2004   Istambul Chris Doran "If the world stops turning" 22 7    
2003   Riga Mickey Harte "We've got the world" 11 53
2002   Tallin Non participou
2001   Copenhague Gary O'Shaughnessy "Without your love" 21 6
2000   Estocolmo Eamonn Toal "Millennium of love" 06 92
1999   Xerusalén The Mullans "When you need me" 17 18
1998   Birmingham Dawn Martin "Is always over now?" 09 64
1997   Dublín Marc Roberts "Mysterious woman" 02 157
1996   Oslo Eimear Quinn "The Voice" 01 162 02 198
1995   Dublín Eddie Friel "Dreamin'" 14 44
1994   Dublín Paul Harrington & Charlie McGettigan "Rock 'n' Roll Kids" 01 226
1993   Millstreet Niamh Kavanagh "In Your Eyes" 01 187
1992   Malmö Linda Martin "Why Me?" 01 155
1991   Roma Kim Jackson "Could it be that I'm in love" 11 47
1990   Zagreb Liam Reilly "Somewhere in Europe" 03 132
1989   Lausana Kiev Connolly & The Missing passengers "The real me" 18 21
1988   Dublín Jump the Gun "Take him home" 08 79
1987   Bruxelas Johnny Logan "Hold Me Now" 01 172
1986   Bergen Luv Bug "You can count on me" 04 96
1985   Gotemburgo Maria Christian "Wait until the weekend comes" 06 91
1984   Luxemburgo Linda Martin "Terminal 3" 02 137
1983   Múnic No participó
1982   Harrogate The Duskeys "Here today, gone tomorrow" 11 49
1981   Dublín Sheeba "Horoscopes" 05 105
1980   A Haia Johnny Logan "What's another year" 01 143
1979   Xerusalén Cathal Dunne "Happy man" 05 80
1978   París Colm C. T. Wilkinson "Born to sing" 05 86
1977   Londres The Swarbriggs "It's nice to be in love again" 03 119
1976   A Haia Red Hurley "When" 10 54
1975   Estocolmo The Swarbriggs "That's what friends are for" 09 68
1974   Brighton Tina Reynolds "Cross your heart" 08 11
1973   Luxemburgo Maxi "Do I dream?" 10 80
1972   Edimburgo Sandie Jones "Ceol on ghrá" 15 72
1971   Dublín Angela Farrell "One day love" 11 79
1970   Ámsterdam Dana "All kinds of everything" 01 32
1969   Madrid Muriel Day "The wages of love" 07 10
1968   Londres Pat McGeegan "Chance of a lifetime" 04 18
1967   Viena Sean Dunphy "If I could choose" 02 22
1966   Luxemburgo Dickie Rock "Come back to stay" 04 14
1965   Nápoles Butch Moore "I'm walking the streets in the rain" 06 11

VotaciónsEditar

Irlanda benefíciase ocasionalmente do voto entre veciños por parte do Reino Unido, aínda que non foi así en 2007. Antes da introdución do televoto, os xuíces irlandeses tendían a darlle ao Reino Unido máis ou menos a mesma cantidade de puntos que os demais países. Desde a aparición do televoto ambos países outorgáronse puntuacións por encima da media.

Estatisticamente, Irlanda é o oitavo mellor país para predicir ao ganador (detrás de Montenegro, o agora extinto Serbia e Montenegro, os Países Baixos, Suiza, Suecia, Polonia e Hungría), outorgándolle unha media de 8.56 puntos ao país ganador cada ano ao longo dos seus 25 aparicións desde que se implementó o sistema de puntos actual. Só dúas veces (Turquía en 2003 e Acerbaixán en 2011) non lle outorgou puntos ao país ganador.[3]

Irlanda benefíciase ocasionalmente do voto entre veciños por parte do Reino Unido, aínda que non foi así en 2007. Antes da introdución do televoto, os xuíces irlandeses tendían a darlle ao Reino Unido máis ou menos a mesma cantidade de puntos que os demais países. Desde a aparición do televoto ambos países outorgáronse puntuacións por encima da media. Desde a adopción do sistema de puntos actual en 1975, Irlanda deu e recibido puntos de 39 países.

Nos últimos anos Irlanda sempre adoita dar altas puntuacións aos tres Estados Bálticos, tanto en semifinais (12 puntos a Letonia en 2007,12 a Lituania en 2009,12 a Lituania en 2010, 10 a Estoniana e 7 a Letonia en 2011) como na final (12 puntos a Lituania e 10 a Letonia en 2007;12 a Letonia en 2008; 10 a Lituania e 7 a Estoniana en 2011).

Final

Irlanda recibiu a maior cantidade de puntos de...

Lugar País Puntos
1   Reino Unido 187
2   Suecia 183
3   Noruega 151
4   Suíza 150
5   Israel 142

Irlanda outorgou a maior cantidade de puntos a...

Lugar País Puntos
1   Reino Unido 144
2   Francia 139
3   Suecia 113
4   Alemaña 108
5   Noruega 100

12 puntosEditar

Ano País Ano País Ano País
1975   Francia 1988   Luxemburgo 2001   Dinamarca
1976   Italia 1989   Iugoslavia 2002 Non participou
1977   Finlandia 1990   Italia 2003   Noruega
1978   Bélxica 1991   Malta 2004   Suecia
1979   Israel 1992   Austria 2005   Letonia
1980   Suíza 1993   Países Baixos 2006   Lituania
1981   Suíza 1994   Hungría 2007   Lituania
1982   Alemaña 1995   Suecia 2008   Letonia
1983 Non participou 1996   Suecia 2009   Islandia
1984   Suecia 1997   Reino Unido 2010   Dinamarca
1985   Noruega 1998   Malta 2011   Dinamarca
1986   Bélxica 1999   Eslovenia 2012   Suecia
1987   Italia 2000   Dinamarca 2013   Dinamarca

NotasEditar

  1. RTÉ:Eurovision. RTÉ.ie. Recuperado o 5 de setembro de 2007.
  2. Millstreet. Cork-Guide.ie. Recuperado o 5 de setembro 2007.
  3. Estatísticas compiladas e dispoñibles aquí (desprazarse á metade da páxina).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar