Uxío Abuín

triatleta español

Uxío Abuín Ares, nado o 14 de maio de 1991 en Lestrobe (Dodro) é un deportista galego, que destaca no tríatlon.

Modelo:BiografíaUxío Abuín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Dodro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntriatleta Editar o valor en Wikidata
Deportetríatlon
ciclismo de competición Editar o valor en Wikidata

Facebook: Uxio-Abuin-309470292411976 Twitter: uxioabuin Instagram: uxioabuin LinkedIn: uxio-abuin-136aa755 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a práctica deportiva da natación con 10 anos no Club Natación Padrón, pero aos 15, o club desfíxose e decidiu probar no tríatlon animado polo seu adestrador Alberto Álvarez. O ano seguinte foi convocado pola federación galega para representar a Galicia no campionato de España de Tríatlon por comunidades en idade escolar e conseguiu o título de campión de España nun dos seus primeiros tríatlons. A federación española concedeulle unha bolsa para adestrar no Centro de Alto Rendemento de Madrid, onde ademais cursou os estudos secundarios e comezou a carreira de INEF.

Estivo alí bolseiro durante 6 anos (2007-2013), nos que se formou como triatleta. A mediados do 2013 decidiu deixar a residencia. Comezou entón a súa etapa como deportista profesional. Adéstrase entre Lestrobe, Gran Canaria e Madrid, en función da época e a súa progresión.

Mellores resultados

editar
Campionato Categoría Data Posición
Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar Xuvenil 2007 Campión
Campionato de Europa de Tríatlon Youth por relevos Xuvenil 2008
Campionato de España de Tríatlon Júnior 2009 Campión
Campionato Iberioamericano de Tríatlon Elite 2010
Campionato de España Universitario de Tríatlon Universitario 2010 Campión
Mundial Universitario de Tríatlon Universitario 2010
Campionato do Mundo de Dúatlon Júnior 2010 Campión
Campionato de Europa de Dúatlon Júnior 2010
Campionato de España de Dúatlon Júnior 2010 Campión
Copa de Europa de Tríatlon (Quarteira - Portugal) Elite 2011
Campionato de Europa de Tríatlon Sub23 2012 12º
Campionato de España de Tríatlon Sprint Elite 2012
Campionato de España de Tríatlon Olímpico Elite 2012
Copa do Mundo de Tríatlon (Banyoles - España) Elite 2012
Copa de Europa de Tríatlon (Holten - Países Baixos) Elite 2012
Copa de Europa de Tríatlon (Banyoles - España) Elite 2013
Copa do Mundo de Tríatlon (Palamós - España) Elite 2013
Copa do Mundo de Tríatlon (Cozumel - México) Elite 2013 10º
Campionato de Europa de Tríatlon Sub23 2013
Campionato do Mundo de Tríatlon Sub23 2013
Copa de Europa de Tríatlon (Holten - Países Baixos) Elite 2014 10º
Copa de Europa de Tríatlon (Quarteira - Portugal) Elite 2014
Campionato de Europa de Tríatlon Sub23 2014
Campionato de España de Tríatlon Olímpico Sub23 2014 Campión
Campionato de España de Tríatlon Olímpico Elite 2014 Campión
Copa de Europa de Tríatlon (Châteauroux - Francia) Elite 2015
Copa de Europa de Tríatlon (Egirdir - Turquía) Elite 2015
Copa de Europa de Tríatlon (Melilla - España) Elite 2015
Copa de Europa de Tríatlon (Sochi - Rusia) Elite 2015
Copa de Europa de Tríatlon (Constanta Mamaia - Romanía) Elite 2015 Campión
Copa de Europa de Tríatlon (Madrid - España) Elite 2015 Campión
Circuíto Europeo de Tríatlon Elite 2015 Campión
Campionato de España de Tríatlon Olímpico Elite 2015
Campionato de España de Dúatlon Elite 2016 Campión
Campionato de España de Tríatlon Sprint Elite 2016
Copa de Europa de Tríatlon (Madrid - España) Elite 2016
Copa Africana de Tríatlon (Agadir - Marrocos) Elite 2016 Campión
Copa do Mundo de Tríatlon (Tongyeong - Corea do Sur) Elite 2016 Campión
Copa do Mundo de Tríatlon (Miyazaki - Xapón) Elite 2016 Campión

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. MARCA.com (2015-05-10). "Uxío Abuín hace sonar el himno de España en la Casa de Campo". MARCA.com (en castelán). Consultado o 2016-11-13.