Festival de Eurovisión 2011

O Festival da Canción de Eurovisión 2011 celebrouse os días 10, 12 e 14 de maio en Alemaña, trala vitoria en 2010 de Lena Meyer-Landrut co tema Satellite, o cal obtivo un total de 246 puntos.

Festival de Eurovisión 2011
"Feel Your Heart Beat!"
Datas
Semi-final 1 12 de maio
Semi-final 2 14 de maio
Final 10 de maio
Anfitrión
Lugar Esprit Arena
Düsseldorf, Alemaña[1]
Presentador(es) Anke Engelke, Judith Rakers e Stefan Raab
Supervisor executivo Jon Ola Sand
Televisión anfitrioa ARD/NDR
Apertura Final: Stefan Raab interpretando "Satellite" con Lena Meyer-Landrut
Participantes
Participantes 43
Países que retornan Austria Austria
Hungría Hungría
Italia Italia
San Marino San Marino
Votacións
Canción gañadora Acerbaixán
"Running Scared"
Festival de Eurovisión
◄2010 2012►
Vista aérea da cidade de Düsseldorf, sede do festival.

Nesta edición, a canción Running scared, de Acerbaixán, interpretada polo dúo Ell & Nikki, foi a gañadora con 221 puntos,[2] seguida de Italia con 189 puntos e Suecia con 185 puntos.

Foi a primeira vez que Alemaña organizou o festival como un país unificado, e a terceira ocasión na que a ARD/NDR se ocupou da súa realización. En anteriores edicións, Frankfurt (1957) e Múnic (1983) acolleron edicións do Festival sendo ambas cidades da República Federal Alemá.[3][4] Tamén foi a primeira vez que o Festival se celebrou nun país do denominado Big Four (Alemaña, España, Francia e o Reino Unido, que son os máximos contribuíntes do festival a nivel económico) desde a creación do grupo no ano 2000.[5]

Despois de anos sen participar, Italia, membro do extinto Big Five, volveu ao festival tras 13 anos sen concorrer, quedando en segunda posición. Xunto a Italia, Austria, Hungría e San Marino volveron formar parte do Festival de Eurovisión.

España foi representada no festival pola cantante galega Lucía Pérez, que acabou en 23ª posición, con 50 puntos.

A cidade anfitrioa editar

Artigo principal: Düsseldorf.
 
Situación de Düsseldorf en Alemaña

Hai trece anos que o Festival se celebra na capital do país anfitrión (salvo no Festival de 2004 que foi celebrado en Istambul, antiga capital de Turquía). Este ano volveuse romper o esquema sendo elixida a cidade de Düsseldorf como sede do Festival, fronte as sete cidades candidatas: Berlín, Colonia, Frankfurt, Gelsenkirchen,[6] Hannover, Hamburgo e Múnic.[7].

Organización editar

Deseño gráfico e visual editar

O 13 de xaneiro de 2011, a televisión alemá NDR revelou o tema artístico e o eslogan para o festival de Düsseldorf, "Feel your heart beat!" (en galego: Sinte o latexo do teu corazón!), concepto desenvolto pola empresa inglesa Turquoise.

O símbolo principal é un corazón palpitando realizado con raios de luz multicolor, que quere expresar as grandes emocións que a música pode evocar, as cales son aplicables ao Festival de Eurovisión: entusiasmo, corazóns palpitantes, emoción, amor e paixón. Non hai límites nestas emocións, nin barreiras idiomáticas. O logo tamén fai referencia a que cada canción ten o seu particular ritmo individual.

A idea do símbolo xurdiu da propia gañadora do Festival de Oslo, Lena Meyer-Landrut, que durante a súa conversa co presentador Erik Solbakken formou un corazón cos seus dedos para agradecer ós telespectadores que votaran por ela.

Presentadores editar

 
Presentadores desta edición: Anke Engelke, Judith Rakers e Stefan Raab.

A ARD/NDR revelou os nomes dos presentadores desta edición o 16 de decembro de 2010: Anke Engelke, Judith Rakers e Stefan Raab. É a terceira vez na historia do Festival de Eurovisión que tres presentadores conducen o Festival. Isto xa ocorreu no Festival de Eurovisión de 1999 e no Festival de Eurovisión 2010.[8] Stefan Raab representou a Alemaña no ano 2000 e apareceu noutras edicións do Festival.

Países participantes editar

Sorteo das semifinais editar

O 17 de xaneiro de 2011 celebrouse o sorteo para decidir os países participantes en cada unha das semifinais do festival. Baseándose no mesmo sistema empregado no Festival de Eurovisión 2010, mais co cambio de 5 bombos a 6. Todos os países foron separados en seis bombos individuais en función do seu historial de voto nos festivais anteriores e da súa localización xeográfica. O sorteo levouse a cabo para garantir que os países dispostos a dar as súas puntuacións altas un ao outro non participen na mesma semifinal. Un sétimo bombo, no cal só participaron os membros do Big Five: Alemaña, España, Italia, Francia e o Reino Unido, sorteouse co fin de designar que país votará e retransmitirá polo menos unha semifinal.

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 Bombo 5 Bombo 6

Tras o sorteo celebrado o 17 de xaneiro en Düsseldorf, ambas semifinais quedaron establecidas do seguinte xeito:[9]

 
     Países participantes na Primeira semifinal.      Países votantes na Primeira semifinal.      Países participantes na Segunda semifinal.      Países votantes na Segunda semifinal.
1.ª Semifinal
10 de maio de 2011
2.ª Semifinal
12 de maio de 2011
  Albania
  Finlandia
  Armenia
  Suíza
  Noruega
  Turquía
  Xeorxia
  Serbia
  Rusia
  Polonia
  Croacia
  Acerbaixán
  Hungría
  Lituania
  Malta
  San Marino
  Islandia
  Grecia
  Portugal
  Países Baixos
  Bosnia e Hercegovina
  Ucraína
  Chipre
  Austria
  Suecia
  Moldavia
  Bélxica
  Eslovaquia
  Israel
  Macedonia do Norte
  Belarús
  Dinamarca
  Bulgaria
  Letonia
  Estonia
  Romanía
  Eslovenia
  Irlanda
Só Votación:

  España
  Reino Unido
Só Votación:

  Italia
  Alemaña
  Francia

Tras unha reunión sobre a participación israelí decidiuse que participase na 2ª semifinal porque a 1ª semifinal e o primeiro ensaio coincidían con festividades cívico-relixiosas (o Yom Ha'atzmaut e o Yom Hazikarón respectivamente).

Incluíuse a Eslovaquia no sorteo, no bombo 6, e foi elixida para participar na segunda semifinal, a pesar de que a propia cadena anunciara que non tomaría parte no festival. Posteriormente confirmouse a súa participación para evitar a sanción imposta por abandonar o Festival tras a data límite.

Final editar

 
     Países participantes      Países que non se clasificaron para a final      Países que participaron outros anos pero non en 2011

A final celebrase o día 14 de maio de 2011.

País Lingua Artista Canción Posición Puntos
01   Finlandia Inglés Paradise Oskar "Da Da Dam" 21 57
02   Bosnia e Hercegovina Inglés
Bosníaco
Dino Merlín "Love in Rewind" 6 125
03   Dinamarca Inglés A Friend in London "New Tomorrow" 5 134
04   Lituania Inglés con algunha frase en francés Evelina Sašenko "C'est ma vie" 19 63
05   Hungría Inglés
Húngaro
Kati Wolf "What About My Dreams?" 22 53
06   Irlanda Inglés Jedward "Lipstick" 8 119
07   Suecia Inglés Eric Saade "Popular" 3 185
08   Estonia Inglés Getter Jaani "Rockefeller Street" 24 44
09   Grecia Inglés
Grego
Loukas Giorkas ft.
Stereo Mike
"Watch My Dance" 7 120
10   Rusia Inglés Alexey Vorobyov "Get You" 16 77
11   Francia Corso Amaury Vassili "Sognu" 15 82
12   Italia Italiano
Inglés
Raphael Gualazzi "Follia d'amore" 2 189
13   Suíza Inglés Anna Rossinelli "In Love for a While" 25 19
14   Reino Unido Inglés Blue "I Can" 11 100
15   Moldavia Inglés Zdob şi Zdub "So Lucky" 12 97
16   Alemaña Inglés Lena "Taken by a Stranger" 10 107
17   Romanía Inglés Hotel FM "Change" 17 77
18   Austria Inglés Nadine Beiler "The Secret is Love" 18 64
19   Acerbaixán Inglés Ell e Nikki "Running Scared" 1 221
20   Eslovenia Inglés Maja Keuc "No One" 13 96
21   Islandia Inglés Sigurjón's Friends "Coming Home" 20 61
22   España Español Lucía Pérez "Que me quiten lo bailao" 23 50
23   Ucraína Inglés Mika Newton "Angel 4 159
24   Serbia Serbio Nina "Čaroban" (Чаробан) 14 85
25   Xeorxia Inglés Eldrine "One More Day" 9 110

Artistas que repiten editar

Artista País Ano anterior
Dino Merlin[10]   Bosnia e Hercegovina 1999
Lena   Alemaña 2010 (gañadora)
Gunnar Ólafsson (parte de Sigurjón's Friends)[11]   Islandia 2001 (parte de Two Tricky)[12]
Dana International   Israel 1998 (gañadora)
Zdob şi Zdub[13]   Moldavia 2005

Notas editar

  1. Siim, Jarmo (12 October 2010). "And the winner is... Düsseldorf!". EBU (Eurovision.tv). Consultado o 12 October 2010. 
  2. "Clasificación final de Eurovisión 2011 en Classora". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 15 de maio de 2011. 
  3. http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest Eurovision History by year (1957)
  4. http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest?Eurovision History by year (1983)
  5. The Eurovision Song Contest 50 Years The Official History. John Kenndy O'Connor. 2005. Carlton Books Limited. Londres. ISBN 1-84442-586-X
  6. http://www.bild.de/BILD/unterhaltung/musik/grand-prix/2010/06/01/lena-titelverteidigung-song-contest-2011/hamburg-berlin-koeln-hannover-schalke-gelsenkirchen-grand-prix.html Arquivado 22 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. Eurovision Song Contest 2011 - Jetzt will auch Schalke den Grand Prix
  7. http://www.oikotimes.com/v2/index.php?file=articles&id=8300 Arquivado 02 de xuño de 2010 en Wayback Machine. GERMANY - Seven cities already declared interest
  8. http://www.eurovision.tv/page/news?id=22603&_t=Presenters+for+2011+Eurovision+Song+Contest+announced%21
  9. http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=7030&
  10. Al Kaziri, Ghassan (1 December 2010). "Dino Merlin returns as 2011 representative". Oikotimes. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2011. Consultado o December 6, 2010. 
  11. http://www.eurovision.tv/page/news?id=25543&_t=sigurjons_friends_will_pay_him_homage_in_duesseldorf%7Ctitle=Sigurjón's Friends will pay him homage in Düsseldorf|last=Escudero|first=Victor M|publisher=European Broadcasting Union|accessdate=12 February 2011}}
  12. "Aftur heim - info". Digiloo Thrush. Consultado o February 19, 2011. 
  13. Brey, Marco (2011-02-26). "Zdob şi Zdub to represent Moldova!". European Broadcasting Union. Consultado o 26 February 2011. 
Predecesor:
  Oslo 2010
 
Festival de Eurovisión

2011
Sucesor:
  Bakú 2012