Xavier Malián Crosas
Xavier Malián Crosas, máis coñecido como Xavi Malián, nado en Sant Hipòlit de Voltregà (provincia de Barcelona) o 5 de setembro de 1989, é un xogador catalán de hóckey a patíns que xoga de porteiro. Dende a tempada 2019-20 xoga no FC Porto.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1989 (35 anos) Sant Hipòlit de Voltregà, España |
Traxectoria
editarXavi Malián comezou no equipo da súa cidade natal, o Club Patí Voltregà, club co que gañou 3 campionatos de España nas categorías alevín, infantil e xuvenil, e co que debutou na OK Liga. Na tempada 2009-10 asinou polo Club Patín Cerceda galego, equipo que debutaba na OK Liga. Logo do descenso do equipo cercedense, daquela vencellado ao HC Liceo da Coruña, Malián fichou por este último. Co equipo coruñés gañou dúas Copas de Europa de xeito consecutivo, unha Copa Continental e outra Intercontinental, así como a OK Liga de 2013. Deixou o club ao remate da tempada 2018-19,[1] pasando a ser xogador do FC Porto.[2]
Xavier Malián ten xogado na selección española dende que xogaba en categorías inferiores, tendo gañado tres títulos coa mesma en distintas categorías.
Equipos
editar- CP Voltregà: ata o 2009
- CP Cerceda: tempada 2009-2010
- HC Liceo: 2010 ata 2019
Palmarés
editarHC Liceo
editar- 2 Copas de Europa: 2011, 2012
- 1 Copa Continental: 2012
- 1 Copa Intercontinental: 2012
- 1 OK Liga: 2013
Selección española
editar- 1 Europeo Xuvenil: 2007
- 1 Mundial Sub-20: 2009
- 1 Copa Latina: 2010
Notas
editar- ↑ "Ocho goles para cinco despedidas". La Opinión A Coruña (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ "El Porto se lleva a Xavi Malián y Carlo di Benedetto". La Opinión A Coruña (en castelán). 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |