Festival de Eurovisión 2012

O LVII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse os días 22, 24 e 26 de maio de 2012 na cidade de Bakú, Acerbaixán tras a vitoria deste país na edición de 2011.[5]

Festival de Eurovisión 2012
Datas
Semi-final 1 22 de maio
Semi-final 2 24 de maio
Final 26 de maio
Anfitrión
Lugar Baku Crystal Hall
Baku, Acerbaixán
Presentador(es) Leyla Aliyeva, Nargiz Birk-Petersen e Eldar Gasimov.[1][2]
Supervisor executivo Jon Ola Sand
Televisión anfitrioa  İctimai TV
Participantes
Participantes 42
Países que retornan Montenegro Montenegro
Países que se retiran Armenia[3]
Polonia Polonia[4]
Votacións
Canción gañadora "Euphoria", Loreen
Festival de Eurovisión
◄2011 2013►

A gañadora desta edición foi Loreen, representante de Suecia, que obtivo 372 puntos polo seu tema Euphoria, conseguindo o segundo lugar histórico en canto a cantidade de puntos. O podio completárono Rusia, con 259 puntos, e o terceiro lugar foi para Serbia con 214 puntos. O país anfitrión, Acerbaixán, chegou ata a 4ª posición con 150 puntos, e Albania logrou a 5° posición con 146 puntos, o seu mellor resultado histórico. Cabe destacar que 3 dos Big Five colocáronse no Top 10: Alemaña, Italia e España, conseguindo as posicións 8ª, 9ª e 10ª respectivamente.

Festival editar

Semifinais editar

A primeira semifinal realizouse o 22 de maio de 2012 e a segunda o 24 de maio de 2012. 36 países tiveron que pasar polas semifinais, polo que en cada unha delas participaron 18 países, clasificándose 10 en cada unha delas.[6] O 25 de xaneiro de 2012, por sorteo, determinouse en que final participaría cada país. A orde de actuación de cada semifinal decidiuse igualmente por sorteo o 20 de marzo dese ano.[7]

Semifinal 1 editar

A primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012, celebrouse o martes 22 de maio. Dez países, dun total de dezaoito que participaban nela, pasaron á final do sábado.[8] Un total de 21 países tiveron dereito a voto nesta semifinal, incluíndo a Acerbaixán, España e Italia, que como membros do Big Five xa estaban clasificados á final.

 
Romanía logrou clasificarse á final co grupo Mandinga e o seu tema "Zaleilah".
 
Albania e Rona Nishliu lograron o mellor resultado da súa historia, 2° (semifinal) e 5° (Final).
País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos
01   Montenegro Rambo Amadeus Euro neuro 15 20
02   Islandia Gréta Salóme & Jónsi Never forget 8 75
03   Grecia Eleftheria Eleftheriou Aphrodisiac 4 116
04   Letonia Anmary Beautiful song 16 17
05   Albania Rona Nishliu Suus 2 146
06   Romanía Mandinga Zaleilah 3 120
07   Suíza Sinplus Unbreakable 11 45
08   Bélxica Iris Would you? 17 16
09   Finlandia Pernilla Karlsson När jag blundar 12 41
10   Israel Izabo Time 13 33
11   San Marino Valentina Monetta The social network song (oh oh-uh-oh oh) 14 31
12   Chipre Ivi Adamou La La Love 7 91
13   Dinamarca Soluna Samay Should've known better 9 63
14   Rusia Buránovskiye Bábushki Party for everybody 1 152
15   Hungría Compact Disco Sound of our hearts 10 52
16   Austria Trackshittaz Woki mit deim Popo 18 8
17   Moldavia Pasha Parfeny Lăutar 5 100
18   Irlanda Jedward Waterline 6 92

Semifinal 2 editar

A segunda semifinal tivo lugar o xoves 24 de maio. Participaron dezaoito países dos cales dez pasaron á final. Un total de 21 países tiveron dereito a voto, incluíndo a Alemaña, Francia e o Reino Unido, que xa estaban clasificados na final.

 
Eva Boto representando a Eslovenia coa canción "Verjamem"
 
Nina Badrić representando a Croacia coa canción "Nebo"
País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
01   Serbia Željko Joksimović Nije ljubav stvar 2 159
02   República de Macedonia Kaliopi Crno i belo 9 53
03   Países Baixos Joan Franka You and me 15 35
04   Malta Kurt Calleja This is the night 7 70
05   Belarús Litesound We are the heroes 16 35
06   Portugal Filipa Sousa Vida minha 13 39
07   Ucraína Gaitana Be my guest 8 64
08   Bulgaria Sofi Marinova Love unlimited 11 45
09   Eslovenia Eva Boto Verjamem 17 31
10   Croacia Nina Badrić Nebo 12 42
11   Suecia Loreen Euphoria 1 181
12   Xeorxia Anri Jokhadze I'm a joker 14 36
13   Turquía Can Bonomo Love me back 5 80
14   Estonia Ott Lepland Kuula 4 100
15   Eslovaquia Max Jason Mai Don't close your eyes 18 22
16   Noruega Tooji Stay 10 45
17   Bosnia e Hercegovina Maya Sar Korake ti znam 6 77
18   Lituania Donny Montell Love is blind 3 104

Final editar

A final do Festival celebrouse o sábado 26 de maio no Baku Crystal Hall de Bakú, Acerbaixán ás 21:00 horas CET. O dúo ganador anterior de Eldar Gasimov/Nigar Jamal abriu o festival interpretando "Running Scared". Tras isto, deuse paso á presentación dos 26 finalistas, récord desde a instauración das semifinais, compostos polos 6 clasificados directos (Acerbaixán, e o Big Five),[6] 10 clasificados da primeira semifinal e 10 clasificados da segunda semifinal.[6]

Trala actuación dos 26 finalistas, comezaron os 15 minutos das votacións, como resultado do cambio que a UER realizou respecto ao tempo de votación, sendo agora imposible votar durante as actuacións. Durante o tempo de votación e reconto dos votos, no recinto anfitrión procedeuse á actuación do cantante local Emin Agalarov.

Desde o inicio das votacións, SueciaRusia, Serbia e Albania comezaron a recibir a maior cantidade de votos, levándoos rapidamente ás primeiras posicións. Trala votación, e con moita anticipación, Suecia converteuse na gañadora da edición con 372 puntos. Destacou a posición de tres países do Big Five no top 10, Alemaña, Italia e España, acadando os postos 8º, 9º e 10º respectivamente.

 
A cantante Loreen co seu tema "Euphoria" logrou a quinta vitoria de Suecia con 372 puntos.
País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
01   Reino Unido Engelbert Humperdinck Love Will Set You Free 25 12
02   Hungría Compact Disco Sound Of Our Hearts 24 19
03   Albania Rona Nishliu Suus 5 146
04   Lituania Donny Montell Love Is Blind 14 70
05   Bosnia e Hercegovina Maya Sar Korake Ti Znam 18 55
06   Rusia Buránovskiye Bábushki Party For Everybody 2 259
07   Islandia Gréta Salóme & Jónsi Never Forget 20 46
08   Chipre Ivi Adamou La La Love 16 65
09   Francia Anggun Echo (You and I) 22 21
10   Italia Nina Zilli L'amore è Femmina (Out Of Love) 9 101
11   Estonia Ott Lepland Kuula 6 120
12   Noruega Tooji Stay 26 7
13   Acerbaixán Sabina Babayeva When The Music Dies 4 150
14   Romanía Mandinga Zaleilah 12 71
15   Dinamarca Soluna Samay Should've Known Better 23 21
16   Grecia Eleftheria Eleftheriou Aphrodisiac 17 64
17   Suecia Loreen Euphoria 1 372
18   Turquía Can Bonomo Love Me Back 7 112
19   España Pastora Soler Quédate conmigo 10 97
20   Alemaña Roman Lob Standing Still 8 110
21   Malta Kurt Calleja This Is The Night 21 41
22   República de Macedonia Kaliopi Crno i Belo 13 71
23   Irlanda Jedward Waterline 19 46
24   Serbia Željko Joksimović Nije Ljubav Stvar 3 214
25   Ucraína Gaitana Be My Guest 15 65
26   Moldavia Pasha Parfeny Lăutar 11 81

Fonte: Festival de Eurovisión 2012 (www.eurovision-spain.com)Arquivado 16 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.

Votacións editar

Máximas puntuacións editar

Trala votación os países que recibiron 12 puntos na final foron:

N. A De
18   Suecia Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Letonia, Noruega, Países Baixos, Reino Unido, Rusia.
4   Albania Italia, Macedonia do Norte, San Marino, Suíza
4   Acerbaixán Lituania, Malta, Turquía, Ucraína
4   Serbia Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Montenegro
2   Chipre Grecia, Suecia
2   Grecia Albania, Chipre
2   Macedonia do Norte Bosnia e Hercegovina, Serbia
1   España Portugal
1   Moldavia Romanía
1   Lituania Xeorxia
1   Rusia Belarús
1   Romanía Moldavia
1   Turquía Acerbaixán

Notas editar

  1. "Eldar, Nargiz, Leyla to host Eurovision 2012" (en inglés). UER. 16 de abril de 2012. 
  2. "Eurovision 2012 hosts announced:Leyla, Nargiz & Eldar" (en inglés). Oikotimes.com. 16 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2012. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  3. Jarmo Siim (7 de marzo de 2012). "Armenia withdraws from Eurovision 2012" (en inglés). Eurovision.tv. 
  4. Dennis Van Eersel. "Poland: TVP withdraws from Eurovision 2012" (en inglés). ESCDaily.com. 
  5. http://www.eurovision.tv/page/news?id=35383&_t=the_organisers_of_the_eurovision_song_contest_whats_up The organisers of the Eurovision Song Contest: what's up?
  6. 6,0 6,1 6,2 "Eurovisión 2012 contará con la participación de 43 países" (en español). Eurovision-Spain.com. 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  7. "Results of the 2012 Running Order Draw!" (en inglés). eurovision.tv. 20 de marzo de 2012. 
  8. "First Semi-Final concludes, we have ten finalists!" (en inglés). Eurovision.tv. 122-05-2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
  Düsseldorf 2011
 
Festival de Eurovisión

2012
Sucesor:
  Malmö 2013