Abrir o menú principal

Mecklemburgo-Pomerania Occidental ou Mecklemburgo-Antepomerania[1] (en alemán Mecklenburg-Vorpommern e en baixo alemán Mekelborg-Vörpommern) é un dos 16 Estados de Alemaña. O estado limita polo norte co Mar Báltico, polo oeste con Schleswig-Holstein, ó suroeste coa Baixa Saxonia, polo sur con Brandeburgo e polo leste con Polonia, máis precisamente con Voivodia de Pomerania Occidental (Województwo zachodniopomorskie). Mecklenburg-Vorpommern posúe unha baixa densidade de poboación, preto de 80 hab./km². Algunhas cidades importantes son Rostock, Stralsund e Wismar.

Mecklemburgo-Antepomerania
Mecklenburg-Vorpommern
Mäkelborg-Vörpommern
Bandeira de Mecklemburgo-Antepomerania
Escudo de Mecklemburgo-Antepomerania
BandeiraEscudo
Deutschland Lage von Mecklenburg-Vorpommern.svg
Lema: MV tut gut
EstadoAlemaña Alemaña
CapitalSchwerin
 • Poboación95 855 (2008)
Cidade máis poboadaRostock
Lingua oficialAlemán e Baixo Saxón
Forma de gobernoEstado federado
Ministro-Presidente
Erwin Sellering (SPD)
Fundado1990
SuperficiePosto 6º
 • Total23.180,14 km²
Costas1.700 km
PoboaciónPosto 14º
 • Total1 679 682 hab.
 • Densidade72,7 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.de
Código ISODE-MV

HistoriaEditar

 
Schloss Schwerin
 
Mecklenburgo e Pomerania.

A comezos do século XIX a case totalidade do territorio que hoxe forma parte de Mecklemburgo-Pomerania Occidental pasou a formar parte da Confederación do Rin, como consecuencia das Guerras Napoleónicas. Tralo congreso de Viena pasou a formar parte de Prusia.

Antes de 1990 formou parte da República Democrática Alemá (RDA).

División administrativaEditar

DistritosEditar

Mecklemburgo-Pomerania Occidental atópase actualmente dividida en seis distritos, chamados Kreise:

  1.   Ludwigslust-Parchim
  2.   Mecklenburgische Seenplatte
  3.   Nor-Mecklemburgo Occidental (Nordwestmecklenburg)
  4.   Rostock
  5.   Pomerania Occidental-Greifswald (Vorpommern-Greifswald)
  6.   Pomerania Occidental-Rügen (Vorpommern-Rügen)
 
División administrativa
 
Greifswald
 
Stralsund

Cidades independentesEditar

Ademais, existen dúas cidades independentes que non pertencen a distrito ningún:

  1.   Rostock.
  2.   Schwerin.

EconomíaEditar

Mecklemburgo-Pomerania Occidental é unha rexión de carácter predominantemente rural. Debido a isto a agricultura segue tendo un maior peso que noutros Estados Federados.

NotasEditar

  1. Ver entrada de «Schwerin». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1901. ISBN 9788482893600. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar