Unión Vecinal de Trinidad

A Unión Vecinal de Trinidad, alcumado El Comunitario, é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Rawson, San Juan (Arxentina). A entidade foi fundada o 4 de abril de 1935, aínda que as actividades de hóckey a patíns non comezaron ata 1974. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns arxentino, a Liga Nacional A1, competición que gañou en 3 ocasións. Trátase do único equipo arxentino que conta cun título da Copa Intercontinental, conseguido en 1986 tras derrotar ao FC Barcelona en dobre partido por 5-3 e 5-4, sendo os dous marcadores favorables aos comunitarios. Conta con equipos nas categorías masculina e feminina.

UVT
CidadeSan Juan de la Frontera, Arxentina
Fundado4 de abril de 19351974 a sección de hóckey a patíns
PresidenteJuan Luis Molina (entidade)
Raúl Monserrat (subcomisión de hóckey)
AdestradorEduardo Quiroga
CompeticiónLiga Nacional A1
Títulos
Campionato Sudamericano6 (1984, 1987, 1990, 1997, 1998 e 2004)
Liga Nacional A13 (1995, 2002 e 2003)
Campionatos de San Juan9 (1983, 1984, 1985, 1986, 1989, 1990, 1993, 1994 e 1995)
Copa Intercontinental1 (1986)
Cores          Vermello e azul

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar