Festival de Eurovisión 2007

O LII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na cidade de Helsinqui, Finlandia no ano 2007. Finlandia gañara o dereito de celebrar o festival tras a vitoria de Lordi o ano anterior no Festival de Eurovisión 2006 celebrado en Atenas, Grecia. O festival consistiu nunha semifinal, que tivo lugar o 10 de maio de 2007 e a final, celebrada o 12 de maio no Hartwall Areena cunha capacidade para 14.000 espectadores.

Festival de Eurovisión 2007
Datas
Final 10 e 12 de maio
Anfitrión
Lugar Hartwall Areena
Helsinqui, Finlandia
Presentador(es) Jaana Pelkonen e
Mikko Leppilampi
Supervisor executivo Svante Stockselius
Televisión anfitrioa
Apertura Semifinal: Apertura - Bailes fineses con música de Johanna Juhola
Final: Apertura - Lordi interpretando "Hard Rock Hallelujah"
Acto(s) intermedio(s) Semifinal - Tsuumi
Final: Apocalyptica
Participantes
Participantes 24 finalistas
42 participantes
Países que debutan Xeorxia Xeorxia
Montenegro Montenegro
República Checa República Checa
Serbia Serbia
Países que retornan Austria Austria
Hungría Hungría
Países que se retiran Mónaco Mónaco
Votacións
Canción gañadora "Molitva", Marija Šerifović
Festival de Eurovisión
◄2006 2008►

Nesta edición do festival participaron 42 países membros da Unión Europea de Radiodifusión, quen organizou o festival xunto coa cadea finesa YLE. O número de países participantes superou o límite de 40 que había ata entón grazas a incorporación de Xeorxia, República Checa, Serbia e Montenegro (estes dous últimos xa competiran con anterioridade pero como Serbia e Montenegro, ademais Austria e Hungría volveron ao festival e só Mónaco decidiu non participar.[1]

O festival editar

 
Os presentadores do festival, Jaana Pelkonen e Mikko Leppilampi na final.

Semifinal editar

Esta foi a cuarta vez na historia do Festival de Eurovisión na que se celebraba unha semifinal para elixir 10 dos 24 países participantes na final.

# País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos
1   Bulgaria Elitsa Todorova & Stoyan Yankulov Water 6 146
2   Israel Teapacks Push the button 24 17
3   Chipre Evridiki Comme ci, comme ça 15 65
4   Belarús Koldun Work your magic 4 176
5   Islandia Eiríkur Hauksson Valentine lost 13 77
6   Xeorxia Sopho Visionary dream 8 123
7   Montenegro Stevan Faddy Ajde, kroči 23 33
8   Suíza DJ Bobo Vampires are alive 20 40
9   Moldavia Natalia Barbu Fight 10 91
10   Países Baixos Edsilia Rombley On top of the world 21 38
11   Albania Aida & Frederik Ndoci Hear my plea 17 49
12   Dinamarca DQ Drama queen 19 45
13   Croacia Dragonfly & Dado Topić Vjerujem u ljubav 16 54
14   Polonia The Jet Set Time to party 14 75
15   Serbia Marija Šerifović Molitva 1 298
16   República Checa Kábat Malá dáma 28 1
17   Portugal Sabrina Dança comigo (vem ser feliz) 11 88
18   Macedonia do Norte Karolina Gočeva Mojot svet 9 97
19   Noruega Guri Schanke Ven a bailar conmigo 18 48
20   Malta Olivia Lewis Vertigo 25 15
21   Andorra Anonymous Salvem el món 12 80
22   Hungría Magdi Rúzsa Unsubstantial blues 2 224
23   Estonia Gerli Padar Partners in crime 22 33
24   Bélxica The KMG's LovePower 26 14
25   Eslovenia Alenka Gotar Cvet z juga 7 140
26   Turquía Kenan Doğulu Shake it up, Shekerim 3 198
27   Austria Eric Papilaya Get a life, get alive 27 4
28   Letonia Bonaparti.lv Questa notte 5 168

Resaltados os que pasan á final.

Final editar

 
Os representantes de España, D'Nash
 
As representantes de Rusia, Serebro

A final do Festival de Eurovisión 2007 celebrouse o 12 de maio de 2007. Comezou cunha presentación artística coroada coa aparición de Lordi, gañador do ano anterior, coa súa canción Hard Rock Hallelujah. Tras isto comezaron as actuacións dos 24 países.

O sistema de votación foi o mesmo que na semifinal, cos países entregando de 1 a 8, 10 e 12 puntos aos concursantes máis votados por televoto ou SMS, no caso de Albania e Andorra, debido a problemas co proceso de votación, foron os xurados os que outorgaron os votos. Tras a votación, un representante de cada país comezou a mencionar os países que recibiron 8, 10 e 12 puntos, mentres se mostraba na pantalla os restantes votos.

Desde o inicio das votacións, Serbia, Ucraína, Rusia e Turquía comezaron a recibir a maior cantidade de votos e axiña escalaron ás primeiras posicións. Tras a votación dos 42 países participantes, Serbia converteuse na gañadora con 268 puntos.

# País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos
1   Bosnia e Hercegovina Marija Rijeka bez imena 11 106
2   España D'Nash I love you mi vida 20 43
3   Belarús Koldun Work your magic 6 145
4   Irlanda Dervish They can't stop the spring 24 5
5   Finlandia Hanna Pakarinen Leave me alone 17 53
6   Macedonia do Norte Karolina Gočeva Mojot svet 14 73
7   Eslovenia Alenka Gotar Cvet z juga 15 66
8   Hungría Magdi Rúzsa Unsubstantial blues 9 128
9   Lituania 4Fun Love or leave 21 28
10   Grecia Sarbel Yassou Maria 7 139
11   Xeorxia Sopho Visionary dream 12 97
12   Suecia The Ark The worrying kind 18 51
13   Francia Les Fatals Picards L'amour à la française 22 19
14   Letonia Bonaparti.lv Questa notte 16 54
15   Rusia Serebro Song #1 3 207
16   Alemaña Roger Cicero Frauen regier'n die Welt 19 49
17   Serbia Marija Šerifović Molitva 1 268
18   Ucraína Verka Serdyuchka Dancing lasha tumbai 2 235
19   Reino Unido Scooch Flying the flag (for you) 23 19
20   Romanía Todomondo Liubi, liubi, I love you 13 84
21   Bulgaria Elitsa Todorova & Stoyan Yankulov Water 5 157
22   Turquía Kenan Doğulu Shake it up, Shekerim 4 163
23   Armenia Hayko Anytime you need 8 138
24   Moldavia Natalia Barbu Fight 10 109

Polémicas editar

 
Mapa no que aparecen representados os países segundo o número de votos obtivos, resaltando os países de Europa do Leste.

Tras os resultados da votación, tanto da semifinais como da final, levantouse unha forte polémica debido as grandes diferenzas nos resultados dos países de Europa Occidental e Europa Oriental. Dos dez países máis votados, todos eles estaban situados na zona oriental do continente e eran países da antiga Unión Soviética ou da antiga Iugoslavia, a excepción de Grecia e Turquía, máis próximas ao grupo occidental a pesar da súa localización. Finlandia, xeralmente afastada desta clasificación dual, acadou a posición 17 e Suecia foi o país occidental con máis alto, coa posición 18. O tema alemán rematou na posición 19 sendo o representante do Big Four que quedaba en mellor posición. Finalmente, e igual que en anos anteriores, España, Francia e o Reino Unido quedaron entre os cinco peores clasificados.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
  Atenas 2006
 
Festival de Eurovisión

2007
Sucesor:
 Belgrado 2008