Melindre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
O melindre é un doce característico da gastronomía de Galicia, cunha forma semellante á dunha rosquilla pero máis pequeno. Caracterízase polo seu menor tamaño e polo baño de xarope de azucre que levan por fóra e co que adquiren unha consistente capa abrancazada que os envolve.
Melindre | |
Melindres de Melide tralo baño de azucre. | |
Tipo | Doce |
Orixe | Melide, Galicia |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Orixe animal | Manteiga Ovo (alimento) |
Orixe vexetal | Fariña Azucre |
Características xerais
editarOs ingredientes do doce son: manteiga de vaca, fariña, ovos, azucre e opcionalmente anís. Faise unha masa mesturando os ovos, a fariña e a manteiga, logo esa masa divídese en anacos e dáselle forma. Despois hai que metelas no forno ata que collan unha cor non moi escura. Hai que deixar que arrefríen ben e logo báñanse nun xarope de auga e azucre, e ese almibre que abrillanta o doce, que é o que lles da a súa aparencia característica.[1] Poden durar un mes en boas condicións.
Son a peza central da festa anual do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide.
Feira do melindre de Melide
editarRecollendo o traballo das rosquilleiras que amasaban os melindres nas casas e os levaban a vender ás feiras, no 1991 creouse a festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, celebrada o segundo domingo de maio.[2]
Notas
editar- ↑ D'Souza, Ajay. "Melindres ó xeito de Melide « A Biblioteca de Fillos de Galicia". Consultado o 2021-03-17.
- ↑ Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2017). A Repostaría de Melide. Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce.