Alemaña no Festival de Eurovisión

Alemaña participou en todos os Festivais de Eurovisión desde o seu inicio en 1956, salvo na edición de 1996. É o país con máis representacións en toda a historia do Festival da canción. Francia e o Reino Unido están preto, faltando a só dúas edicións cada un. Tamén se atopa bastante cerca España que empezou a concursar en 1961 e desde entón non faltou nunca.

Alemaña

Estación membro e
Final nacional Unser Star/Song für... (cidade sede)
Aparicións 58
Primeira aparición 1956
Mellor resultado
Final 2010
1982
Semifinal 24º 1996, única semifinal porque a partir do ano 2000 pasa directamente á final por ser do Big 4 (máis tarde Big 5).
Peor resultado
Final 26° 2015

26° 2016

Semifinal 24º 1996, única semifinal porque a partir do ano 2000 pasa directamente á final por ser do Big 4 (máis tarde Big 5).
Ligazóns externas
Páxina de Alemaña en Eurovision.tv

Aínda que os participantes alemáns tiveron un éxito limitado (Alemaña só gañou o festival dúas veces), o interese público mantense alto e o festival é un dos eventos máis vistos en cada ano.

En anos recentes, Alemaña destacou pola súa adopción de estilos musicais non tan típicos co que poida asociarse normalmente a Eurovisión, tales como o country (Texas Lightning - Non Non Never en 2006), o swing (Roger Cicero - Frauen regier'n die Welt en 2007) ou o electropop (Lena - Taken by a stranger en 2011).

En 34 veces estivo no TOP-10 e só en 5 veces, Alemaña foi última (sen ter en conta a súa eliminación na rolda de clasificación en 1996).

Historia editar

Festival de 1982 editar

A 1ª ganadora foi a estrela adolescente Nicole en 1982, que interpretou Ein bißchen Frieden, escrita por Ralph Siegel. A canción mantívose no número un da Lista de Popularidade alemá por cinco semanas e permaneceu entre as dez cancións máis populares por outras dezaseis. O festival tivo lugar no Reino Unido e Nicole gañou con 161 puntos, unha marxe de 61 puntos sobre o segundo lugar, ocupado po Avi Toledano de Israel. Siegel escribiu 12 das cancións interpretadas por cantantes alemáns, incluíndo "I can't live without music" en 2002 e "Let's get happy" en 2003.

Festival de 1996 editar

1996 foi o único ano no que Alemaña non acudiu ao Festival. Debido á gran cantidade de participantes en 1996, tívose que realizar unha criba de países por parte da organización en base á calidade dos temas. Malia que non se teñen datos oficiais sobre a súa realización, Alemaña quedou con 24 puntos, a 2 da última clasificada Finlandia, polo que non puido participar. O seu tema era "Blauer Planet", interpretado por Leon.

Festival de 1998: Guildo Horn editar

O punto máis elevado do festival en Alemaña pode ser a versión de 1998. Guildo Horn comezou a súa campaña para ser nomeado como un cantante controvertido polo seu estilo. Foi criticado pola súa falta de seriedade e a súa imaxe. Con todo, a opinión pública pronto cambiou e Horn gañou a preselección alemá con máis do 60% dos votos. Achegándose o Eurovisión a "Guido-mania" estendeuse aínda máis a través de Alemaña e o evento foi material de primeira páxina ata a data do festival. Horn fíxose destacar tamén noutros países e a controversia que atopara en Alemaña rexurdiu a través de Europa.

Horn interpretou xunto a súa banda, Orthopädischen Strümpfe, cantando Guildo hat Euch lieb!, escrita por Stefan Raab. Aínda que o sétimo lugar foi decepcionante para moitos en Alemaña, foi un resurgimiento para o Eurovisión no país e foi o comezo para catro finais consecutivos entre os primeiros dez. Desde entón, Raab participou noutros dous Festivais. Dous anos logo de escribir "Guildo Hat Euch Lieb!", apareceu con "Wadde Hadde Dudde Da?", tema humorístico que interpretou o mesmo. Catro anos máis tarde, escribiu a canción de Max, "Can't Wait Until Tonight".

Festival de 2010: Lena Meyer-Landrut editar

Alemaña conseguiu nesta edición a súa segunda vitoria no festival da man da nova Lena Meyer-Landrut.

O triunfo era moi esperado, tanto por alemáns como pola maioría dos europeos votantes, que vían como un país do "Big 4" levábase a casa o festival, fronte a candidaturas tan fortes como Grecia, Turquía ou os países do Leste, que adoitan copar o "top 10" nos últimos anos.

Gañou o certame con 246 puntos e o tema Satellite.

Votación de Alemaña 1975-2015 editar

Alemaña deu os seus puntos na final a
Posto País Puntos
1   Reino Unido 180
2   Turquía 170
3  Suecia 159
4  Francia 155
5  Irlanda 149
Alemaña deu os seus puntos a (final e semifinais)
Posto País Puntos
1   Turquía 208
3   Suecia 189
2   Reino Unido 180
4   Irlanda 159
5   Francia 155
Alemaña obtivo os seus puntos de:
Posto País Puntos
1   España 224
2   Portugal 177
3   Reino Unido 168
4   Bélxica 162
5   Dinamarca 161

Ano: 2014

Participantes editar

Ano Sede Artista Canción Lugar Puntos
1956   Lugano Walter Andreas Schwarz "Im Wartesaal zum großen Glück"
Freddy Quinn "So geht das jede Nacht"
1957   Frankfurt Margot Hielscher "Telefon, Telefon" 4 8
1958   Hilversum Margot Hielscher "Für zwei Groschen Musik" 7 5
1959   Cannes Alice & Ellen Kessler "Heute Abend wollen wir tanzen geh'n" 8 5
1960   Londres Wyn Hoop "Bonne nuit ma chérie" 4 11
1961   Cannes Lale Andersen "Einmal sehen wir uns wieder" 13 3
1962   Luxemburgo Conny Froboess "Zwei kleine Italiener" 6 9
1963   Londres Heidi Brühl "Marcel" 9 5
1964   Copenhaguen Nora Nova "Man gewöhnt sich so schnell an das Schöne" 13 0
1965   Nápoles Ulla Wiesner "Paradies, wo bist du?" 15 0
1966   Luxemburgo Margot Eskens "Die Zeiger der Uhr" 10 7
1967   Viena Inge Brück "Anouschka" 10 7
1968   Londres Wencke Myhre "Ein Hoch der Liebe" 6 11
1969   Madrid Siw Malmkvist "Primaballerina" 10 8
1970   Ámsterdan Katja Ebstein "Wunder gibt es immer wieder" 3 12
1971   Dublín Katja Ebstein "Diese Welt" 3 100
1972   Edimburgo Mary Roos "Nur die Liebe läßt uns leben" 3 107
1973   Luxemburgo Gitte "Junger Tag" 9 85
1974   Brighton Cindy & Bert "Die Sommermelodie" 14 3
1975   Estocolmo Joy Fleming "Ein Lied kann eine Brücke sein" 17 15
1976   A Haia Les Humphries Singers "Sing Sang Song" 15 12
1977   Wembley Silver Convention "Telegram" 8 55
1978   París Ireen Sheer "Feuer" 6 84
1979   Xerusalén Dschinghis Khan "Dschinghis Khan" 4 86
1980   A Haia Katja Ebstein "Theater" 2 128
1981   Dublín Lena Valaitis "Johnny Blue" 2 132
1982   Harrogate Nicole "Ein bißchen Frieden" 1 161
1983   Múnic Hoffmann & Hoffmann "Rücksicht" 5 94
1984   Luxemburgo Mary Roos "Aufrecht geh'n" 14 34
1985   Gotemburgo Wind "Für alle" 2 105
1986   Bergen Ingrid Peters "Über die Brücke geh'n" 8 62
1987   Bruxelas Wind "Laß die Sonne in dein Herz" 2 141
1988   Dublín Maxi & Chris Garden "Lied für einen Freund" 14 48
1989   Lausana Nino de Angelo "Flieger" 14 46
1990   Zagreb Chris Kempers & Daniel Kovac "Frei zu leben" 9 60
1991   Roma Atlantis 2000 "Dieser Traum darf niemals sterben" 18 10
1992   Malmö Wind "Träume sind für alle da" 16 27
1993   Millstreet Münchener Freiheit "Viel zu weit" 18 18
1994   Dublín Mekado "Wir geben 'ne Party" 3 128
1995   Dublín Stone & Stone "Verliebt in Dich" 23 1
1996   Oslo Leon "Planet of Blue" Non se clasificou
1997   Dublín Bianca Shomburg "Zeit" 19 22
1998   Birmingham Guildo Horn "Guildo hat Euch lieb!" 8 74
1999   Xerusalén Sürpriz "Reise nach Jerusalem - Kudüs'e seyahat" 3 140
2000   Estocolmo Stefan Raab "Wadde hadde dudde da?" 5 96
2001   Copenhaguen Michelle "Wer Liebe lebt" 8 66
2002   Tallin Corinna May "I Can't Live without Music" 21 17
2003   Riga Lou "Let's Get Happy 12 53
2004   Istambul Max "Can't Wait Until Tonight" 8 93
2005   Kíiv Gracia "Run & Hide" 24 4
2006   Atenas Texas Lightning "No No Never" 15 36
2007   Helsinqui Roger Cicero "Frauen regier'n die Welt" 19 49
2008   Belgrado No Angels "Disappear" 23 14
2009   Moscova Alex Christensen e Oscar Loya "Miss Kiss Kiss Bang" 20 35
2010   Oslo Lena "Satellite" 1 246
2011   Düsseldorf Lena "Taken by a Stranger" 10 107
2012   Bakú Roman Lob "Standing Still" 8 110
2013   Malmö Cascada "Glorious" 21 18
2014   Copenhague Elaiza "Is It Right" 18 39
2015   Viena Ann Sophie "Black Smoke" 26 0
2016  Estocolmo Jamie-Lee Kriewitz ''Ghost'' 26 11
2017   Kíiv Levina «Perfect life» 25 6
2018   Lisboa Michael Schulte «You Let Me Walk Alone» 4 340

12 puntos editar

  • Alemaña deu 12 puntos a...

Final editar

Ano País Ano País Ano País Ano País
1975   Finlandia 1988   Suíza 2001   Dinamarca 2014   Países Baixos
1976   Francia 1989   Reino Unido 2002   Letonia 2015   Rusia
1977   Francia 1990   España 2003   Polonia
1978   Israel 1991   Suecia 2004   Turquía
1979   España 1992   Reino Unido 2005   Grecia
1980   Irlanda 1993   Suíza 2006   Turquía
1981   Francia 1994   Irlanda 2007   Turquía
1982   Israel 1995   Suecia 2008   Grecia
1983   Suecia 1996 Non cualificado 2009   Noruega
1984   Suecia 1997   Turquía 2010   Bélxica
1985   Noruega 1998   Turquía 2011   Austria
1986   Luxemburgo 1999   Turquía 2012   Suecia
1987   Italia 2000   Dinamarca 2013   Hungría

Final (2016 - ) editar

Ano Xurado Televoto
2016   Israel   Rusia
2017   Noruega   Portugal
2018   Suecia   Italia
2019

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar