So geht das jede Nacht

«So geht das jede Nacht»
Sinxelo de Freddy Quinn
Lanzamento 1956
Formato Disco de vinilo 7"
Gravada 1956
Xénero musical Pop, rock
Lingua(s) Alemán
Duración 2:10
Discográfica Polydor Records
Produtor(es)
Escritor(es) Lothar Olias (música)
Peter Mösser (letra)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«So geht das jede Nacht» (en galego: «Así é como funciona todas as noites») é unha canción composta por Lothar Olias e interpretada en alemán por Freddy Quinn.[1] Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Polydor Records.[2] Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager & Chansons.[3][4]

Festival de Eurovisión 1956Editar

So geht das jede Nacht
Canción do Festival de Eurovisión 1956
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
Lothar Olias (música)
Peter Mösser (letra)
Director
Franck Pourcel
Resultados
Posto na Final
2.º[a]
Puntos na Final
-
Cronoloxía
◄ «Im Wartesaal zum großen Glück» (1956)   
«Telefon, Telefon» (1957) ►

SelecciónEditar

«So geht das jede Nacht» cualificouse para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1956 tras gaña-la final nacional alemá, Schlager & Chansons.[3]

No festivalEditar

A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada polo cantante alemán Freddy Quinn.[4] A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.[6]

Foi interpretada 11.ª, seguindo a Bélxica con Mony Marc interpretando «Le plus beau jour de ma vie» e precedendo a Francia con Dany Dauberson interpretando «Il est là».[5] O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.[7]

NotasEditar

  1. Aínda que o resultado das votacións non foi revelado, a páxina web oficial do Festival de Eurovsión asigna ás cancións non gañadoras o segundo posto.[5]
Referencias
  1. "So Geht Das Jede Nacht". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  2. "Freddy* Und Die Dominos (3) – Rosalie". discord (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Deutscher Vorentscheid 1956: Ach die armen, armen Leute". aufrechtgehn.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 UER (ed.). "Freddy Quinn - Germany — Lugano 1956" [Freddy Quinn - Alemaña — Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  5. 5,0 5,1 UER (ed.). "Final of Lugano 1956" [Final de Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019. 
  6. "Franck Pourcel". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1956, Franck Pourcel. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  7. UER (ed.). "Lugano 1956". Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019. As puntuacións da votación nunca se fixeron públicas, deixando moito espazo para a especulación. Os intentos de reconstruír a votación entrevistando a membros do xurado durante o últimas cinco décadas non obtiveron ningún resultado fiable. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Predecesor:
«Im Wartesaal zum großen Glück»
Walter Andreas Schwarz
 
Alemaña no Festival de Eurovisión

1956
Sucesor:
«Telefon, Telefon»
Margot Hielscher