Abrir o menú principal

Valentina Monetta

cantante sanmariñesa

Valentina Monetta, nada na Cidade de San Marino o 1 de marzo do 1975, é unha cantante de pop sanmarinesa.

Valentina Monetta
Valentina Monetta.jpg
Nome completoValentina Monetta
Nacemento1 de marzo de 1975 (44 anos)
OrixeCidade de San Marino
San Marino San Marino
OcupaciónCantante
XéneroPop, Jazz
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo2002 - actualidade
Na rede
www.valentinamonetta.com/
editar datos en Wikidata ]
Valentina Monetta 2014

CarreiraEditar

En 2008, Monetta enviou a canción "Se non ci sei tu" para participar na selección nacional para representar a San Marino no Festival de Eurovisión 2008, pero non foi seleccionada por SMtv.

O 14 de marzo de 2012, a televisión sanmarinesa SMtv anunciou que Monetta sería a representante do seu país no Festival de Eurovisión 2012 en Bakú, Acerbaixán coa canción "Facebook Uh, Oh, Oh" tras ser elixida internamente.[1] Non obstante, o 18 de marzo, uns días despois de ser anunciada a canción, a UER considerou que a canción seleccionada contiña unha mensaxe comercial da rede social Facebook, o que deu lugar á descualificación da letra e cambiouse a "The Social Network Song (OH OH - Uh - OH OH)".

Monetta participou na primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012 celebrado o 22 de maio de 2012, e clasificouse en 14º lugar con 31 puntos, polo que non logrou acceder á gran final do certame. Ao ano seguinte foi elixida de novo por SMtv para representar o país no Festival de Eurovisión 2013 celebrado na cidade de Malmö, Suecia; coa canción en italiano "Crisalide (Vola)" composta por Ralph Siegel[2], obtendo finalmente o posto 11, a tan só 16 puntos de pasar á final.

O 20 de xuño de 2013 asinou un pre-acordo coa televisión pública de San Marnño (SMtv) para volver representar ao país no Festival de Eurovisión 2014, aínda que cabe destacar que non se trata dun acordo definitivo.[3]

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Título Detalles do Álbum
Il mio gioco preferito
  • Lanzamento: 19 de setembro, 2013.
  • Formatos: Descarga dixital.
La storia di Valentina Monetta
  • Lanzamento: 7 de xuño, 2013.
  • Formatos: CD/Descarga dixital.

SinxelosEditar

Ano Título Álbum
2002 Sharp --
2008 Se Non Ci Sei Tu
2011 Una Giornata Bellissima La Storia di Valentina Monetta
2012 I'll Follow the Sunshine
The Social Network Song
2013 Crisalide

ReferenciasEditar