Copa Intercontinental de hóckey a patíns
A Copa Intercontinental de hóckey a patíns iníciase na tempada 1983-84 co formato de liguiña entre os mellores clubs de Europa e América. A segunda edición foi no ano 1985 mais os clubs europeos máis importantes non participaran. No ano 1986 pasa ao formato de final a dobre partido, ou ás veces a partido único. A edición do 2004 disputouse en Galiza baixo a denominación de Trofeo Xacobeo 2004.
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Organizador | World Skate (pt) |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1983 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns (7º) (2023) |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns (7) |
A partir do ano 2006 vaise crear unha nova competición nomeada Campionato do Mundo de clubs de hóckey a patíns. Esta competición disputarase en Luanda (Angola) e vai recuperar o formato das dúas primeiras edicións da Copa Intercontinental, unha liguiña entre 12 equipos de África, América e Europa. A segunda edición desta competición disputarase en Reus no 2008.
Historial
editar* (1) A causa do proceso electoral no que se encontraba o máximo organismo do hóckey a patíns mundial o partido da final non puido acadar relevancia, polo que os dous clubs decidiron de mutuo acordo considerar o partido como a final da Copa Intercontinental, solicitando o recoñecemento por parte do CIRH do equipo gañador do partido como campión da competición unha vez o organismo recobre a normalidade.[1]
Palmarés
editarEquipo | Campionatos gañados |
---|---|
FC Barcelona | 7 (1983, 1998, 2006, 2008, 2014, 2018 e 2023) |
H.C. Liceo | 5 (1987, 1989, 1993, 2004 e 2012) |
Benfica | 2 (2013 e 2017) |
Unión Vecinal de Trinidad | 1 (1986) |
OC Barcelos | 1 (1992) |
AP Follonica Hockey | 1 (2007) |
Reus Deportiu | 1 (2010) |
Cp Vic | 1 (2016) |
FC Porto | 1 (2021) |
GSH Trissino | 1 (2022) |
Total | 21 + 1 |
Notas
editar- ↑ Comunicado de prensa dos dous clubs Arquivado 10 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |