Abrir o menú principal

Festa do melindre de Melide

festa gastronómica celebrada en Melide
Carteis da Edición do ano 2018 da Festa do melindre.

A Festa do melindre e da repostaría tradicional é unha festa gastronómica organizada no concello de Melide, co obxecto de homenaxear a repostaría tradicional da vila. Ten lugar o segundo domingo de maio. En 2013 foi declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Índice

Historia e característicasEditar

 
Neno posando cun Pelegrín feito con melindres. Feira do melindre (1994).

En 1991 o Concello de Melide organizou a primeira Festa do melindre. Nas primeiras edicións levouse a cabo de xeito simultáneo con outros eventos, como a exaltación da Tenreira Galega e a Festa do cabalo, englobados baixo o nome de Feira de Mostras. Nesta primeira edición deu o pregón o escritor melidense Xosé Vázquez Pintor.

Entre 1995 e 1999 a feira celebrouse no cruzamento de estradas e no recinto feiral. En 1995 actuou o grupo folclórico O Castelo e foi pregoeiro Antonio Couceiro Méndez, Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia. Durante os anos 2000 a 2005 mesturouse a exaltación da Tenreira Galega, a Festa do melindre, a cata de queixos, a degustación da carne ao caldeiro e a Festa do cabalo. O pregoeiro do 2005 fora Miro Magariños. A festa celebrouse de forma ininterrompida agás no ano 2007, no que non foi organizada.

Recuperouse no ano 2008, nunha edición que se centrou na especialización profesional da docería, e pasou a dedicar a festa unicamente á repostaría tradicional da vila, o melindre, o rico e os amendoados. O cartel do ano 2008 foi deseñado polo artista Felipe Senén, que tamén actuou de pregoeiro. Igualmente ese ano homenaxeouse o oficio de latoeiro, na persoa de Luis Mejuto Rodríguez.

O paso polo 2009 adicouse a Alfredo Montero Pampín, escultor de Furelos. O cartel fora do artista melidense e director do Museo da Terra de Melide, Xosé Manuel Broz Rei. Editáronse varios folletos publicitarios da respotaría melidá. O pregoeiro foi o Mago Antón e os músicos Axóuxere, Os Melidaos, Tromentelos e monicreques Cachirulo.

No ano 2010 os organizadores fixeron unha homenaxe a Manuel Lodeiro, coñecido ferreiro que facía traballos para toda a comarca. Un dos pasos decisivos para a consolidación da Festa do melindre foi a participación das catro casas reposteiras de Melide a partir dese ano, O Estilo, Casa Melchora, Tahona e Trisquel.

A edición de 2011 estivo adicada aos telleiros de Furelos, Piñor e O Leboreiro. A organización lembrou os vinte anos de historia da festa cunha exposición dos cartaces. A autoría do cartaz daquel ano fora municipal e o deseño procurou potenciar a imaxe dos propios produtos reposteiros, que tamén se levou ao cruzamento principal da vila cunha lona publicitaria instalada durante toda a fin de semana. O encargado de pronunciar o pregón foi o actor galego Manuel San Martín. Participaron no programa Saborea Galicia de Turgalicia, presente no tradicional mercado de San Miguel de Madrid. A música de Axóuxere, Os Melidaos e monicreques Cachirulo animaron a edición.

No ano 2013 a festa foi presentada na Praza de Lugo da Coruña co autobús mixto de Puntero. Tivo lugar a primeira edición do Coffeetour e a campaña do banco de sangue, con doazón de ricos aos doantes que se achegasen ao autobús. As actuacións dos Melidaos e de Tromentelos completaron a edición. Ao ano seguinte a Festa presentouse na Praza Maior de Lugo e na parte musical contouse coa presenza de Carapaus, Kepa Junquera e Xabier Díaz.

Seguindo no 2015 a Feira viaxou a Praza da Ferrería de Pontevedra. Presentáronse os doces de Melide en maridaxe con escumosos galegos e houbo unha degustación popular de melindres no partido de baloncesto Obradoiro e Real Madrid Baloncesto en Santiago de Compostela. Os invitados a tocar en Melide foron Malvela con Uxía, Os Carunchos, Os Melidaos, Froito Novo e Leirabuxo.

Xa no ano 2016 a presentación tivo lugar en Ourense. Incluíu unha xornada no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, con obradoiro e degustación popular. Tamén viaxaron ata a Escola de Hostalería de Porto (Portugal) e celebrouse un obradoiro de cociña cun cociñeiro estrela Michelín, Xoán Crujeiras, embaixador do melindre.

No ano 2017 a Asociación Melide Terra Doce asistiu ao Fórum Gastronómico da Coruña e á Feira Vinis Terrae en Ourense onde impartiron un obradoiro de repostaría melidá. Na edición de 2017 presentouse o libro A Repostaría de Melide.[1]

Durante a edición do ano 2018 os cociñeiros e presentadores de televisión xemelgos Sergio e Javier Torres dirixiron un showcooking durante a primeira xornada. Durante a segunda ofreceron concertos Óscar Ibáñez e Leirabuxo. [2]

Embaixadores do MelindreEditar

Pregóns da Festa do melindreEditar

O primeiro pregón, no ano 1991 a cargo de Xosé Vázquez Pintor, repasou a historia de Melide dende tempos irmandiños nunha arenga contra o localismo.

"Eu, que non son Pedro Osorio nin Alonso de Lanzós nin Diego de Lemos senón un feble excomungado, aconséllolles que os toquen e os retoquen e que os ergan de xeito progesivo até a altura dos seus ollos como recreo para a vista; e que os baixen logo tres ou cinco ou vinte centímetros, segundo o nariz regulamentado de cada un, para permitir que os labios, que todo o profanan, que todo o enchen de glorioso pecado, permitir que os labios, digo, recollan o doce, a marabilla artesanal do melindre, promotor do bo gusto, animador do sexto sentido. Pero fágoo despois, agora non, que estou falando, e esta terra vosa e miña de Melide sempre respectou a un aprendiz de conselleiro, porque algún día do dous mil eu serei un conselleiro melindroso, rodeado de améndoas, de ricos e de nóminas. […]" [3]

O pregón de Felipe Senén, dedicado ao músico folk Mingos Fuciños, incluía unha letanía do melindre.

Melindres de Melide
saber das panadeiras,
traballados coa quentura
Melindres
Melindres de Melide
topografía de sabores
mapa de Galiza
Melindres[…]″" [4]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2017). A Repostaría de Melide. Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce. 
  2. "Festa do melindre de Melide"
  3. Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2017). A Repostaría de Melide. Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce. p. 176. 
  4. Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2017). A Repostaría de Melide. Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce. p. 181. 

Véxase taménEditar