Lois Caeiro
Luís Rodríguez García, coñecido como Lois Caeiro, nado en Sobrado o 10 de abril de 1951[1], é un xornalista e escritor galego. Foi director de El Progreso de Lugo, dende 2000 até 2019, ano no que se xubilou.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1951 (73 anos) As Cruces, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Traxectoria
editarNaceu no lugar das Cruces da parroquia de San Xiao de Cumbraos no concello de Sobrado, estudou na cidade da Coruña, no seminario de Santiago, na Universidade de Comillas e fixo xornalismo na Complutense en Madrid.[3]
Foi coordinador da colección Testemuños da Editorial SEPT, colaborador de Galicia confidencial, Encrucillada, comentarista político de El Ideal Gallego, xefe de prensa da Delegación do Goberno en Galicia con Domingo García Sabell. Xefe de Prensa da CEG. Xefe de Prensa da Xunta de Galicia. Director dos servizos informativos da Televisión de Galicia (1985-1986), director de Atlántico Diario e correspondente en Galicia do xornal ABC,[4] director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia entre 1986 e 1987, dimitindo en xaneiro de 1987.[5] Colaborador habitual de El Correo Gallego, publicou O xantar da memoria (2004) e Aquel mundo. E un dos tradutores de A Biblia dos nenos (Editorial Sept. 1975). Editor e prólogo de Pensar Galicia, unha escolma de artigos de Andrés Torres Queiruga (edit. Sept).
Recoñecementos
editar- Fillo Sobranceiro de Sobrado (1986)
- Premio Galicia de Comunicación 2004.
- En 2004, conseguiu o Premio de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, ao mellor traballo periodístico nos medios galegos, debido a un feixe de artigos escritos no outono de 2000.[6]
- Recibiu en 2014, o Premio Diego Bernal, outorgado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG), na súa XXª edición, pola súa ampla traxectoria.[7]
Obras
editar- Aquel mundo, 1996.
- O xantar da memoria, 2004. Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.
Notas
editar- ↑ "1951. Lois Caeiro, escritor e xornalista, nace en Sobrado". fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 06-03-2019. Consultado o 03-03-2019.
- ↑ López, Ruth (01-03-2019). "Alfonso Riveiro toma el relevo de Lois Caeiro en la dirección de El Progreso". elprogreso.es. Consultado o 03-03-2019.
- ↑ "Els periodistes gallecs rendeixen tribut a Lois Caeiro i al mort José Luis Alvite". catalunyapress.cat (en catalán). 23-01-2015. Consultado o 03-03-2019.
- ↑ "El periodista Lois Caeiro, galardonado con el XX Premio Diego Bernal". teinteresa.es. 26-11-2014. Consultado o 03-03-2019.
- ↑ Vázquez, Elisardo (13-01-1987). "Dimite el director de la televisión autonómica gallega". elpais.com. Consultado o 03-03-2019.
- ↑ "Enrique Arias gana el Premio de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro al mejor artículo de difusión nacional". galiciadigital.com. 2-01-2004. Consultado o 03-03-2019.
- ↑ "El periodista Lois Caeiro, galardonado con el XX Premio Diego Bernal". europapress.es. 04-12-2014.