Abrir o menú principal

Club Patín Cerceda

(Redirixido desde "CP Cerceda")
Artigos de calidade
Este artigo é actualmente un candidato a artigo de calidade. Un artigo de calidade debe servir como demostración dos mellores traballos da Galipedia, e, polo tanto, agárdase que cumpra varios criterios. Por favor, se queres, deixa comentarios na votación.

O Club Patín Cerceda,[a] ou simplemente Patín Cerceda, foi un equipo galego de hóckey a patíns da localidade de Cerceda (A Coruña). O equipo foi creado en 2009 logo do ascenso á OK Liga do segundo equipo do H.C. Liceo. Logo de sete anos de existencia, o equipo disolveuse por motivos económicos militando na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns español.

C.P. Cerceda
CidadeEscudo de Cerceda (A Coruña).svg Cerceda
Escudo de la provincia de A Coruña.svg A Coruña
Galicia Galicia
Historia2009-2016
Fundado2009
PavillónPavillón Deportivo de Cerceda (600 persoas)
PresidenteGalicia Mª Isabel Bermúdez
AdestradorGalicia Juan Copa
CompeticiónOK Liga
Títulos
Primeira División2013
Cores          Vermello e branco
Kit left arm red stripes.png
Team colours
Kit body whitestripes.png
Team colours
Kit right arm red stripes.png
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Kit body unknown.png
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

Nas sete tempadas que o equipo estivo en competición conseguiu dúas participacións na segunda competición de clubs a nivel europeo, a Copa CERS, na que debutou na tempada 2014-15, se ben en ningunha delas conseguiu superar a primeira eliminatoria. Tamén disputou dúas veces a Copa do Rei, ambas de xeito consecutivo en 2014 e 2015 sen superar os cuartos de final. Xogou catro tempadas na máxima categoría do hóckey a patíns español, a OK Liga, tres delas de xeito consecutivo. Logo de descender á segunda categoría no ano do seu debut como equipo independente, o Cerceda recuperou a categoría logo de proclamarse campión da Primeira División[b] na tempada 2012-13, tempada na que ademas conseguiu o subcampionato da Copa do Príncipe.[c]

Durante a curta historia do equipo a súa única presidenta for María Isabel Bermúdez, mentres que o único técnico que ocupou o banco cercedense foi o coruñés Juan Copa. O Patín Cerceda disputaba os seus partidos como local no Pavillón Deportivo de Cerceda, un pavillón con capacidade para 600 persoas.

Índice

HistoriaEditar

O Liceo B e o nacemento do CP CercedaEditar

O 8 de outubro de 2008, o Hockey Club Liceo da Coruña asinou un acordo de colaboración co Concello de Cerceda polo cal o concello cercedense patrocinaría ao segundo equipo do club coruñés en Primeira Nacional e este comprometeríase a disputar os seus partidos oficiais e realizar as sesións de adestramento nas instalacións municipais cercedenses. O convenio foi asinado polo daquela alcalde de Cerceda José García Liñares e o presidente do Liceo no momento, Eduardo Lamas.[3] Deste xeito o segundo equipo do club coruñés pasou a xogar todos os seus partidos como local en Cerceda e adoptou a denominación Liceo Cerceda.[4]

Na tempada 2008-09 o Liceo Cerceda, dirixido polo coruñés Juan Copa, conseguía o ascenso á máxima categoría do hóckey a patíns español logo de gañar o título da Primeira Nacional a falta de dúas xornadas para a súa conclusión, se ben o daquela filial liceísta xa tiña asegurado o ascenso á OK Liga, logo de derrotar 1-2 ao FM Oviedo Roller e aproveitar a derrota do GEiEG Sindorme Hoteles fronte ao Cifa Patín Coruña (4-0). A pesar da boa tempada, na que o equipo se colocou na primeira posición dende a terceira xornada e xa non a abandonou, o adestrador do Liceo Cerceda laiábase de non ter podido facerse coa Copa do Príncipe, á que segundo o técnico coruñés, "non chegamos no noso mellor momento".[5]

O club foi creado o 13 de xuño de 2009[6] logo de que o segundo equipo do H.C. Liceo acadase o ascenso á O.K. Liga ao finalizar a tempada 2008-09. Debido a que non poden competir dous equipos dun mesmo club na mesma categoría, fundouse o Clube Patín Cerceda, ao cal o Liceo lle cedeu a súa praza na máxima categoría do hóckey. Moitos dos xogadores do Liceo B asinaron co novo equipo, e outros xogadores novos virán reforzar o equipo.

En setembro de 2009, o novo Patín Cerceda presentou a primeira edición do Torneo de Cerceda, un torneo triangular que contou coa presenza do HC Liceo (subcampión da OK Liga), a UD Oliveirense, e o propio Patín Cerceda.[7] Poucos días antes do inicio da OK Liga, o Patín Cerceda presentábase ante a súa afección fronte ao Liceo na primeira edición do torneo.[8]

Un ano na eliteEditar

 
O asturiano Toni Pérez, na foto cando xogaba co HC Liceo, foi o máximo goleador do Cerceda na súa primeira tempada na OK Liga.

Artigo principal Tempada 2009-2010 do C.P. Cerceda

A tempada 2009-10 foi a primeira tempada do CP Cerceda na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español. O equipo construído para debutar na OK Liga estivo formado sobre a base do grupo que conseguira o ascenso o ano anterior, reforzándose cos xogadores do CP Voltregà Xavi Malián e Santi Teixidó, Martín Barrós procedente do Patín Coruña, e Pablo Cancela do Vigo Stick.[9][10] Os xogadores que integraron o equipo cercedense na súa primeira tempada na elite foron os porteiros Xavi Malián e Martín Barrós, e os xogadores de pista Jaime Piñeyro, Eduard Lamas, José Ramón, Tito Torres, Pepe Barreiro, Santi Teixidó, Pablo Cancela e Toni Pérez, contando cun número importante xogadores nas categorías inferiores da selección no ano do seu debut, así como xogadores como Lamas ou Toni Pérez, que se proclamaran campións do mundo sub-20 en Bassano (Italia) en 2009.[6][11]

O debut na OK Liga do Cerceda debía ter lugar no Pavillón Deportivo de Cerceda fronte ao C.E. Noia Freixenet, mais o partido suspendeuse,[d][14] polo que o debut do Cerceda na OK Liga tivo adiouse ata o 11 de outubro fronte ao Sidorme Hotels GEiEG de Girona nun partido no que os galegos comezaron perdendo para finalmente conseguir a primeira vitoria da tempada (5-4), anotando o coruñés Pablo Cancela o primeiro gol do equipo como local.[e][12][16]

O mal inicio da liga, que levou ao equipo galego a finalizar a primeira volta da liga na penúltima posición da táboa con 9 puntos (dúas vitorias, tres empates e 10 derrotas),[17] impediulles aos cercedenses manteren a categoría, a pesar de seren un dos mellores equipos da segunda volta e ata chegaren á derradeira xornada con opcións de manteren a categoría. O equipo dirixido por Juan Copa xogou a derradeira xornada de liga fronte ao Sather Blanes con opcións á permanencia conseguindo o empate e que o PAS Alcoi perdera e o Lleida Llista Blava non gañara.[18][19] Malia gañar en Blanes por tres goles a catro, o cerceda viuse condenado ao descenso de categoría polas vitorias do Alcoi e o GEiEG.[19]

A separación definitivaEditar

No verán de 2010 o club independizouse totalmente do Liceo, do cal dependía no plano xestor (Eduardo Lamas, presidente do Liceo exercía as funcións de asesor do equipo cercedense), a pesar de que a nivel federativo xa eran clubs independentes dende 2009.[20][21] A separación definitiva do club cercedense do Liceo levouno a unha galeguización do equipo cunha política de equipo de canteira e de xogadores da comarca, esta aposta por ser o referente dos novos xogadores galegos levou á creación dun equipo xuvenil.[22]

O Patín Cerceda iniciou a tempada 2010-11 como o equipo menos goleador nas primeiras xornadas.[23] O equipo mantivo as súas opcións de clasificarse para a Copa do Príncipe que se celebraría en febreiro en Pamplona ata a derradeira xornada da primeira volta,[24] aínda que finalmente o equipo non conseguiu a última praza en xogo que se disputaba 15ª e última xornada da primeira volta, que foi parar ao Club Patín Alcobendas.[25] Con todo, finalmente o club cercedense non puido conseguir o ascenso ao finalizar na sexta posición con 51 puntos, seis menos que o terceiro clasificado que marcaba a última praza de ascenso, cun rexistro de 16 Vitorias, 3 empates e 11 derrotas.[26]

Na tempada 2011-12 o Cerceda partía como un dos favoritos ao ascenso.[27] Aínda que os xogadores de Juan Copa comezaron gañando os seus dous primeiros partidos fronte a Vilafranca e Ordes,[28] o equipo entrou a partir da terceira xornada nunha dinámica negativa, non sendo quen de conseguir unha nova vitoria ata a décima xornada (6-2 fronte ao Raspeig), e tan só puido colleitar sete vitorias e outros tantos empates fronte a 16 derrotas en toda a liga, o que o colocou na 14ª posición dun total de 16 equipos con 28 puntos.[29] O equipo despediu a xornada cunha contundente derrota (11-6) en Alcobendas.[30]

O 8 de xaneiro de 2013, a Real Federación Española de Patinaxe anunciou no seu sitio web que Cerceda acollería a VII edición da Copa do Príncipe os días 16 de 17 de febreiro dese mesmo ano, e na que participaron os tres mellores equipos da Primeira División logo da primeira volta da competición, xunto co Patín Cerceda.[31] O Cerceda enfrontouse nas semifinais ao Club Patí Vilafranca (que chegaba como líder da categoría á cita copeira), vencendo por tres goles a dous.[32] Con todo, na final o equipo dirixido por Juan Copa non puido co Mataró (5-7) nun Pavillón González Laxe cheo.[33]

Na tempada 2012-13 o CP Cerceda conseguiu o retornar á máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español tres anos despois. Os cercedenses comezaron as primeiras xornadas da competición sen coñecer a derrota e mantiveron a regularidade ao longo de toda a tempada Finalmente o equipo asegurouse o ascenso de xeito matemático na penúltima xornada tras derrotar por 5 goles a 3 na casa ao CP Alcobendas nun partido que comezou por detrás no marcador (0-2) e ao que lle deu a volta.[34][27] Na derradeira xornada de competición o Cerceda derrotou ao Sant Cugat a domicilio (2-5), conseguindo deste xeito alzarse co título de Primeira División.[35]

O retorno á OK LigaEditar

Na tempada do seu regreso á OK Liga, o Cerceda conseguiu clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a Copa do Rei na cidade catalá de Lleida. O equipo de Juan Copa conseguiu a súa clasificación logo dunha boa primeira volta na que finalizou na sétima posición da táboa, conseguindo seis vitorias, cinco empates e catro derrotas para un total de 23 puntos. O Cerceda chegou á última xornada da primeira volta tendo que remontar un gol average de sete goles en contra ao Noia Freixenet, e fíxoo cunha goleada na casa fronte ao C.P. Vilanova (12-1), o que deixou ao equipo de Sant Sadurní d'Anoia fora da competición copeira.[f][36] O Cerceda debutou na competición copeira o 28 de febreiro fronte ao Club Patí Vic,[37] nun partido moi disputado que se decantou do lado dos de Osona grazas a un solitario gol de Titi Roca na segunda parte, aínda así, Martín Payero tivo a oportunidade de empatar o mesmo a falta de once segundos para a conclusión do partido, mais a bóla estrelouse contra o largueiro, dando o pase a semifinais ao equipo de Vic.[38] Na liga, o Cerceda finalizou na novena posición logo de derrotar na derradeira xornada ao Vilanova (3-10), conseguindo a última praza para disputar a segunda competición continental de hóckey a patíns, a Copa CERS, a costa do histórico Club Patí Voltregà.[39][40]

O 6 de setembro de 2014 celebrouse o sorteo da primeira rolda da Copa CERS en Lisboa, no que por primeira vez estivo o Patín Cerceda, sendo o quinto concello con menos habitantes de entre os representados na competición. No sorteo, no Cerceda evitou aos conxuntos españois ao non poder emparellarse dous equipos do mesmo país na primeira rolda de competición,[41] os cercedenses foron emparellados co Oliveirense portugués. O debut na segunda competición continental do Patín Cerceda tivo lugar no Pavilhão Dr. Salvador Machado de Oliveira de Azeméis o 18 de outubro de 2014. O debut do cadro galego non foi bo, xa que o equipo luso adiantouse no marcador aos 19 segundos por mediación de Diogo Silva e, aínda que Mantiñán conseguiu reducir distancias pouco antes do descanso, o Oliveirense anotou un novo tanto que deixou o marcador 3-1 no descanso, diferenza que se ampliou na segunda parte para deixar o electrónico no 6-3 definitivo.[42][43] No partido de volta os lusos dominaron o marcador en todo momento, cun claro 0-3 ao descanso, e a reacción inicial da segunda parte foi neutralizada por Gonçalo Alves (4-1), para concluir o partido con 2-5 no marcador que puña punto e final á primeira andaina europea do Patín Cerceda.[44] Na OK Liga o equipo realizou o mellor inicio da súa historia, conseguindo 13 puntos nas primeiras sete xornadas de competición,[45] o que lle permitiu clasificarse por segundo ano consecutivo para a Copa do Rei que se celebrou en Blanes (Xirona). No partido de cuartos da competición copeira os cercedenses non puideron superar ao Liceo da Coruña e caeron por un contundente 8-1 (5-1 ao descanso) nun partido no que os herculinos xa gañaban 3-0 no minuto seis da primeira metade.[46]

O 24 de outubro de 2015 o equipo cercedense comezou a súa segunda participación na Copa CERS fronte ao ASD Pattinomania Matera no Sportintenda de Matera (Italia), que no momento lideraba a Serie A1 italiana.[47] No partido de ida o equipo de Juan Copa caeu por 5-1 en terras italianas, tendo que remontar catro goles no González Laxe para pasar á segunda rolda, unha remontada histórica que faría pasar da primeira rolda de competición aos cercedenses por primeira vez na súa historia.[48] Con todo, o Patín Cerceda acabou caendo tamén na súa casa por 2-3, nun partido igualadao ao descanso (1-1), e no que o equipo galego plantou cara en todo momento ao conxunto italiano.[49]

Na liga, o equipo dirixido por Juan Copa conseguiu a permanencia a falta de tres xornadas para a conclusión da liga logo dunha dura tempada na que o equipo chegou a ocupar os postos de descenso, pero na que chegou á recta final con opcións de clasificarse para a Copa CERS por terceiro ano consecutivo.[50] De entre os mellores momentos do equipo na tempada 2015-16 salientou a segunda vitoria fronte ao Liceo da Coruña, o equipo do que xurdira o club cercedense, por 5-4, reeditando así a vitoria sobre os herculinos da tempada precedente.[51]

En xullo de 2016 o Patín Cerceda víase obrigado a renunciar á súa praza na máxima categoría do hóckey a patíns español, a pesar de que conseguíraa manter na cancha grazas á reacción do equipo na fase final do campionato, logo da cal o equipo conseguiu finalizar na undecima posición. Os motivos da renuncia foron principalmente económicos, cando o corpo técnico comezou a preparar a seguinte tempada. Nun comunicado no que fixo pública a súa renuncia, o club agradeceu o apoio recibido nos seus seis anos de existencia:[52][53]

Queremos aproveitar para agradecer ao Concello de Cerceda, ás Institucións e patrocinadores que fixeron posible co seu apoio que este proxecto deportivo mantivérase durante seis tempadas (...) Queremos tamén lembrar e agradecer a todos os xogadores que pasaron polo club todos estes anos, a súa adicación e inesquecible contribución. Ao corpo técnico, adestradores, médicos, preparadores físicos a súa enorme axuda. E especialmente, a toda esa xente que desinteresadamente involucrouse neste proxecto (...) o público que acudiu estes anos ao Pazo de Deportes Presidente González Laxe e conseguiu que ditas tempadas sexan inesquecibles.

Mundo Deportivo, 15 de xullo de 2016

O comunicado finalizaba xa a xeito de despedida:[53]

Esperamos que este proxecto teña achegado o seu gran de area ao hóckey a patíns galego para seguir medrando e que os nostos acertos e erros poidan servir para que outros recollan o testigo e continúen facéndonos a todos gozar deste marabilloso deporte.

Mundo Deportivo, 15 de xullo de 2016

Deste xeito o Patín Cerceda disolvíase por motivos económicos logo de sete anos de existencia, nos que xogou catro tempadas OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns español, e chegou a competir en dúas ocasións na segunda competición máis importante de Europa a nivel de clubs, a Copa CERS.[54]

Escudo e coresEditar

Dende a súa primeira tempada o Club Patín Cerceda vestiu como primeira equipación unha camisola a raias vermellas e brancas con pantalón azul.[55] Nas segundas equipacións, empregou camisolas verdes escuras e pantalóns negros,[56] así como camisolas brancas e pantalón azul.[57]

O escudo do equipo representaba sobre un rectángulo azul claro, e sobresaindo lixeiramente del, unha figura con patíns e un stick de hóckey co corpo azul e unha camisola a raias vermellas e brancas sobre o texto "Patín Cerceda", a á esquerda da figura a palabra "club".[g] As palabras "club" e "Cerceda" aparecían en azul máis escuro, mentres que "patín" estaba escrita sobre o fondo azul claro en letras brancas.[58] Nas primeiras tempadas do club unha das rodas dun dos patíns era de cor verde, como a cor predominante da equipación do Liceo da Coruña, aínda que posteriormente todas as rodas dos patíns do escudo pasaron a ser de cor vermella.

PavillónEditar

O Club Patín Cerceda xogaba os seus partidos como local no Pavillón Deportivo de Cerceda, un recinto situado na avenida Fernando González Laxe, cunha pista de parquet e unhas dimensións de 40×20 metros. O pavillón cercedense contaba cunha capacidade para 600 persoas nas bancadas, durante as tempadas que o Patín Cerceda xogou como local.[1] O pavillón acolleu en 2013 a sétima edición da Copa do Príncipe de hóckey a patíns, na que o equipo local conseguiu o subcampionato.[33]

CanteiraEditar

Un dos principais obxectivos do club foi o traballo coa base e darlle saída no primeiro equipo aos xogadores saídos da canteira, chegando a ser o dominador das categorías inferiores do hóckey a patíns galego.[59]

Entre os logros do equipo xuvenil salientan os dous campionatos da Liga Galega e os dous subcampionatos de España conseguidos de xeito consecutivo nas tempadas 2010-11 e 2011-12, ademais o equipo proclamouse campión da Fase Sector Norte na tempada 2011-12. Pola súa banda, o equipo júnior conseguiu dous campionatos da Liga Galega nas tempadas 2010-11 e 2011-12 e un subcampionato na tempada 2012-13, mentres que nos Campionatos de España conseguiu dous subcampionatos nas tempadas 2011-12 e 2013-14, e dous cuartos postos (2010-11 e 2012-13), ademais o equipo proclamouse campión da Fase Sector Norte na tempada 2010-11.[60]

Datos do clubEditar

Historial na ligaEditar

Tempada Categoría Posto
2009/10 OK Liga 13º  
2010/11 1ª División
2011/12 1ª División 14º
2012/13 1ª División  
2013/14 OK Liga
2014/15 OK Liga
2015/16 OK Liga 11°

Historial na Copa do ReiEditar

Tempada Rolda Opoñente Resultado
2013/14 Cuartos de final CP Vic 0-1
2014/15 Cuartos de final HC Liceo 8-1

Historial na Copa CERSEditar

Tempada Rolda Opoñente Ida Volta
2014/15 Dezaseisavos de final   UD Oliveirense 6-3 5-2
2015/16 Dezaseisavos de final   ASD Pattinomania Matera 5-1 3-2

XogadoresEditar

Véxase tamén: Xogadores do CP Cerceda.

Cadro de xogadores da última tempadaEditar

O equipo do Patín Cerceda que disputou a OK Liga na tempada 2015-16, a última da historia do club, foron os seguintes:[61]

C.P. Cerceda
Nome Posición Data de nacemento Nacemento País Equipo anterior Incorporación
1 Martín Rodríguez Garaboa Porteiro 17-08-1994 A Coruña   Galicia CP Cerceda 2014
2 Adrián Candamio García Dianteiro 14-02-1996 Culleredo   Galicia HC Liceo 2015
3 Íñigo Artacho Mendioroz Defensa-Medio 16-12-1996 Logroño   España HC Liceo 2015
4 Joan Grasas Defensa 09-06-1980 Barcelona   España Blanes HC 2013
5 Pablo Fernández Blanco Dianteiro 14-12-1982 A Coruña   Galicia A.A. Dominicos 2014
6 Jacobo García Becerra Defensa-Medio 27-03-1990 A Coruña   Galicia A.A. Dominicos 2015
7 Martín Payero Dianteiro 09-09-1977 San Juan   Arxentina A.C. Ordes 2012
8 Pablo Togores Sanmartín Medio 21-08-1985 A Coruña   Galicia A.A. Dominicos 2014
9 Jacobo Mantiñán Barral Dianteiro 04-06-1985 A Coruña   Galicia HC Borbolla 2010
10 Willy Domínguez Porteiro 17-04-1979 Barcelona   España SHUM Maçanet 2013
14 Arcadio García-Tizón Borrás Dianteiro 05-09-1981 A Coruña   Galicia CP Cerceda 2014
19 Alejandro López Rodríguez Dianteiro 31-01-1994 A Coruña   Galicia CP Cerceda 2014
12 Manuel Varela Canosa Porteiro 27-01-1994 A Coruña   Galicia CP Cerceda 2014
  • Adestrador: Juan Copa
  • Adestrador adxunto: Manuel Togores Sanmartín
  • Delegados: Antón Boedo Saiz, Vicente Germán Cabeza Grela, Josep Grasas Guisset
  • Preparador físico: Pablo Suárez Díaz

CapitánsEditar

O primeiro capitán do Patín Cerceda foi o ordense José Ramón López, que procedente do equipo que logrou o ascenso á OK Liga como Cerceda Liceo iniciou como capitán a andaina do novo club na tempada 2009-10, ocupando o posto ata a súa saída do club en 2014.[62][63] A partir da tempada 2014-15 sucedeuno no posto o barcelonés Joan Grasas, que chegara ao club no verán de 2013.[64][65]

Xogadores destacadosEditar

O Patín Cerceda caracterizouse por acoller a un gran número de xogadores galegos, especialmente logo da súa separación definitiva do HC Liceo. Moitos destes xogadores tiñan pasado liceísta e vestiron a camisola da selección española nas súas categorías inferiores. Algúns dos xogadores destacados do Patín Cerceda ao longo das sete tempadas nas que estivo en competicón foron:[66]

Máximos goleadoresEditar

O máximo goleador da historia do Club Patín Cerceda é o arxentino Martín Payero cun total de 116 goles, incluíndo os 36 tantos anotados na súa primeira tempada no club cando este militaba na Primeira División, sendo ademais a tempada que máis goles anotou coa camisola cercedense.[67] Outros xogadores que salientaron no eido anotador foron David Torres con 75 goles ou José Ramón con 72,[68][69] ou Toni Pérez con 43 goles na única tempada na que xogou no Cerceda, que o levaron a converterse no segundo máximo goleador da OK Liga.[70][71]

PalmarésEditar

Patrocinadores e provedoresEditar

No verán de 2015 o Patín Cerceda asinou un acordo polo cal a empresa madrileña sticksypatines.es pasaba a ser a provedora oficial do equipo.[72]

Nas últimas campañas de existencia do club o seu principal patrocinador foi o portal galego de hóckey a patíns Hockey Global, pasando a denominarse o club Hockey Global Patín Cerceda.[73] Ademais o club recibiu axudas de institucións como o Concello de Cerceda ou a Deputación da Coruña, así como de empresas como Estrella Galicia ou ABANCA.[74] Nos seus inicios o equipo portaba na súa camisola unicamente o patrocinio do Concello de Cerceda, e posteriormente Deporte Galego xunto coa marca Galicia.

NotasEditar

  1. Se ben o nome correcto en galego sería Club Patín Cerceda, o logo do equipo e o seu sitio web oficial recollían a palabra Clube en lugar de Club nas súas primeiras tempadas.[1]
  2. Primeira División foi o nome que recibiu a segunda categoría do hóckey a patíns español ata a tempada 2018-19, cando pasou a denominarse OK Liga Prata.[2]
  3. A Copa do Príncipe denomínase actualmente Copa da Princesa.
  4. Finalmente o partido ante o Noia Freixenet disputouse o 15 de outubro e finalizou coa derrota local por dous goles a seis.[12][13]
  5. O partido da segunda xornada do Cerceda tamén se suspendeu pola disputad do Mundial sub-20, polo que o partido correspondente, no Pavelló Onze de Setembre de Lleida disputouse o 2 de novembro e finalizou cun empate a tres goles.[15]
  6. O Noia Freixenet non puido clasificarse a pesar da súa oitava posición, por clasificarse de xeito directo o ICG Software Lleida, organizador da competición.[36]
  7. Durante as primeiras tempadas do equipo indicaba "Clube".[1]
  8. O primeiro título da categoría de prata conseguiuno baixo a denominación de Liceo Cerceda.[4]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Ficha do C.P. Cerceda" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  2. "La OK Liga se reducirá a 14 equipos en 2019/2020". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de xuño de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  3. "El Concello de Cerceda firma un convenio con el equipo Liceo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Nuestros equipos. Club Patín Cerceda" (en castelán). Concello de Cerceda. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  5. "El Vilafranca sigue marcando el ritmo del ascenso" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 18 de maio de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Ferreiro, José M. (5 de setembro de 2009). "El Clube Patín Cerceda debuta con el Liceo ante su público". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2019. 
  7. "El Torneo de Cerceda se estrena a lo grande" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 3 de setembro de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  8. "Listos para el espectáculo" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 22 de setembro de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  9. "El Patín Cerceda presenta hoy sus fichajes para la liga OK de hockey". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  10. de Alba, Sònia (22 de outubro de 2009). "El Cerceda, un Primera Nacional en la OK Liga" (en castelán). Fútbol Club Barcelona. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  11. "Portada" (en italiano). mondialebassano2009.gare.it/. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  12. 12,0 12,1 "El Patín Cerceda debuta en la OK Liga de hockey sobre patines enfrentándose al Geieg de Gerona". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  13. "El Noia de hockey hizo valer su veteranía ante el Patín Cerceda". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de outubro de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  14. "Empieza la mejor liga de hockey sobre patines del mundo" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 25 de setembro de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  15. "El Cerceda remonta un 3-0 y logra un valioso punto en Lleida". La Opinión (en castelán). 3 de novembro de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  16. "Debut con triunfo espectacular ante el GEiEG". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  17. "Liceo, campeón de invierno con "milagro"". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  18. "Última jornada de infarto en la OK Liga" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 7 de xuño de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2018. 
  19. 19,0 19,1 "El Patín Cerceda y el Lleida Llista Blava bajan a la Primera División Nacional" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 12 de xuño de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2018. 
  20. El Cerceda s'independitza del Liceo (okcat.cat)
  21. "O Cerceda independízase do Liceo (blog.hoqueipatins.cat)". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2010. Consultado o 08 de agosto de 2010. 
  22. Cerceda, "Made in Galiza"[Ligazón morta]
  23. "El Alcobendas es el nuevo líder de la Primera Nacional" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 9 de novembro de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  24. "Últimas plazas en juego para la Copa de la Reina y la Copa del Príncipe" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 17 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  25. "CP Alcobendas golea al Vilafranca y se gana el billete para la Copa del Príncipe" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  26. "Primera Divisió 2010/11" (en catalán). okcat.cat. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  27. 27,0 27,1 Varela, María (20 de maio de 2013). "Tres años y un destino". La Opinión (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  28. "Los favoritos empiezan a coger posiciones en la Primera Nacional" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 17 de outubro de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  29. "Primera Divisió. 2011/12" (en catalán). okcat.cat. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  30. "El Lleida Llista Blava consigue el ascenso y el San Antonio pierde la categoría" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 4 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  31. "Cerceda acogerá la Copa del Príncipe". Real Federación Española de Patinaxe (en castelán). 8 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  32. "Un gigante llamado Cerceda". La Opinión (en castelán). 17 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  33. 33,0 33,1 "El Cerceda se quedó sin la Copa". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  34. "El CP Cerceda y el CP Tordera consiguen el ascenso a la OK Liga" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 19 de maio de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  35. "El Patín Cerceda conquistó el título de Primera División". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  36. 36,0 36,1 "Cerceda, último billete para la Copa". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  37. "Vuelve el espectáculo de la Copa". Mundo Deportivo (en castelán). 27 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  38. "El Barça impone su clase y se mete en semifinales". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de marzo de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  39. "El Lloret desciende y el Cerceda jugará la CERS". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de xuño de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  40. "El CH Lloret pierde la categoría y el Cerceda debutará en Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 7 de xuño de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  41. Varela, María (6 de setembro de 2014). "Cerceda sitúa su nombre en Europa". La Opinión. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  42. "El HockeyGlobal CP Cerceda da la cara en su debut europeo". Stadio Sport. 18 de outubro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  43. "Coupe CERS 2015" (PDF) (en francés). CERH. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  44. Ferreiro, José M. (2 de novembro de 2014). "Un Patín Cerceda sin suerte cayó contra el Oliveirense en la CERS". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  45. "El Cerceda, sin presión y a por la remontada en casa". El Ideal Gallego (en castelán). 1 de novembro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  46. Gallén, Carles (27 de febreiro de 2015). "Liceo y Vic, los primeros semifinalistas". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  47. "El Patín Cerceda juega en Italia frente el Matera en la Copa CERS europea". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de outubro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  48. Varela, María (28 de novembro de 2015). "Remontar cuatro goles, misión para el Cerceda ante el Matera". La Opinión (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  49. "Despedida da CERS merecendo algo máis". Stadio Sport. 29 de novembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  50. Varela, María (17 de maio de 2016). ""El ADN del Cerceda es saber competir, lo hacemos al 200%"". La Opinión (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  51. "El CP Cerceda se lleva el derbi ante el Liceo (5-4)" (en castelán). galiciadeportiva.es. 21 de marzo de 2016. Consultado o 13 de agosto de de 2019. 
  52. Ferreiro, José M. (16 de xullo de 2016). "Triste adiós del Cerceda a la OK Liga de hockey". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  53. 53,0 53,1 "El CP Cerceda no competirá en OK Liga". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de xullo de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  54. Varela, María (15 de xullo de 2016). "El Cerceda confirma que no competirá la próxima temporada". La Opinión (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  55. Ferreiro, José M. (21 de marzo de 2016). "El público vibró con el triunfo del Patín Cerceda ante el potente Liceo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  56. Imaxe da segunda equipación do Patín Cerceda nunha nova de La Opinión: El Cerceda guarda las distancias
  57. Imaxe da segunda equipación do Patín Cerceda nunha nova de El Ideal Gallego: l Vic vence en Cerceda y se coloca líder en solitario
  58. Véxase o escudo no sitio web oficial do club.
  59. Varela, María (22 de marzo de 2012). "El Cerceda repite doblete". La Opinión (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  60. "Palmarés". Club Patín Cerceda. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  61. "Equipos. OK LIGA". Club Patín Cerceda. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  62. Varela, María (9 de abril de 2010). "José Ramón López: "Para ganar tenemos que hacerlo todo bien y ellos, todo mal"". La Opinión (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  63. "Hockey Patines: un dos mellores equipos do mundo visita Cerceda". El Boletín Coruñés. 24 de marzo de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  64. Ferreiro, José M. (15 de setembro de 2014). "El Patín Cerceda conquistó el trofeo Eurocidade en Valença". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  65. Ferreiro, José M. (28 de outubro de 2014). "El Patín Cerceda pide ayuda al público para hoy ante el Vendrell". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  66. "Players for team: Cp Cerceda" (en inglés). rinkhockey.net. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  67. "Martin Payero Lopez" (en inglés). rinkhockey.net. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  68. "David Torres Pastoriza" (en inglés). rinkhockey.net. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  69. "Jose Ramon Lopez Regos" (en inglés). rinkhockey.net. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  70. "Antonio Perez Gonzalez" (en inglés). rinkhockey.net. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  71. "OK LIGA - HOCKEY PATINES. Temporada: 2009/2010" (en inglés). Real Federación Española de Patinaxe. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  72. "sticksypatines.es, nuevo patrocinador del HockeyGlobal CP Cerceda". stadio Sport (en castelán). 28 de agosto de 2015. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  73. Véxanse as denominacións do club no portal do hóckey a patíns da Real Federación Española de Patinaxe
  74. Véxanse o sitio web do club.

Véxase taménEditar