María Varela

Xornalista galega

María Varela Abelairas, nada en Lugo en 1974, é unha xornalista galega.

María Varela
María Varela.jpg
Nacemento1974
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidad Nacional de Educación a Distancia
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Charlando con Víctor Freixanes na Casa das Campás de Pontevedra en xaneiro de 2020

Desde o ano 2000 reside en Pontevedra.

Cursou estudos de Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela e despois de xornalismo na mesma USC e na UNED.

Comezou o traballo de xornalista en Radio Televisión Terras de Lemos (Monforte de Lemos) e contiuou en Onda Cero, Radio Voz e La Voz de Galicia. No 2000 incorporouse ao Diario de Pontevedra no que foi columnista, redactora de cultura, coordinadora de suplementos e redactora xefa.[1] Tamén fixo colaboracións con Galiciaé.[2]

Publicou oito poemas en galego (Noites, Silencio, As bocas caladas, Sen nome, Airexa de sal, 1 de novembro, Violeta, Indiferenza) no nº 221 de Grial.[3]

Foi a pregoeira das Festas da Peregrina 2018[4] en Pontevedra cun "pregón feminista".[5]

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas - María Varela - Detalle ponente". www.depo.gal (en castelán). Consultado o 2019-06-01. 
  2. "Opinión - maria-varela Galiciae". www.galiciae.com. Consultado o 2019-06-01. 
  3. Varela, María (xaneiro, febreiro, marzo 2019). "Poemas". Grial LVII (221): 60–63. ISSN 0017-4181. 
  4. Redacción (2018-08-10). "María Varela: "O meu primeiro contacto con esta cidade foi nas festas da Peregrina"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2019-06-01. 
  5. Gago, Marcos (2018-08-12). "Un pregón feminista abre la Peregrina". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-06-01. 
  6. Redacción (2017-06-19). "María Varela, xornalista de Diario de Pontevedra, gaña o Fernández del Riego". Diario de Pontevedra. Consultado o 2019-06-01. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar