Lena Meyer-Landrut
Lena Meyer-Landrut, nada en Hannover o 23 de maio de 1991, é unha cantante alemá.
Lena Meyer-Landrut | |
---|---|
![]() Lena Meyer en Oslo durante o festival de Eurovisión | |
Nome completo | Lena Meyer-Landrut |
Data nacemento | 23 de maio de 1991 |
Nado en | Hannover |
Ocupación | |
Xénero | pop |
Instrumento(s) | Voz |
Tempo en activo | 2010 - actualmente |
Pseudónimo | Lena |
Na rede | |
www.lena-meyer-landrut.de | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Lena foi a gañadora do concurso de talentos "Unser Star für Oslo" ("A nosa estrela para Oslo"), cuxa final foi realizada o 12 de marzo de 2010. A vitoria deulle o dereito a representar a Alemaña no Festival da Canción de Eurovisión 2010 coa canción "Satellite" escrita polos compositores Julie Frost e John Gordon. Esta canción, xunto cos temas "Bee" e "Love me" (esta última co escrita por ela mesma xunto a Stefan Raab) ocuparon o tres primeiros lugares no iTunes Store alemán o día despois da final nacional. O día 29 de maio de 2010 proclamouse gañadora do Festival de Eurovisión, celebrado en Oslo, con 246 puntos.
No Festival de Eurovisión 2011 volve representar a Alemaña coa canción "Taken by a stranger".