Pastora Soler

cantante española

María del Pilar Sánchez Luque,[1][2] nada en Coria del Río (Sevilla) o 28 de setembro de 1978 e coñecida artisticamente como Pastora Soler, é unha cantante española, famosa por combinar copla, flamenco e canción española con sons pop.

Pastora Soler
Pastora Soler nun concerto en 2009
Nome completoMaría del Pilar Sánchez Luque
Data nacemento28 de setembro de 1978 (45 anos)
Coria del Río, Sevilla España
Nado enCoria del Río
Ocupacióncantante, presentadora
XéneroPop, flamenco
Instrumento(s)voz
Selo(s) discográfico(s)Polygram (1994–1999)
Emi-Odeón (1999–2005)
Warner Music España (2005–Actualidade)
Tempo en activo1992 - actualidade
PseudónimoPastora Soler
Na rede
http://www.pastorasoler.es/
IMDB: nm1677919 Facebook: pastora.soler Twitter: pastorasoler MySpace: pastorasolerofficialmyspace Spotify: 6nh96lsvDLuCVpgpfjeYnM iTunes: 15031304 Musicbrainz: 3a2f09c1-fb16-4a98-9dd6-3c67e40d70e8 Songkick: 67857 Discogs: 388521 Genius: Pastora-soler Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pastora é unha artista precoz que empezou cantando coplas e cancións flamencas cando tan só tiña oito anos. En 1994 editou o seu primeiro traballo Nuestras coplas, un disco onde fixo as súas versións de grandes clásicos da canción española. O seu primeiro grande éxito non chegou ata o seu terceiro álbum Fuente de luna, cuxo primeiro single, Dámelo ya, logrou alzarse co número 1 na lista de vendas españolas.

En 2001 lanza ao mercado Corazón congelado, co que logrou consolidar o éxito alcanzado no seu anterior traballo. A canción que dá nome a este álbum é elixida entón como sintonía da Volta Ciclista a España de 2001. Tras moverse en sons máis dance no seu seguinte disco, Deseo, da man de Carlos Jean, Pastora cambia de discográfica e firma por Warner Música España. Con ela publicará os seus últimos traballos: Pastora Soler, Toda mi verdad e Bendita locura. En 2010, a cantante sevillana celebrou as súas 15 anos no mundo da música co lanzamento do seu primeiro traballo en directo, 15 años. Ao ano seguinte publicou o seu noveno álbum de estudio, Una mujer como yo.

Con noves discos de estudo no mercado, Pastora conseguiu 3 discos de platino e 4 discos de ouro. Ao longo da súa carreira, tamén recolleu importantes premios dentro do seu gremio como o Premio da Música ou o Micrófono de ouro. Entre as súas colaboracións atópanse artistas consolidados como Alejandro Sanz, Armando Manzanero, Malú, David Bustamante ou Miguel Poveda, entre outros moitos.[3]

En decembro de 2011 foi designada por Televisión Española para representar a España no Festival de Eurovisión 2012, que se celebrou en Bakú, a capital de Acerbaixán.[4] A sevillana acabou en décima posición coa súa canción Quédate conmigo.[5]

En 2013 forma parte do xurado da segunda edición do programa musical El número uno de Antena 3.[6]

Discografía editar

Álbums de estudio
Álbums recompilatorios
  • 2005: Sus grandes éxitos
Álbums en DVD ou directo
Outros
  • 1988: Gracias, madre
  • 1994: Nuestras coplas

Notas editar

  1. "El Economista". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  2. Axesor
  3. "Novo disco de Pastora Soler e xira". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 
  4. Pastora Soler representará a España en Eurovisión 2012
  5. Pastora Soler termina décima en Eurovisión
  6. "Pastora Soler únese ao xurado de El número uno exprés". 13 de maio de 2013. Consultado o 13 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
"Que me quiten lo bailao"
Lucía Pérez
 
España no Festival de Eurovisión

2012
Sucesor:
"Contigo hasta el final"
El Sueño de Morfeo