Marta González Vázquez

política galego


Marta González Vázquez, nada en Santiago de Compostela o 25 de xaneiro de 1965, é unha historiadora e política galega do PPdeG.

Infotaula de personaMarta González Vázquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
Representa: Partido Popular

17 de agosto de 2023 –
Lexislatura: 15th Congress of Deputies (en) Traducir

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 – 17 de agosto de 2023

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
8 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
6 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
5 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: A Coruña

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriadora , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: MartaGlezVzqz Bitraga: 4297 Dialnet: 9349 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Historia en 1987 na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou na especialidade de Historia Medieval en 1994. Tamén é licenciada en Arquivística e biblioteconomía.

En 1992 comezou a traballar na empresa privada, para o grupo Sargadelos, ata que en 1996 pasou a dar clase de Historia medieval na Universidade da Coruña. En 1998 accedeu a un posto administrativo no Grupo Compostela de universidades, onde permaneceu ata 2003, ano en que foi fichada pola consellería de Familia da Xunta de Galicia para ocuparse da dirección xeral de Igualdade. Coa perda das eleccións de 2005 regresou á empresa privada, para traballar como consultora, ata que coa vitoria do Partido Popular naseleccións de 2009 volveu á administración autonómica, co mesmo posto que tivera antes, Secretaria xeral de Igualdade.

 
Papeleta das Xerais de abril de 2019.

Abandonou ese cargo a finais de 2011 para concorrer nas listas do Partido Popular ás eleccións dese novembro ao Congreso dos Deputados como número dous nas listas da Provincia da Coruña, por onde foi elixida. Nas eleccións municipais de 2011 concorreu na candidatura do Partido Popular ao concello de Santiago de Compostela, en postos simbólicos. Porén, as sucesivas dimisións de concelleiros populares nesa lexislatura santiaguesa levou a que entrase en 2014 no pleno municipal, sen abandonar o seu escano no Congreso dos Deputados. Nos comicios locais de 2015 volveu figurar na candidatura popular, aínda que penúltima posición, polo que non repetiu como concelleira. Meses despois, o seu nome volveu estar na candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña, de novo de número dous, por detrás de Miguel Lorenzo Torres, para ser elixida tanto en 2015 coma en 2016.

O 27 de xullo de 2018 integrouse na nova executiva do PP, liderada por Pablo Casado, como vicesecretaria xeral de Comunicación.[1]

Encabezou a candidatura do partido pola Coruña nas eleccións xerais de abril e de novembro de 2019.[2][3]

Obras editar

  • Las mujeres de la Edad Media y el Camino de Santiago (2000).
  • El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media.
  • Inés de Castro (2003).
  • La emperatriz Berenguela.

Vida persoal editar

Está casada, ten unha filla e vive en Brión.[4][5]

Notas editar

  1. "Casado «integra» a los derrotados pero deja fuera a los pilares de Santamaría". ABC (en castelán). 2018-07-26. Consultado o 2019-03-16. 
  2. "Marta González encabezará la lista del PP por A Coruña en las generales". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 16/3/2019. 
  3. García, COPE Ferrol-Javier (2019-10-07). "Juan Juncal y Verónica Casal repiten como candidatos del PP al Senado". COPE (en castelán). Consultado o 2019-11-12. 
  4. "González Vázquez, Marta". Grupo Parlamentario Popular (en castelán). Consultado o 2019-11-13. [Ligazón morta]
  5. "InfoBrion.com". www.infobrion.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar