Estonia no Festival de Eurovisión

Estonia participou no Festival da Canción de Eurovisión desde 1994, aínda que levaba tentándoo desde 1993. No seu primeiro intento non logrou clasificarse para a final, acabando en 5º lugar dunha semifinal organizada para introducir aos países debutantes que proviñan de Europa do Leste, celebrada en Liubliana (Eslovenia).

Estonia

Estación membro ERR
Final nacional Eurolaul (1993-2008)
Eesti Laul (2009-)
Aparicións 23 (14 finais)
Primeira aparición 1993
Mellor resultado
Final 2001
Semifinal 2009
2015
Peor resultado
Final 24º 1994
24º 2011
Semifinal 22º 2007
Ligazóns externas
Páxina de ETV
Páxina de Estonia en Eurovision.tv
Neiokõsõ en Istambul (2004)
Sandra Oxenryd en Atenas (2006).
Gerli Padar en Helsinqui (2007)
Kreisiraadio en Belgrado (2008)
Birgit Õigemeel en Malmö (2013)
Tanja en Copenhague (2014)
Elina Born e Stig Rästa en Viena (2015)
Jüri Pootsmann en Estocolmo (2016)

Desde 1996 e até o 2002, Estonia logrou clasificarse para a final e obter boas posicións. No 2001, "Everybody" de Tanel Padar e Dave Benton gañou o festival. Foi a primeira vez que algún dos países ex-comunistas se alzou coa vitoria, e tamén foi o primeiro país báltico en logralo.

O triunfo de Estonia en 2001 foi totalmente inesperado, xa que as apostas daban como gañadores a Francia (4°), Grecia (3°), España (6°), Malta (9°) ou o país anfitrión Dinamarca (2°). Estonia alzouse co triunfo nunhas rifadas votacións. Como resultado desta vitoria, Estonia organizou o Festival en 2002, no Saku Suurhall en Tallin, daquela o país repetiu unha moi boa posición, quedando na terceira, empatada co Reino Unido.

A partir de entón non tivo o mesmo éxito; desde a introdución da semifinal en 2004 até 2008, Estonia non logrou avanzar ás finais, co engadido de que nin sequera conseguiu unha boa posición na mesma, tan só no 2004 quedou ás portas, tras conseguir unha undécima posición na semifinal.

Despois da pésima actuación do 2008 onde quedaron penúltimos na Semifinal 1, decidiron cancelar a preselección Eurolaul e cambiala polo Eesti Laul, o cal deu mellores resultados ao país. Por primeira vez desde que se impuxese as semifinais, Estonia pasou á final no ano 2009, coa canción "Rändajad" do grupo Urban Symphony, quedando no 6° lugar.

En 2010 foi a última vez que serían eliminados na semifinal. No 2011 volveu pasar como unha das grandes favoritas, pero quedou 24° na final, igualando a peor posición do país nunha final de 1994. No ano 2012, seguiron manténdose na final, esta vez con Ott Lepland e a canción "Kuula", cantada na súa lingua oficial. Finalmente conseguiu, de novo, un 6º posto con 120 puntos.

En 2013, volveron levar unha canción cantada no seu idioma oficial, titulada "Et uus saaks alguse", coa cantante Birgit Õigemeel. Por terceira vez consecutiva, Estonia clasificouse á final, esta vez cun 10º posto e, na final, quedou en 20º lugar con 19 puntos. En 2014, non conseguiu clasificarse á final. En 2015 Estonia levou un dúo composto por Stig e Elina, que pasaron á final co seu mellor resultado nunha semifinal igualando tamén, o de 2009. As apostas marcábanlles dentro do top 10, co cal quedaron 7º por detrás dos seus veciños de Letonia e por diante de Noruega. En 2016, Rästa volvía como compositor de "Play", un tema particular que quedou no último lugar do festival.

A pesar dos resultados, Estonia é considerado o país báltico máis exitoso na historia de Eurovisión, estando tan só 9 veces no TOP 10 na gran final (de 21 participacións).

Participacións editar

Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts
1993  Millstreet Janika Sillamaa Muretut meelt ja südameetuld     05 47
1994  Dublín Silvi Vrait Nagu merelaine 24 2 Sen semifinal
deNon participou en 1995de
1996  Oslo Maarja-Liis Ilus & Ivo Linna Kaelakee hääl 05 94 05 106
1997  Dublín Maarja Liis-Ilus Keelatud maa 08 82 Sen semifinais
1998  Birmingham Koit Toome Mere lapsed 12 36
1999  Xerusalén Evelin Samuel & Camille Camille Diamond of night 06 90
2000  Estocolmo Ines Once in a lifetime 04 98
2001 Copenhague  Tanel Padar, Dave Benton & 2XL Everybody 01 198
2002   Estonia(Tallin) Sahlene Runaway 03 111
2003  Riga Ruffus Eighties coming back 21 14
2004  Istambul Neiokõsõ Tii     11 57
2005  Kíiv Suntribe Let's get loud     20 31
2006  Atenas Sandra Oxenryd Through my window     18 28
2007 Helsinqui  Gerli Padar Partners in crime     22 33
2008  Belgrado Kreisiraadio Leto svet     18 8
2009 Moscova  Urban Symphony Rändajad 06 129 03 115
2010  Oslo Malcolm Lincoln Siren     14 39
2011  Düsseldorf Getter Jaani Rockefeller Street 24 44 09 60
2012  Bakú Ott Lepland Kuula 06 120 04 100
2013 Estocolmo  Birgit Õigemeel Et uus saaks alguse 20 19 10 52
2014 Copenhague  Tanja Amazing     12 36
2015  Viena Elina Born e Stig Rästa "Goodbye to yesterday" 07 106 03 125
2016  Estocolmo Jüri Pootsmann Play     18 24
2017   Kíiv deKoit Toome e Laurade de«Verona»de
(Sven Lõhmus)
14 85
2018   deLisboade deElina Nechayevade de«La forza»de
(Ksenia Kuchukova, Mihkel Mattisen, Elina Nechayeva, Timo Vendt)
8 245 5 201
2019   deIsraelde

Véxase tamén editar