Talín

(Redirección desde «Tallin»)

Talín[1] ou Tallin[2] (en estoniano: Tallinn, antigamente: Reval) é a capital e principal porto de Estonia. A cidade atópase no costa norte de Estonia, no Golfo de Finlandia, a 80 km ó sur de Helsinqui.

Modelo:Xeografía políticaTalín
Tallinn (et) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°26′14″N 24°44′42″L / 59.4372, 24.745
PaísEstonia
CondadosCondado de Harju
City (en) TraducirTallinn Editar o valor en Wikidata
Capital de
Estonia (1991–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación457.572 (2024) Editar o valor en Wikidata (2.871,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie159,37 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de Finlandia Editar o valor en Wikidata
Altitude28 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
CreaciónAntes de 1154 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1221Siege of Tallinn (en) Traducir
21 de agosto de 1570siege of Reval (en) Traducir
18 de agosto de 1710The Siege of Reval (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMihhail Kõlvart (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal10111 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico64 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Vilnius (1993–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webtallinn.ee Editar o valor en Wikidata
Facebook: CityOfTallinn Twitter: tallinnofficial Instagram: tallinnalinn LinkedIn: tallinn-city-office BNE: XX453073 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
Igrexa Ortodoxa Alexander Nevsky

As primeiras pegadas de ocupación humana da zona atópanse no segundo milenio antes da nosa era. Nos séculos IX e X Talín era un centro comercial importante. En 1219 a vila foi conquistada polas tropas danesas que constrúen unha fortaleza en pedra para defendela. Durante a Idade Media a vila era membro da Hansa, en 1346 pasou á Orde dos Cabaleiros Teutónicos, en 1561 pasou aos suecos e en 1710 aos rusos. Foi bombardeada durante a segunda guerra mundial.

Poboación

editar

A poboación da cidade é de preto de 500.400 habitantes (2000), rexistrados 401.694 (marzo de 2005).

De acordo co Eurostat, a axencia de estatística da Unión Europea, de tódalas cidades capitais dos países membros da UE, Talín ten a maior porcentaxe de nacionais de fóra da UE:o 27.8% da poboación non é cidadá da UE. Isto se debe ó gran número de rusos, que participaran na migración planexada doutras repúblicas da Unión Soviética para Talín e para outras localidades do norte de Estonia. Actualmente, moitos destes emigrantes, así como os seus descendentes, aínda non teñen a cidadanía estoniana. As leis de nacionalidade estonianas tratan de preserva-la identidade nacional, excluíndo moitos cidadáns de orixe rusa da cidadanía.

Na cidade a lingua maioritaria é a lingua estoniana, nativa do país (parte do grupo das linguas ugrofinesas), próxima á lingua finesa, xunto co ruso. O inglés e o propio finés tamén son bastante comprendidos na cidade.

Evolución da poboación:

1816: 12.000

1834: 15.300

1851: 24.000

1881: 45.900

1897: 58.800

1925: 119.800

1989: 500.000

2000: 400.400

Cultura e educación

editar
 
Praza principal de Talín.
 
Murallas da cidade

Ademais de Talín, a cidade posúe outros nomes históricos como: Koluvan, Lindanise, Lindanisa (Lindanäs), xunto con algunhas variacións de "Reval" — Revalia, Revel e Reveln. A orixe do nome "Tallinn" segue a debaterse, aínda que se sabe que é de orixe estoniana. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").

Talín é sede da Universidade Tecnolóxica de Talín, ademais doutras institucións de educación superior, como por exemplo:

  • Universidade Pedagóxica de Talín
  • Academia Estoniana da Música
  • Academia Estoniana da Arte
  • Academia Estoniana da Defensa do Estado
  • Instituto de Teoloxía da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana

Deportes

Durante os Xogos Olímpicos de 1980 levouse a cabo unha regata en Talín. Co gallo dos xogos creáronse moitas construcións para as olimpíadas, como por exemplo o Salón Municipal, o Hotel Olímpico, a Oficina Postal e o Centro de Regatas. Grazas ás olimpíadas, a baía de Talín, ata entón moi contaminada, sufriu un gran cambio ó comezarse a depuración das augas fecais e dos refugallos da industria antes verquidos directamente ó Mar Báltico.

Xeografía

editar
 
Vista da costa de Talín.

Talin está situada na costa sur do Golfo de Finlandia, no centronorte de Estonia. O principal porto mercante do país atópase en Talín (porto de Muuga).

O maior lago de Talín é o lago Ülemiste (9.6 km²), a principal fonte da auga potábel da cidade. O Lago Harku é o segundo maior lago de Talín cunha área de 1´6 km². Ó contrario de moitas cidades, o principal río de Talín atópase en Pirita, arrabalde da cidade na que as beiras do río están protexidas grazas á súa beleza natural.

O punto máis alto da cidade atópase a 64 metros por enriba do nivel do mar, o cumio está situado no distrito de Nõmme, no suroeste da cidade.

A cidade de Talín posúe unha costa de 46 quilómetros, constituída por tres grandes penínsulas: a península de Kopli, a península de Paljassaare e a península de Kakumäe.

Transportes

editar
 
Imaxe do aeroporto de Talín.
 
Imaxe dun dos tranvías de Talín.

Aéreo

editar

Talín posúe un aeroporto, situado aproximadamente a 4 km nos arrabaldes da cidade. Ademais de conexións regulares a varios aeroportos de Europa, ten un servizo de helicóptero a Helsinqui, que é coñecido como a conexión máis rápida existente entre dúas cidades capitais.

Terrestre

editar

A cidade ten conexións ferroviarias a varias cidades, como Tartu, Pärnu, Narva, Riga, Moscova, e San Petersburgo. Tamén existen autobuses cara a estes destinos e outras partes do país.

Talín está conectada a Polonia pola estrada coñecida como "Vía Báltica", que percorre Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.

Transbordadores

editar

Varios transbordadores conectan a Talín con Helsinqui (Finlandia), Estocolmo (Suecia), Åland (Finlandia), San Petersburgo (Rusia) e Rostock (Alemaña).

Talín é un importante centro de compra para os finlandeses, os cales atravesan o Golfo de Finlandia con ferris de alta velocidade. Os prezos das bebidas alcólicas en Estonia son moito máis baixos que en Finlandia, que grava con impostos altísimos as bebidas alcólicas. Debido a iso, moitos finlandeses fan viaxes dun día para comprar bebidas e produtos de saúde que non son cubertos polos servizos sociais finlandeses (como por exemplo, os lentes).

Cidades irmás

editar
Predecesor:
  Essen
  Pécs
  Istambul
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Turku

2011
Sucesor:
  Guimarães
  Maribor
  1. Varios. Universidade de Vigo, ed. "Lingua galega. Dúbidas lingüísticas." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2013. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar