A biblioteconomía é o conxunto de actividades técnicas e científicas que ten como finalidade o coñecemento da información, dos materiais en que se presenta e do lugar en que se fai uso dela, para con isto responder mellor en calidade e cantidade ás demandas de información que fai a sociedade. O termo deriva das palabras gregas biblion (libro), theke (caixa) e logos (palabra).

Características da bibliotecoloxía editar

  1. clasificar e indexar o coñecemento;
  2. os aspectos morais e políticos que van relacionados cos principios morais e políticos da sociedade á que pertence;
  3. é unha profesión de servizo social;
  4. a difusión do coñecemento que é tanto ou máis importante que a conservación da mesma, xa que esta sen a outra non tería sentido.

Informática e bibliotecoloxía editar

A Bibliotecología e Ciencia da Información é a técnica cuxo campo constitúeno as coleccións de libros e as publicacións periódicas (revistas e periódicos), a información e a xestión do coñecemento. Este último rol ao longo do tempo foise ampliado ao manexo das tecnoloxías da información. A bibliotecoloxía, tamén se interesa por outros formatos ou recursos de información, por exemplo, publicacións periódicas en liña, os discos compactos (CD (informática)|CD) e DVD, as microfichas, as filmacions (vídeo, microfilme), as cintas de son etc.

O formato electrónico, en especial o disco compacto e as bases de datos en liña, revolucionaron o mundo das bibliotecas, polo cal foi necesario adaptar os tradicionais catálogos de fichas ou cartóns aos novos formatos, xurdindo os catálogos electrónicos, tamén coñecidos como catálogo en liña de acceso público (OPAC = Online Public Access Catalogs).

O concepto de colección transformouse co xurdimiento das bases de datos electrónicas, que non necesitan estar aloxadas fisicamente na biblioteca para ser accesibles aos usuarios. Isto produciu un profundo cambio nas políticas de colección de documentos (xa sexa en formato electrónico ou impreso) das bibliotecas modernas.

A bibliotecoloxía pódese dividir en teórica e aplicada. Na primeira incluímos temas como a teoría da información e a xestión do coñecemento, o estudo da necesidade de información e como satisfacela ao mundo, os factores externos que inflúen na interpretación dos coñecementos etc. A bibliotecoloxía aplicada ocúpase de temas tales como o desenvolvemento e mantemento das coleccións, servizos técnicos (adquisición, catalogación, préstamo e descarte ou depuración) das coleccións, cooperación interbibliotecaria, dereitos de autor, liberdade de información (dereito ao acceso á información), conservación, xerenciamento da biblioteca ou unidade de información etcétera. Xunto coa bibliometría está a informetría ou medida da capacidade potencial de transferencia de información documental dun sistema documental ou bibliotecario. Mide a cantidade de información posible cun algoritmo de procura baseado nas palabras clave ou códigos descriptores que o lector usa en linguaxe natural e os equivalentes e sinónimos que o sistema ou base de datos utilizou para catalogar os documentos (termos contidos nas categorías no caso da Wikipedia). Se sumamos as interaccións ou ocorrencias e establecemos un índice de calidade da procura polo logaritmo natural, que sería 1, 2 e 3 o óptimo para a recuperación de información conseguida. É semellante ao número de referencias que descarga un motor de busca en Internet.

Pode entenderse o rol do bibliotecario como un intermediario entre o usuario e a colección da biblioteca ou centro de información. Co obxecto de poder cumprir ben a súa función, o bibliotecario realiza a denominada entrevista de referencia, para poder asistir ao usuario da biblioteca na achaiadura e execución da súa procura de información. O bibliotecario como técnico, estuda algoritmos de procura, thesaurus, índices de citación, recompilación de novidades bibliográficas, trato e atención ao usuarios e solución das súas consultas, contactos con colegas etc.

Existen diversos sistemas de clasificación que se empregaron (e aínda se empregan) co obxectivo primario de organizar fisicamente as coleccións das bibliotecas nos estantes, sendo os máis empregados o de Dewey ou clasificación decimal universal (CDU) en Europa, o sistema da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, BLISS, clasificacións indúes facetadas etc. Mediante o emprego destas clasificacións, é posible asignar ao material nos estantes (exemplo, un libro) un código que trata de simbolizar o tema principal do que trata, é dicir, que intenta dar unha idea do seu contido principal, e que serve para colocar xuntos nos estantes aos materiais que teñen contidos relacionados. Por outra banda, é tarefa clásica do bibliotecario crear unha ficha de cartolina cos datos principais do libro: título, autor, editor, editorial, ano de publicación, edición, número de páxinas, e tema, o que se extrae dalgún dos sistemas de clasificación en uso. O conxunto destas fichas constitúe o catálogo manual dunha biblioteca. Existen varios métodos para organizar as fichas así creadas e aumentar as posibilidades de procura no catálogo manual. As fichas representan aos materiais conservados na biblioteca (ex. libros), e considérallas verdadeiros surrogantes ou representantes destes materiais. Coa chegada dos ordenadores, os catálogos manuais e a práctica da asignación dun único ou limitado número de categorías temáticas a cada material transformáronse en actividades obsoletas, posto que actualmente é posible asignar un elevado número de descriptores a cada material, para mellorar a representación do seu contido, e así facilitar e ampliar as posibilidades de procura.

Biblioteconomía e documentación editar

A organización dunha biblioteca, isto é, a organización física por materias dun catálogo de libros, levou ao estudo do como estruturar o coñecemento humano: Catalogación e Clasificación. O estudo da arquitectura da información inclúe unha especialidade denominada Bibliometría, que se ocupa por exemplo dos índices de citas ou citation index, o factor de impacto ou impact factor, o número de veces que un artigo é citados noutros artigos etc. O enfoque cara ao mundo empresarial exprésase na xestión do coñecemento, que busca calidade ou relevancia e difusión selectiva do coñecemento, para facer fronte á sobrecarga de información. O mundo das bibliotecas e centros de documentación é moi sensible cara ao coñecemento dos seus usuarios e autores, o que supón estudar as necesidades dos clientes mediante enquisas e entrevistas (métodos obstrutivos) ou mediante a análise dos patróns de procura dos clientes, como pode ser a análise dos blogs dos catálogos (métodos non obstrutivos).

En España pódese estudar Biblioteconomía e Documentación en máis dunha decena de universidades. Os profesionais da Biblioteconomía e Documentación, -bibliotecarios e documentalistas- participan en asociacións tanto a nivel nacional e rexional como internacional.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar