Abrir o menú principal

Festival de Eurovisión 2008

Diman Bilan, representante de Rusia, gañador de Eurovisión 2008
Mapa da final 2008. En azul claro, o país que conseguiu máis votos; no outro extremo da gama, en vermello intenso, os países (Reino Unido, Alemaña e Polonia), que conseguiron menos puntos.

O Festival da Canción de Eurovisión 2008 foi a 53ª edición do Festival de Eurovisión. Tivo lugar en Serbia e nela participaron 43 estados o que supuxo un novo récord histórico para a organización. O gañador foi Rusia, coa canción Believe, interpretada por Dima Bilan.

OrganizaciónEditar

O festival foi organizado pola Radio Televisión Serbia. As datas de celebración foron o 20 de maio e o 22 de maio para as semifinais, e o 24 de maio para a final. O lugar foi a Beogradska Arena, un dos polideportivos máis grandes de Europa, cunha capacidade de 23.000 localidades. Os presentadores foron Jovana Janković e Željko Joksimović.

NovidadesEditar

Por primeira vez, o festival desenvolveuse con dúas semifinais. Nelas participaron en total 38 países, distribuídos en dúas sesións de 19. Os únicos países que acoden directamente á final son os catro grandes (Francia, España, Reino Unido e Alemaña) e mais o país organizador, que neste caso foi Serbia.

As votacións desenvólvense co mesmo sistema de puntos ca nas edicións anteriores, pero nas semifinais só poderán votar os países que participen nesa semifinal, ademais dos catro grandes.

Participaron por primeira vez San Marino e Acerbaixán. Austria declinou participar. Por primeira vez tamén houbo un proceso previo de repartición de televisións, para que non puidesen caer demasiadas da mesma zona na mesma semifinal. Así fíxose un apartado para os países latinos, outro para os nórdicos, outros dous para os eslavos...

Cancións de 2008Editar

FinalEditar

# País Intérprete(s) Canción Tradución Posición Puntuación
01   Romanía Nico e Vlad Pe-o Margine de Lume No límite do mundo 20 45
02   Reino Unido Andy Abraham Even If Mesmo se... 25 14
03   Albania Olta Boka Zemrën lamë peng Corazóns atrapados no tempo 17 55
04   Alemaña No Angels Disappear Desparecer 23 14
05   Armenia Sirusho Quele quele Veña, veña 4 199
06   Bosnia e Hercegovina Laka Pokušaj Tenta 10 110
07   Israel Boaz The Fire In Your Eyes Lume nos teus ollos 9 124
08   Finlandia Teräsbetoni Missä miehet ratsastaa Onde cabalgan os homes 22 35
09   Croacia Kraljevi Ulice e 75 Cents Romanca Romance 21 44
10   Polonia Isis Gee For Life Para toda a vida 24 14
11   Islandia Euroband This is my life Esta é a miña vida 14 64
12   Turquía Mor Ve Ötesi Deli Enfermo 7 138
13   Portugal Vânia Fernandes Senhora do Mar (Negras Águas) Señora do mar (negras augas) 13 69
14   Letonia Pirates of the Sea Wolves of the Sea Lobos do mar 12 83
15   Suecia Charlotte Perrelli Hero Heroe 18 47
16   Dinamarca Simon Mathew All Night Long Toda a noite 15 60
17   Xeorxia Diana Ghurtskaia Peace Wille Come Chegará a paz 11 83
18   Ucraína Ani Lorak Shady Lady Muller dubidosa 2 230
19   Francia Sébastien Tellier Divine Divino 19 47
20   Acerbaixán Elnur e Samir Day After Day Día tras día 8 132
21   Grecia Kalomira Secret Combination Combinación secreta 3 218
22   España Rodolfo Chikilicuatre Baila el Chiki Chiki Baila o Chiki Chiki 16 55
23   Serbia Jelena Tomasevic Oro A miña dor 6 160
24   Rusia Dima Bilan Believe Cre 1 272
25   Noruega Maria Haukaas Storeng Hold On Be Strong Aguanta, se forte 5 182

Semifinal 1Editar

# País Intérprete(s) Canción Tradución Pasan á final[1]
01   Montenegro Stefan Filipović Zauvijek volim te Ámote para sempre
02   Israel Boaz The Fire In Your Eyes Lume nos teus ollos
03   Estonia Kreisiraadio Leto Svet Luz de verán
04   Moldavia Geta Burlacu A century of love Un século de amor
05   San Marino Miodio Complice Cómplice
06   Bélxica Ishtar O Julissi
07   Acerbaixán Elnur e Samir Day After Day Día tras día
08   Eslovenia Rebeka Dremelj Vrag naj vzame Ao inferno con isto
09   Noruega Maria Haukaas Storeng Hold on, be strong Aguanta, se forte
10   Polonia Isis Gee For life Para toda a vida
11   Irlanda Dustin o Pavo Irelande, Douze Pointe Irlanda, doce punta
12   Andorra Gisela Casanova Casanova
13   Bosnia e Hercegovina Laka Pokušaj Tenta
14   Armenia Sirusho Qele, Qele Veña, veña
15   Países Baixos Hind Your heart belongs to me O teu corazón é meu
16   Finlandia Teräsbetoni Missä miehet ratsastaa Onde cabalgan os homes
17   Romanía Nico e Vlad Pe-o margine de lume No límite do mundo
18   Rusia Dima Bilan Believe Cre
19   Grecia Kalomoira Secret combination Combinación secreta

Semifinal 2Editar

# País Intérprete(s) Canción Tradución Pasan á final[2]
6   Albania Olta Boka Zemrën lamë peng Corazóns atrapados no tempo
9   Belarús Ruslan Alenho Hasta la vista Deica
12   Bulgaria Deep Zone & Balthazar DJ, Take me Away DJ, lévame de aquí
17   Chipre Evdokia Kadi Femme Fatale Muller fatal
11   Croacia Kraljevi Ulice e 75 Cents Romanca Romance
13   Dinamarca Simon Mathew All Night Long Toda a noite
14   Xeorxia Diana Ghurtskaia Peace Wille Come Chegará a paz
15   Hungría Csézy Szívverés A luz das velas
1   Islandia Euroband This is my life Esta é a miña vida
10   Letonia Pirates of the Sea Wolves of the Sea Lobos do mar
5   Lituania Jeronimas Milius Nomads In The Night Os nómades na noite
18   Macedonia do Norte Tamara, Vrčak e Adrian Vo imeto ljubovta Deixa que te ame
16   Malta Morena Vodka Vodca
19   Portugal Vânia Fernandes Senhora do Mar (Negras Águas) Señora do mar (negras augas)
8   República Checa Thereza Kerndlova Have Some Fun Pásao ben
2   Suecia Charlotte Perrelli Hero Heroe
7   Suíza Paolo Meneguzzi Era stupendo Era estupendo
3   Turquía Mor Ve Ötesi Deli Enfermo
4   Ucraína Ani Lorak Shady Lady Muller dubidosa

NotasEditar

  1. Gisela e a marioneta de Irlanda non estarán en Eurovisión Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Galicia-e, 21/05/08
  2. "O rapeiro septuaxenario de Croacia supera a segunda semifinal de Eurovisión, 23/05/08". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2008. Consultado o 23 de maio de 2008. 

Véxase taménEditar