Miguel Lorenzo Torres

político galego

Miguel Lorenzo Torres, nado en Pontevedra en 1961,[1] é un avogado e político galego do Partido Popular de Galicia.

Infotaula de personaMiguel Lorenzo Torres

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFrancis Lorenzo, José Manuel Lorenzo e Gerardo Lorenzo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019.

Fillo de Erundino Lorenzo Rey, que fora director do colexio público Ciudad Infantil Príncipe Felipe en Montecelo, Pontevedra, e de María del Carmen Torres Ferrer, profesora de Educación Especial. O seu avó paterno foi Gerardo Lorenzo González. É irmán do actor Francis Lorenzo e do produtor José Manuel Lorenzo.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido concelleiro da Coruña nas eleccións municipais de 2007 e foi portavoz do PP en asuntos urbanísticos. Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 2011, onde o PP se fixo por primeira vez coa vara de mando municipal, e foi designado concelleiro de Servizos Sociais. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido concelleiro, se ben neste caso fóra do goberno. Meses máis tarde foi escollido para encabezar a candidatura do PP pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2015.[2] Deixou o seu cargo de concelleiro e nas eleccións xerais de 2019 presentouse como candidato a senador e ocupou escano nas XIII e XIV lexislaturas[3]. Na Cámara Alta foi voceiro do seu partido e vicepresidente da comisión de cultura.

O 15 de xullo de 2022 durante a celebración do XIV congreso local do do seu partido logrou o 92% dos votos para o posto de presidente do Partido Popular da Coruña[4] e poucos días despois o seu partido propono oficialmente como candidato á alcaldía da Coruña[5]. O 8 de setembro de 2022 xurou como concelleiro da Coruña e asumiu tamén o posto de voceiro do Partido Popular e líder da oposición[6].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar