Xesús Vázquez Abad
Xesús Vázquez Abad, nado en Nürnberg (Alemaña) o 22 de setembro de 1967, é un político galego pertencente ao PPdeG.
Nome orixinal | (es) Jesús Vázquez Abad |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de setembro de 1967 (57 anos) Núremberg, Alemaña |
Alcalde de Ourense | |
2015 – 2019 ← Agustín Fernández Gallego – Gonzalo Pérez Jácome → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
16 de novembro de 2012 – 16 de xuño de 2015 – Marisol Díaz Mouteira → Electo en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 | |
Conselleiro da Xunta de Galicia | |
2009 – 2015 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
26 de marzo de 2008 – 20 de abril de 2009 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, economista |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarDoutorouse en Ciencias Económicas e foi decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. A nivel político, foi voceiro dos PPdeG de Universidades e deputado deste mesmo partido no Congreso dos Deputados. En abril de 2009 foi designado por Alberto Núñez Feijóo, para ocuparse da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, entrando a formar parte do novo goberno popular da Xunta de Galicia.
En 2012 asumiu tamén parte das funcións da consellería de Cultura e Turismo. Durante o seu mandato como conselleiro foi aprobado o decreto de bilingüismo. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
No ano 2013 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.
En febreiro de 2015 cesou como conselleiro da Xunta para optar ás eleccións municipais por Ourense. Foi elixido alcalde de Ourense como candidato da lista máis votada. Mantívose como alcalde ata 2019. Nas municipais de 2019 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro. Foi nomeado senador no Senado de España por designación autonómica do Parlamento de Galicia. En setembro de 2021 dimitiu como concelleiro e senador e anunciou o seu abandono da política.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesús Vázquez Abad |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha na páxina web do Senado de España
Predecesor: Laura Sánchez Piñón Roberto Varela |
Conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria 2009 - 2015 |
Sucesor: Román Rodríguez González |